Planta de biomasa insustentable

ADENCO presenta alegacións para que se realice un Estudo de Impacto Ambiental do proxecto de macroincineradora de biomasa de Mondariz.
O que dicimos sempre: non hai nada que sexa bó ou malo, todo depende como se use.
Falar de biomasa por parte das empresas enerxéticas é un subterfuxio para tratar o tema dos cultivos enerxéticos. A nosa biomasa forestal residual é insuficiente para nutrir ou alimentar a voraz necesidade de queimar dunha planta de xeneración eléctrica por combustión. O mato ten unha baixa capacidade caolrífica e os restos de monda e poda non sempre están dispoñibles, así que o que se pretende é promocionar a necesidade, e polo tanto os cultivos enerxéticos, xa se ve por onde vai a normativa legal.
Afortunadamente a sociedade do Condado estase a dar conta deste xogo de trileros e está a respostar.
Acceso á nota de prensa de Adenco AQUI. Aproveitamos para felicitalos no seu 23 aniversario.