A ORGACCMM ven de solicitar ao Ministerio de Administracións públicas e Memoria democrática, e á Delegación do Goberno central en Galiza, a reparación ás comunidades de montes veciñais, porque os seus titulares, a veciñanza comuneira, foron vítimas da ditadura franquista.
A lei de memoria democrática define, entre os seus obxetivos, o de recoñocer e reparar ás vítimas da guerra civil e da ditadura franquista. Esta, unha vez implantada logo da guerra civil, promulgou no ano 1946 a chamada lei hipotecaría, mediante a cal os montes veciñais, soamente coa sinatura dos secretarios dos concellos, pasaban a inscribirse nos inventarios de bens de propiedade municipal. Levouse a cabo, así, unha usurpación dos montes veciñais aos seus lexítimos titulares, a veciñanza comuneira.
Anos antes, no ano 1941, a ditatura franquista creou o organismo chamado Patrimonio Forestal do Estado. En Galiza, este organismo, coa oposición da veciñanza, procedeu a forestar pola forza en réxime de biculitivo forestal (piñeiros e eucaliptos) os montes veciñais. Producese, así, unha ocupación ilegal desas terras comunitarias, que impideu aos titulares das mesmas o seu uso e o aproveitamento, que, naqueles momentos, era maioritariamente un uso agrario e gandeiro.
Esta usurpación e ocupación dos montes veciñais por parte da dictatura franquista eliminou o medio de vida da veciñanza comuneira, forzando unha migaración forzosa. Polo que tamén causou a despoboación do medio rural e, anos mais tarde, a problematica dos lumes. Podendo afirmarse que os lexítimos titulares dos montes veciñais padeceron un lucro cesante.
Esta usurpación dos montes veciñai, impedindo que os lexítimos titulares usasen a súas terras, durou, cando menos, ata o ano 1980. Ano no que se promulgou unha lei estatal de montes que reconocía que os montes veciñais eran titulares dos veciños e das veciñas, non entendidos como entes administrativos, senon como grupos sociais. Fica claro que, alomenos durante 34 anos, a veciñanza comuneira, esto é, as comunidades de montes, foron vítimas da dictatura franquista.
É de xustiza que a a lei de memoria democrática recoñoeza ás comunidades de montes como vítimas da ditadura franquista e proceda a unha xusta reparación.



