UNIDADE DIDACTICA SOBRE O MONTE VECIÑAL

O monte  veciñal en mán común e as comunidades de montes son uns grandes descoñocidos na sociedade galega. A realidae do monte veciñal que abrangue unha boa parte do territorio galego non se estuda en ningún ciclo do ensino (dende a primaria ate a universidade).

Para tratar de correxir esta eiva, o Instituto Galego de Terras Comuntiarias (Ingateco) e a Organización galega de comunidades de montes (Orgaccmm), acaban de elaborar unha unidade didactica sobre o monte veciñal .

Esta unidade didactica vai orientada ao alumnado do último curso de primaria, da Eso e do Bacheralato. Algúns dos contidos destacados desta unidade didáctica entre outros  son:

  • Que tipo de titularidade son os montes veciñais en mán común
  • Que son as comunidades de montes
  •  Breve historia sobor os montes veciñais
  • Como se toman as decisions nas comunidades de montes
  • Como se xestionan os montes veciñais
  • Cales son as funcions dos montes veciañis
  • Cales son os diversos usos dos montes veciñais

Esta unidade didáctica está a disposición das comunidades de montes galegas que a soliciten para difundirla nos centros de ensino de cada demarcación. Así para acabar con este descoñecemento intentar acadar que para o vindeiro curso escolar a unidade didactica sobor o monte veciñal sexa impartida nun número importante de  centros de insino de Galiza.

As comunidades do Baixo Miño rexeitan a confiscación encuberta do Catastro

Convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes,  celebroue o pasado xoves 24 ,no local da comunidade de montes de San Miguel de Tabagón (O Rosal), unha asemblea na que participaron as comunidades de montes do Baixo Miño.

O obxeto da asemblea informativa foi dar resposta ao escrito asinado polo Catastro que recibiron as comunidades circunscritas ao Baixo Miño. Informouse que segundo o escrito do Catastro ás comunidades que as súas terras incluidas na demarcación marítimo-terrestre pasaran automaticamente a ser de titularidade estatal .

Ante esta confiscación encuberta dos montes veciñais, as comunidades de montes afectadas no Baixomiño acordaron contestar á comunicación do catastro manifestándo a súa disconfirmidade dado que os montes veciñais en mán común son unha propiedade de carácter colectivo. A efectos xurídicos, os montes comunais non poden tratarse como se fosen titularidades privadas propiamente ditas, polo que os montes veciñais en mán común deben continuar no castastro como montes comunais indivisibles.

Ademais as comunidades de montes do Baixo Miño tamén acordaron convocar os partidos políticos galegos con representación nas Cortes Xerais do Estado, co fín de solicitarlles que presenten iniciativas parlamentares para a  que se modifique o artigo 9 da lei de Costas. Esta modificación debe orientarse non senso de que os montes veciñais en mán común non sexan considerados como montes de caracter privados  e para que na Constitución do Estado español se recoñeza a titularidade comunitaria como unha mais, distinta, pero igualdade coas titularidades públicas e privadas .

As comunidades de monte do Baixo Miño acordaron tamén solicitar unha reunión co Mancomunidade de concellos do Baixo Miño e cos alcaldes e alcaldesas da comarca para solicitarlles o seu apoio a defensa do monte veciñal e impulsar desde as súas forzas políticas as medidas parlamentares que aseguren que o monte veciñal siga sendo unha realidade viva e con futuro.

Avanzando nunha normativa para o uso social dos montes veciñais

A ORGACCMM CONSIGUE QUE A CONSELLERIA DO MEDIO RURAL CREE UN GRUPO DE TRABALLO PARA A ELABORACIÓN DE UNHA NORMATIVA PARA  USO SOCIAL DOS MONTES VECIÑAIS.

A Conselleria do Medio Rural aceptou a proposta da  Organización Galega de Comunidade de Montes veciñais en mán común de crear dentro do Consello Forestal de Galiza un grupo de traballo para elaborar unha normativa que regule o uso social dos montes veciñais para aqueles persoas que non ostentan a condición de veciño/a comuneiro/a .

O propio Director Xeral de Ordenación e Planificación Forestal confirmouno na reunión mantida con membros da xunta reitora da ORGACCMM o pasado luns 21 de xuño.

Ademais solicitude da elaboración de unha normativa para o uso social dos montes veciñais en mán común a ORGACCMM propuso algúns puntos esenciais no articulado de dita normativa:

  • O uso social do monte veciñal  debe estar aberto ao disfrute de toda a sociedade, pero ten que  estar autorizado pola comunidade de montes propietaria.
  • O uso social do monte veciñal debe ser respetuoso cos bens naturais, patrimoniais e cos diversos aproveitamentos do monte.
  • As comunidades de montes non poden acarrexar  coa responsabilidade de percances que poidan acontecer derivado da uso do monte.
  •  A Conselleria do medio rural será a responsabel de que o uso social  do monte veciñai por aquelas persoas que non ostentan a condición de veciñanza comuneira se leva adiante nas condicions contenpladas na normativa.

A ORGACCMM fai un chamamento a todas as comunidades de montes para que nos acheguen as súas propostas para e elaboración desta normativa. Deste xeito, cando se inicien os debates para a sua elaboración no consello forestal, as propostas das comunidades de montes chegarán ao grupo de traballo a través da ORGACCMM.

Un novo intento de confiscación dos montes veciñais

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que  as comunidades de montes do concello de Tui e do concello de O Rosal  recibiron unha comunicación do catastro que lles anuncia que as súas terras de monte veciñal incluidas na demarcación marítimo-terrestre pasan a ser de titularidade da Administración do Estado.
  • A ORGACCMM sinala que o Ministerio de Economia e Facenda, mediante as xerencias territoriais dos catastros , está procedendo a unha confiscación dos montes veciñais en mán común amparándose nunha lexislación que non recoñece a realidade de Galiza.

A pesar de que os montes veciñais en mán común non son de titularidade públicas nin privadas  a Constitución Española e as leis derivadas dela situan aos montes veciñais na categoria de montes de titularidade privada .

A Constitución Española nega unha unha realidade existente en Galiza e que abrangue un tercio do territorio galego . Así a Constitución Española, ao contrario da constitución portuguesa, non recoñoce a titularidade comunitaria como unha forma  máis de propiedade distinta da titularidade pública e privadas.

A ORGACCMM constata que para levar adiante esta confiscación encuberta  dos montes veciñais en mán común están aplicando o artigo 9 de lei de Costas (lei 22/1988 ), o cal estipula que na demarcación marítimo-terrestre non poden existir titularidades de cáracter privado .

Denuncian que a axencia do catastro, un organismo que non define propiedade senón usos, non pode cambiar a titularidade dunhas terras. Como tampouco pode a lei a de costas derogar sen debate parlamentar a lei de montes do estado.

A lei de montes do estado articula que os montes veciñais en mán común por ser unha titularidade de caracter xermánico teñen a característica de imprescritibles, é decir que nunca perderá o seu caracter de monte veciñal . A Organización Galega de Comunidades de Monte sospeita que non estamos ante unha cuestión de caracter xurídico, senón diante dunha cuestión de intencionalidade política: a intención do goberno central de confiscar parte dos montes comunais á veciñanza comuneira.

Ante esta confiscación encuberta dos montes veciñais en mán común a Organización Galega de Comunidades de Montes convocará os grupos políticos galegos con representación nas Cortes Xerais do Estado para solicitarlle que presenten iniciativas parlamentarias contra esta confiscación.

Ditas iniciativas parlamentares deben solicitar que a Constitución Española recoñeza a titularidade veciñal como unha forma máis de propiedade e que se  modifique o artigo 9 de lei de costas recollendo que nas demarcacións maritimo–terrestre poden existir terreos de titularidade comunitaria coas afeccións de usos que marque a administración.

A ORGACCMM convocará asembleas territoriais coas comunidades de montes para que entre toda a veciñanza comuneira adoptar medidas para parar esta confiscación encuberta dos montes veciñais. A primeira de estas asembleas territoriais terá lugar o xoves 24 de Xuño ás 19:30 horas na casa da comunidade de montes de San Miguel de Tabagón no concello de O Rosal.