Denuncian as malas prácticas de Naturgy coa complicidade de Medio Rural

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) sinala a empresa Naturgy como responsable na problemática xurdida na xestión da biomasa forestal no tendido de liñas de alta e media tensión que atravesa o monte veciñal de comunidade de montes de Teis.

A ORGACCMM rexeita a actuación da Consellería de Medio Rural, quen ameazou a comunidade de montes de Teis con abrirlle un expedente sancionador ante unha denuncia da empresa Naturgy  que non se axusta a realidade, xa que non e certo que a comunidade de montes de Teis lle impedira o paso para que operarios de dita empresa xestionar a biomasa forestal baixo as liñas de alta tensión.

Sinalan que pola contra, nada di Medio Rural de abrir expedente sancionador  a Naturgy,  empresa responsable da xestión da biomasa forestal, por incumplir a vixente lei de prevencíon e defensa contra os lumes forestais.

«Naturgy  non comunicou a comunidade de montes de Teis a entrada no seu  monte para realizar os traballos. Non retirou nin triturou os restos da biomasa forestal deixando unha grande cantidade de combustibel no monte. Actúan como se o monte fora deles coa complacencia da Consellería de Medio Rural quen volve a amosar o desprezo hacia a veciñanza comuneira.» subliñan desde a Organización Galega de Comunidades de Montes.

Ademais a empresa responsabel da xestión da biomasa forestal eliminou unha vexetación de frondosas de idade madura que estaba prantexada como un corredor vexetal contra os lumes forestais. Unha plantación de frondosas que foi subvencionada pola propia Consellería do Medio Rural. Plantación de frondosas autóctonas que tamén tiña como obxetivo erradicar a acacia, especie invasora que está colonizando o monte galego.

A Organización Galega de Comunidades de montes (ORGACCMM) manifesta o seu apoio a comunidade de  montes de Teis e reclama á empresa Naturgy que respecte o monte veciñale no fagan unha interpretación retorcida e interesada da lei de prevención e defensa contra os lumes forestais.

«Na loita contra os lumes forestais, o interese xeral  deben estar por riba dos intereses e negocios particulares» recalcan desde a organización comuneira.

 

Á ATENCIÓN DAS COMUNIDADES DE MONTES DE MONTES VECIÑAIS COSTEIROS

  • Costas está procedendo a facer os deslindes das demarcacións marítimo terrestres aplicando  criterios uniformes e con total descoñocemento da realidade galega. Está incluíndo nestas demarcacións a moitos montes veciñais en man común. Está facendoo mesmo de xeito ilegal xa que a propia lei de costas di que as demarcacións marítimo terrestres son as superficies comprendidas entre a liña do mar e a liña marcada pola marea mais grande (a pleamar).

O que está facendo costas con estes deslindamentos é unha nova confiscación dos montes veciñais, xa que sitúandoos dentro destas demarcacións perden a titularidade veciñal para convetirse en titularidade do Estado .

A ORGACCMM entende que as comunidades de montes temos que parar este novo roubo dos montes veciñais . Para iso, o primeiro que debemos facer e enterarnos se o noso monte veciñal  está dentro da demarcación marítimo terrestre.

Para comprobalo podedes entrar nas seguinte páxinas sig.mapama.gob.es/dpmt/ , entrando no visor dominio público marítimo terrestre ou na páxina mapas.xunta.gal/visores/pba/

Logo da comprobación poñedevos en contacto coa ORGACCMM para que con datos reales poidamos iniciar evitar esta nova confiscación dos montes veciñais.