ACHEGAS AO ANTEPROXECTO DA LEI DO CLIMA DE GALICIA.

ACHEGAS DA ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES(ORGACCMM), AO ANTEPROXECTO DA LEI DO CLIMA DE GALICIA.

Primeira- Ao punto primeiro do apartado IV da Exposición de motivos.

Eliminar o texto “ co obxetivo primordial de comprometer todas as futuras políticas do Goberno de Galicia  sexa cal sexa a súa cor política.”

Argumentación: Os procesos democráticos eleitorais conforman os parlamentos que son a representación de unha sociedade concreta. Cada grupo político representan sensibilidades parciais da sociedade. Sensibilidades que son diversas e as veces contraditorias. Non semella moi democrático que un goberno de unha cor política impoña a súa política nunha cuestión a futuros gobernos de outras cores políticas.

Segunda: Ao artigo 1-Obxeto.

-No punto b sustituir a palabra prioridade  polas palabras un eixo ou un  pilar

Argumentación; A palabra prioridade e demasiado drástica. Semella mais unha cuestión personal de que escribe o texto que unha cuestión politica. Eixo ou pilar son termos mais abertos a contemplar diversas prioridades.

-Engadir un punto d co seguinte texto: ”Medidas compensatorias para aqueles titulares das terras e entidades que contribúen a loita contra o cambio climático”.

Argumentación: Parece lóxico que unha lei do clima de Galicia defina como un dos seus obxetivos a definición das medidas compensatorias para quen contribúan a loita contra o cambio climático .

-Engadir un punto e co seguinte texto: Difundir  a importancia da xestión comunitaria dos recursos da terra .

Argumentación: Ao longo dos séculos, esta xestión comunitaria (montes veciñais, traídas de augas) permitíu que contemos cos espazos  naturais que hoxe existen.

Terceira: Ao artigo 2-Finalidades.

Sustituir o texto do punto o polo seguinte texto: Impulsar a gobernanza democrática climática  e participada polas organizacións ou asociacións existentes no territorio”.

Argumentación: Falar de gobernanza, sen indicar que esta ten que ser democrática e participativa, non e falar de democracia. E falar de  imposición.

-Engadir unha letra g ao punto 1 co seguinte texto: Implementación de medidas para a recollida de augas pluviais para uso domestico e industrial e axudas directas as traídas de augas para evitar fugas e unha mellor xestión das masas de augas.

Argumentación: E a forma de protexer este recurso mais importante e tan escaso no planeta.

Cuarta: Ao artigo 3-Principios reitores.

-Engadir no punto 1, unha letra  g co seguinte texto:Medidas compensatorias para os titulares das terras que contribúan a loita contra o cambio climático”

Argumentación: Se falamos de principios reitores, parece lóxico que para loitar contra o cambio climático, as medidas compensatorias para os que contribúen a loita contra o cambio climático, sexa un dos principios reitores.

-Engadir na letra a, do punto 2 o seguinte texto: diferenciando os entes que contaminan (empresas) e aqueles outros que contribúen a loita contra o cambio climático (titulares das masas boscosas).

Argumentación: Dado que estamos a falar de responsabilidade climática, é decir, de loita contra a contaminación atmosférica, parece claro que se debe de disinguir en quen  contamina  e quen contribúen a non contaminación .

Quinta: Ao artigo 5-Da ambición da neutralidade climática

Engadir un punto  3 co seguinte texto: Neste camiño e para o aproveitamento das enerxías renovabeis, permitir que as comunidades de montes  funcionen como comunidades enerxéticas locais.

Argumentación: As comunidades de montes veciñais en man común son en esencia persoas que xestionan un territorio e que ademais o xestionan de xeito democrático e asembleario. Permitir que as comunidades de montes veciñais en man común poidan actuar como comunidades enerxéticas locais no aproveitamento das enerxías renovabeís seria un paso importante na loita contra o cambio climático.

Sexta:Ao artigo 8-Suxeitos da acción climática .

Engadir unha letra k co seguinte texto: Comunidades de montes veciñais en man común e traídas de augas veciñais.

Argumentación: Que nunha lei do clima de Galicia, que ademais ten como obxetivo a loita contra o cambio climático non figuren as comunidades de montes veciñais en man común que son sociedade civil organizada e titulares de masas boscosas, somentes se pode entender se quen redactaron este anteproxecto dan por feito que as comunidades de montes non existen ou van deixar de existir.

Que unha lei do clima de Galiza non  contemple especificamente as traídas de augas veciñais, que é unha xestión comunitaria das augas e que ademais garante  unha auga de calidade, respectuosa co medio ambiente e descoñocer o territorio galego.

Septima: Ao artigo 23-O consello galego do clima.

Sustituir o texto do 4 polo seguinte paso: Na súa composición  estarán representadas  as organizacións, asociacións e entidades relacionadas co clima, especialmente as comunidades de montes e as traídas veciñais de augas.

Argumentación:  Non semella moi democrático, máis ben semella ser da filosofía política do nepotismo ilustrado, o priorizar unha das partes que deberían  formar parte de ese consello galego do clima. O se nomean todas de xeito concreto ou se nomean de xeito xeralista.

Oitava -Ao artigo 25-Alianza  galega polo clima.

-No punto  1 engadir o seguinte texto : e as organización representativas dos titulares das terras, espeficamente as comunidades de montes .

Argumentación: Non e de recibo que nunha alianza polo clima non estén representados os titulares das terras que son onde se aplicaran as políticas medioambientais  acordadas.

-No punto 2 engadir unha letra i co seguinte texto:Medidas compensatorias para os titulares das terras que contribúen a loita contra o cambio climático.

Argumentación: Se unha parte da sociedade contribúe para o benestar de toda a sociedade,  parece lóxico que toda a sociedade  compense a esa parte da sociedade.

-No punto  3  engadir unha letra g  co seguinte texto: Comunidades de montes veciñais en man común .

Argumentación.:En Galiza hai sobor 3000 comunidades de montes, compostas por máis de 150.000 veciños/as comuneiros/as e ocupan  ¼ do territorio galego (perto das 700.000 has). Que non aparezan como tales na lei do clima de Galiza non se pode comprender.

Novena -Ao artigo 44-Do rexistro da pegada de carbono.

-Engadir no punto 2 o seguinte texto: Este Rexistro entenderá que todas as especies forestais, independentemente de como foran plantadas e mesmo o rexenerado natural, capturan CO2, como tamén o fan a vexetación do solo. Ademais o criterio de capacidade de captura de CO2  no pode ser somentes basearse no medre da madeira, debéndose incluir cuestións como as funcións sociais ou medioambientais que cumplen algunhas especies forestais. O Rexistro Galego de pegada de carbono debe contemplar tamén que a captura do C02 das masas forestais non remata cando se tala, senón dependendo do seu destino final .

Argumentación: O Rexistro Galego da pegada de carbono non pode basearse na filosofía de “que pague pode seguir contaminando”, pola filosofía de “non contaminar”.

-No punto 3 engadir unha letra e co seguinte texto: Para a licitación da obra ou de servizo público en Galiza, as empresas que opten os mesmos terán que cando menos  o 50% da compensación  da emisión de gases de efecto invernadoiro de sumidoiros galegos.

Argumentación: É a mellor forma para cumplir o punto 6 do artigo 43-Descarbonización da economía deste anteproxecto de lei.

 

 

 

 

 

     

ACHEGAS AO MODELO-TIPO DE ESTATUTOS PARA ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO DE XESTIÓN FORESTAL CONXUNTA.

ACHEGAS DA ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES(ORGACCMM) AO MODELO-TIPO DE ESTATUTOS PARA ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO DE XESTIÓN FORESTAL CONXUNTA.

UNICA ACHEGA:-AO ARTIGO 7.REQUISITOS DAS PERSOAS OU ENTIDADES ASOCIADAS.

Engadir un punto a este artigo co seguinte texto:

As comunidades de montes veciñais en man común non poderán formar parte das entidades sen ánimo de lucro de xestión forestal conxunta.

Argumentacións da achega.

1-As comunidades de montes veciñais en man  común xa son en si mesmo unha agrupación de xestión conxunta.

2-Como é lóxico, o punto f do artigo 9 di que a condición de persoa ou entidade socia ,perderase por incumplir a obriga de aceptar o réxime de obras e melloras nas parcelas  cuxo uso forestal  teña atribuída a Asociación. Por outra banda, as obras e as melloras que teñen que facer as comunidades de montes nos seus montes veciñais  son as contempladas no seu plano de ordenación, que, ademais, son de obrigado cumplimento. Polo tanto o acordado pola Asociación pode solapar o ditado no plano de ordenación do monte veciñal. Isto levaría a un incumplimento do mesmo e xa que logo a que as comunidade de montes se expoñan  as correspondentes sancións.

3-Como tamén e lóxico, todas as persoas e entidades membros da Asociación teñen os mesmos dereitos ( artigo 11 -Dereitos e deberes das persoas e das entidades). Agora ben, non parece moi lóxico que se equipare un voto individual co voto do representante da comunidade de montes nos órganos da Asociación cando este representa a un número plural de veciños/as comuneiros/as. E, ademais, deberíase ter en conta que o representante da comunidade de montes non pode tomar as decisións libremente, ten que levar adiante o acordado na asemblea xeral da súa comunidade de montes. Isto siñificaría que antes da celebración das reunións dos órganos de goberno da Asociación ,terían que realizarse as asembleas das comunidades de montes membros da Asociación,  o que entorpecería a boa marcha da Asociación.

4-Como tamén e lóxico, o artigo 12-Obrigas dos socios e entidades, di que unha de estas obrigas e o cumplimento dos acordos dos órganos de goberno da Asociación. Pero a lexislación referente os montes veciñais indica que os acordos a levar nos seu monte veciñal teñen que ser tomados na asemblea xeral da comunidades de montes. Esta realidade traería como consecuencia unha chea de contradicións e xa que logo, conflitos  que o único que faría sería entorpecer a marcha da Asociación.

5-O artigo 38. Réxime das obras, melloras e  servidumes. di que para levar adiante estas cuestións. A asociación deberá contar con un instrumento de ordenación forestal ou de xestión forestal. E tamén di que as persoas e as entidades socias non poden opoñerse ao contido de este instrumento de xestión. Por outra banda hai que ter en conta que os montes veciñais, por lei , están obrigados a contar con un instrumento de xestión que ademaís, e de obrigado cumplimento. Fica claro que a participación das comunidades de montes nas entidades sen ánimo de lucro de xestión forestal conxunta, xeraría un niño de contradicións e incumplimentos que non sería bo , nin para as comunidades de montes ,nin para a Asociación.

ACHEGAS DA ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES(ORGACCMM) ,AO MODELO-TIPO DE ESTATUTOS PARA ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO DE REPRESENTACIÓN PARA A PLANIFICACIÓN OU COMERCIALIZACIÓN CONXUNTA .

ACHEGA ÚNICA AO ARTIGO 7-REQUISITOS DAS PERSOAS OU ENTIDADES ASOCIADAS.

Engadir un punto  a este artigo co seguinte texto:

As comunidades de montes veciñais en man común non poderán formar parte das Entidades sen ánimo de lucro de planificación ou comercialización conxunta.

Argumentacións da achega.

As mesmas que as expostas para a anterior achega .

 

Achegas ao borrador do libro blanco para unha nova regulación dos montes veciñais

A Consellaría do Medio Rural ven de facer público o borrador do libro blanco para unha nova regulación dos montes veciñais. O prazo para a presentación de achegas remata o dia 8 de Stembro de 2023.

Para defender os montes veciñais sería moi convinte que cada comunidade de montes presentase achegas a este borrador ou, no seu defecto, recoller e rexistrar as achegas que elaborara a xunta  reitora da ORGACCMM e que colgará nesta páxina unha semana antes de rematar o prazo de presentación.

LIBRO BRANCO SOBRE A REFORMA DA REGULACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN (MVMC) DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

O enderezo para  a presentación das achegas: conselloforestalgalicia@xunta.gal