Descalificación de a «cidade deportiva» do Celta de Vigo como finalista na Bienal Española de Arquitectur

  • A Organización Galega de Comunidade de Montes solicita ao Comisiarado de la XV Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo (BEAU) a descalificación de a «cidade deportiva» do Celta de Vigo como finalista na Bienal Española de Arquitectura.

A cidade deportiva do Celta, actualmente aínda en fase de construción, foi denunciada pola nosa comunidade de Montes de Tameiga ante a xustiza, por ser posiblemente constitutivas dun ou varios delitos de prevaricación administrativa en base ás consideracións que se expoñen a continuación.

As obras autorizáronse en terreos rústicos de protección forestal os cales, antes do inicio das obras, atopábanse nun estadio moi próximo ao natural, é dicir, con boa cobertura arbórea e sen practicamente intervención humana en canto a obras, instalacións e/ou camiños. O art. 35 da Lei do Solo de Galicia establece os usos autorizables en chan rústico de protección ordinaria e, como reza o art. 51 do Regulamento da Lei do Solo, nos terreos clasificados como rústicos de especial protección, só pódense realizar os usos do indicado art. 35, a condición de que sexan compatibles co réxime de especial protección.

O artigo esixe a solicitude de autorización ou informe favorable do órgano sectorial con carácter previo á autorización autonómica, se esta fose preceptiva. Estamos por tanto, ante a autorización dun uso que debe de realizarse mediante a aprobación dun plan especial de Infraestruturas, algo que non sucedeu porque o plan foi denegado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Ademais supón a destrución sen remedio da propia esencia do chan rústico en que se realiza, cal é a da protección forestal. A protección forestal é incompatible coa realización dunha infraestrutura tan grande. Ademais, o art. 37 da Lei do Solo prohibe a apertura de camiños, o cal non só se fai co proxecto aprobado, senón que ademais faise un aparcamento de 5.500 m2 para un número indeterminado de vehículo xunto coa apertura un «carreiro de mantemento» de 3.400 m2 segundo a propia memoria. Por todo iso consideramos que os feitos relatados, sen prexuízo de mellor cualificación xurídica, poderían ser constitutivos de delitos contra a ordenación do territorio (arts. 319 e 320 do Código penal) e de prevaricación administrativa.

Sinalar que ademai da querela interposta pola Comunidade de Montes de Tameiga, a fiscalía de Vigo abriu dilixencias contra a xunta de goberno local e o presidente do Celta polos mesmos supostos delitos de prevaricación.

A ORGACCMM comunicou a Bienal de Arquitectura que é un desprestixio para un galardón tan importante que se inclúa entre os proxectos finalistas a cidade deportiva do celta sobre a que como mínimo planea a sombra da corrupción e despropósito ambiental.

A Bienal debería dar exemplo para que a arquitectura sexa sostible e contribúa á transición ecolóxica..

A lei de recuperación da terra, outra coitelada ao monte veciñal 

 

A Organización galega de Comunidade de Montes denuncia que o Partido Popular de Galicia está realizando ás agochadas unha modificación de calado da lei de montes para desprotexer ás comunuidades de montes veciñais e entregar o monte comunal ás empresas madereiras.

A ORGACCMM sinala que as intencións do Partido Popular contra as Comunidades de Montes quedan claras cando unha lei non específica de montes veciñais promulga na súa derradeira disposición 34 modificacións á vixente lei de montes de Galiza e todas elas referidas os montes veciñais. 

O procedemento correcto para unha lei específica que precisa de tal número de modificacións sería iniciar un proceso de modificación da lei ou mesmo elaborar un borrador para unha nova lei. Pero, denuncian, o Partido Popular pretende mudar entre bastidores a lei que protexe os dereitos das Comunidades de Montes para achanzar o camiño para que os montes veciñais en mán común formen parte dos polígonos agroforestais que define a LEI 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

As empresas madereiras buscan a máxima rentabilidade dos polígonos agroforestais incrementando a súa extensión e para facilitarlles isto a Lei de recuperación da terra agraria abre a porta a expropiar a xestión dos monte comunais e entregarlla a estas empresas.

O Partido Popular, coñecedor da resistencia da veciñanza comuneira a perder a xestión dos seus montes, habilitou, mediante esta lei, a Consellaria do medio rural para que declare en estado de abandono ou de grave abandono os montes comunais polo mero feito de incumplir as comunidades de montes en cuestións meramente burocráticas como non enviar a tempo a listado actualizado da veciñanza comuneira ou non nomear en prazo unha xunta reitora. Deste xeito a Consellería pode decretar a usurpación da xestións das súas terras a veciñanza comuneira e entregarlla ás empresas madereiras por un periodo de 50 anos.

A ORGACCM denuncia que para o goberno galego todo vale para acometer a usurpación do monte veciñal. Onte foi a lei de simplificación administrativa, logo o novo Plan Forestal e hoxe a Lei da recuperación da terra agraria. Queda meridianamente claro que o conselleiro de Medio Rural e a Xunta de Galicia están totalmente entregada ao ditame do interese puramente económico das grandes empresas madereiras.

Xornada de montes veciñais en Noalla

ESTAN DESNATURALIZANDO AOS MONTES VECIÑAIS  AS RESOLUCIONS DOS XURADOS DE CLASIFICACIÓN E AS SENTENZAS XUDICIAIS ?

  • SÁBADO 22 DE MAIO DE 2021
  • CASA DA COMUNIDADE DE MONTES DE NOALLA (SANXENXO)

PROGRAMA DA XORNADA

18`00 h

Apertura da xornada a cargo da comunidade de montes de Noalla.

18´15 h

Relatores:

  • Calixto Escariz Vaquez (Avogado experto en lexislación forestal)
  • Xose Carlos Morgade Martínez (Representante das comunidades de montes veciñais no xurado provincial da clasificación de montes veciñais da provincia de Pontevedra)

19´30 h

Coloquio

20´00 h

Peche da xornada-Pte da ORGACCMM.