O BNG CONSIGUE  O APOIO DO CONGRESO PARA PERMITIR AS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS  ACTUAR COMO COMUNIDADES  ENERXÉTICAS LOCAIS

Con só o voto en contra de VOX , o deputado do Bloque Nacionalista Galego, Nestor Rego, mediante unha Proposición Non de Lei (PNL), logrou que o Congreso dos deputados/as inste ao goberno central para que recoñeza ás comunidades de montes para actuar como comunidades enerxéticas locais.  Agora só falta que o Goberno central  tome en consideración este sentir maioritario do Congreso e leve adiante o contido da PNL.

Proposición non de lei do deputado do BNG aposta por un modelo de xeración de enerxía distribuida a menor escala e máis próxima aos centros de consumo, fronte ao modelo da Xunta de Galiza e do Goberno do Estado, que apostan por favorecer os intereses empresariais.

Recoñocer que as comunidades de montes poidan actuar como comunidades enerxéticas locais posibilitará que as comunidades de montes sexan actores centrais na produción de esta enérxia renovabel, xerando riqueza e servizos para a veciñanza das aldeas e das parroquias.

Este recoñocemento tamén implica a consideración de que o aproveitamento destas enerxías renovabeis sexan consideradas como aproveitamentos dos montes veciñais e xa que logo o seu desenvolvemento  beneficiará ao conxunto da sociedade, ao contribuir a  loita contra o cambio climático e abaratará os custos  deste servizo para a veciñanza comuneira e para as populacións preto dos montes veciñais.

A ORGACCMM quere manifestar  públicamente o agradecemento ao  deputado do BNG por levar aodebate ao Congreso dos deputados/as e conseguir que o mesmo aprobase que as comunidades de montes poidan actuar como comunidades enerxéticas locais no desenvolvemento das enerxías renovabeis. Cuestión que é unha reinvidicación dun número importante de comunidades de montes.

CIRCULAR INFORMATIVA 4/2025

Montes veciñais con consorcio ou con convenio.

A lei de acompañamentos os orzamentos xerais da Xunta de Galiza para ano 2026, ven de prolongar ate o 31 de Decembro de 2027 o tempo para que as comunidades de montes que teñan os seus montes veciñais con consorcio ou con convenio, se queren recuperar a xestión dos mesmos , teñan que pagar as falsas e inxustas débedas que acarrexan. Dende a ORGACCMM fumos quen de conseguir que moitos montes veciñais, nesta situación, fosen recuperados pola veciñanza comuneira sen ter que pagar as falsas e inxustas débedas. Agora temos dous anos máis para conseguir o mesmo naquelas comunidades de montes que aínda teñan os seus montes veciñais consorciados ou conveniados .

Imposto de bens inmobeis (IBI) e montes veciñais .

Tanto a lei de montes veciñais vixente como na, tamén vixente, lei de montes de Galicia dictan  claramente que os montes veciñais non están suxeitos a ningunha contribución de base territorial. E a lei reguladora das Facendas Locais di de forma taxativa que os montes veciñais están exentos do pago do Imposto de bens inmobeis (IBI).

Xa que logo fica claro que as comunidades de montes non teñen porque pagar este imposto por calquera instalación situada nos montes veciñais. Podería haber algunha no caso daquelas intalacións industriais que xeran negocio. Máis esta dúbida queda disipada cas  dúas últimas setenzas do Tribunal Superior que dita que “independentemente do tipo de instalación situado no monte veciñal, este está exento do pago do do Imposto de ben Inmobeis (IBI)».

Mais a pesar desta lexislación e desta xurisprudencia, moitos concellos de Galiza seguen a pasar ás comunidades de montes o cobro do IBI. As comunidades de montes temos que obrigar aos concellos a que cumplan coa legalidade .

Aproveitamento de oliveiras.

A sociedade cooperativa galega Proligal pusoxe en contacto coa nosa organización para falar do tema da prantacións de oliveiras autóctonas nos montes veciñais. Manifestou a súa disposición a dar información ás comunidades de montes sobre este aproveitamento. Tanto para aquelas comunidades de montes que queiran facer este aproveitamento directamente, como para aquelas que o queiran facer mediante empresas.

Decreto de créditos de  carbono.

No Diario Oficial de Galicia (DOG), número 209, de mercores 29 de Outubro, a Consellería de Presidencia, Xuventude e Deportes ven de publicar o DECRETO 95/2025 polo que regula  o sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia.

Chamamento á participación na manifestación ALTRI NON deste domingo 14 en Compostela

A ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES apoia a manifestación que, convocada pola plataforma Por unha Ulloa Viva, terá lugar o domingo 14 de decembro en Compostela para rexeitar o proxecto de ALTRI.

Este proxecto é unha macrocelulosa que precisa moitas toneladas de eucalipto. Polo tanto, vai incrementar, aínda máis, as plantacións desta especie forestal. Isto nos levara a un monte forestado en rexime de monocultivo, o contrario dun monte multifuncional e sustentabel, que é un monte con futuro.

A ORGACCMM fai un chamamento á veciñanza comuneira para que acudan a esta manifestación a rexeitar o proxecto de macrocelulosa de ALTRI.