Asemblea en Tomiño

Asemblea de montes veciñais en Toñiño, convocada pola ORGCCMM na campaña de difusión da mobilización do 22 de novembro. Explicando a problemática dos montes conveniados ou consorciados e os retos aos que se enfrontan. Así mesmo, convidouse á deputada do BNG Tereixa Paz para explicar de primeira man as súas intervencións no parlamento na defensa dos montes do Baixo Miño, expropiados pola Xunta para o novo vial. A veciñanza sen terreo e sen cobrar a expropiación, eis o sometemento e latrocinio do común.ASEM2 ASEM1

Mobilización do 22 de novembro

As débedas (supostas e falsas) que teñen as comunidades de montes consorciadas ou conveniadas, ademais de ter erros contables (sempre en contra das comunidades de montes), son inxustas xa que parten de un roubo. Arrincan de cando o réxime franquista usurpoulle os montes veciñais a veciñanza comuneira,  para entregarllos a cartel1pkdiversas administracións públicas .

Este, e outros moitos máis, son os motivos que enervaron á veciñanza comuneira e levaron á ORGCCMM a responder convocando a manifestación do día 22 de novembro solicitando á Consellaría de Medio Rural e do Mar a que nos orzamentos Xerais da Xunta de Galiza para o ano 2015 se dote dunha partida orzamentaria para a condonación das débedas dos montes conveniados e/ou consorciados.

Pola anulación das falsas débedas coa administración nos montes conveniados e/ou consorciados.

 

Podes descargar aquí os materiais:

Cartaz grande, Tamaño DIN2

Cartaz en baixa resolución, tamaño DIN4

Panfleto

NON AO ROUBO DO MONTE VECIÑAL

,

Na defensa do monte veciñal conveniado e/ou consorciado

Diante da ameaza que pendura sobre os montes conveniados e/ou consorciados, a ORGCCMM vai poñer en marcha diferentes iniciativas:

Campaña divulgativa da problemática.

Xuntanzas coas organizacións políticas parlamentarias.

Edicións de materiais de difusión.

Elaboración dunha moción para ser presentada nos concellos. Este é o borrador para baixar.

Convocatoria dunha manifestación en Santiago o día 22 de novembro.

Pola anulación das falsas débedas coa administración nos montes conveniados e/ou consorciados.