I ENCONTRO OBSERVATORIO DOS MONTES EN MAN COMÚN E BALDIOS

VENRES 16 DE MAIO
FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAS
CAMPUS LAGOAS MARCOSENDE – UVIGO

10:00-10:30 APERTURA
FUNDACIÓN JUANA DE VEGA
FUNDACIÓN ISLA COUTO
UNIVERSIDADE DE VIGO

10:30-11:15 PRESENTACIÓN DO OBSERVATORIO XAVIER MARTINEZ COBAS
RESULTADOS DA ENQUISA AS CMVMC DE GALICIA BEATRIZ ZUGAZAGOITIA

11:15-12.00 OS BALDIOS PORTUGUESES

PAUSA

12:30-13:45 PRIMEIRA MESA REDONDA: SERVIZOS ECOSISTÉMICOS DO MONTE COMUNAL

XUNTA DE GALICIA LIÑAS DE AXUDA
RURALtXA! E LIFE IN COMMON LAND
O VALOR SOCIAL DO MONTE COMUNAL VINCIOS

PAUSA

15:30-16:45 SEGUNDA MESA REDONDA: A XESTIÓN DO MONTE A TRAVÉS DO GANDO

BALDIO PORTUGUÉS
CMVMC ROSAL
CMVMC BAROÑA

17:00-18:15 TERCEIRA MESA REDONDA: XERAR, CONSERVAR E COMPARTIR COÑECEMENTO

AS MANCOMUNIDADES: MANCOMUNIDADE DE MONTES DE BAIXO MIÑO
ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES e A ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA

18:30-19:00 CONFERENCIA CIERRE: TOBIAS HALLER: Regional Coordinator for the International Association for the Study of the Commons (IASC) Europe

Resposta as informacións manipuladoras contra os montes veciñais

         Os enemigos do monte veciñal en man común, aproveitando que o Pladiga (Plan de prevención  e de defensa contra os incendios forestais) do ano 2025 recolle que na última década houbo máis superficie queimada de monte veciñal que superficie queimada de montes de propiedade privada, están lanzando informacións manipuladoras. Como que os montes veciñais en man común teñen máis posibilidades de arder que os montes particulares. Estas consignas manipuladoras teñen como  obxetivo o de  crear argumentos falsos para xustificarse que na nova lei de montes veciñais, que está a preparar a Consellería do Medio Rural, se pretenda eliminar  o carácter xermánico dos montes veciñais para poder proceder a súa municipalización ou a súa privatización. En ambos casos, para roubarllos á veciñanza comuneira .

        Na xeración destas información tendenciosas contra os montes veciñais en man común tamén participa a Dirección Xeral de Defensa do monte, autor do Pladiga, cando insinua que a forma  de titularidade, logo a forma de xestión dos montes, son os que provocan os lumes. Dende a ORGACCMM entendemos que estas manifestacións son impresentabeis, ademais  de ser sacadas da manipulación dos datos.

          A cuestión non se atopa nos datos das superficies queimadas por tipos de montes que aparecen no Pladiga 2025, que non dubidamos que sexan certos. A cuestión está en que se oculta o lugar onde se inician os lumes. Cuestión que se agrava porque estes datos existen, grazas a importante labor que levan  os equipos de investigación da Consellería do Medio Rural e das forzas de seguridade sobre a orixe dos lumes. Deste xeito, poderíase comprobar que maioría do inicio dos lumes non se dan nos montes veciñais.

Non son nos montes veciñais onde se orixinan a maioira do lumes. Pola contra, os montes veciñais son as terras que sofren as consecuencias dos lumes  cando estes adquiren grandes dimensións dende os seus lugares de inicio. Motivados principalmente por unha errada política de prevención da Conselleria do Medio Rural.

        Dende a ORGACCMM esiximos a Dirección Xeral de Defensa do monte que faga públicos os lugares onde se iniciaron os lumes na última década, se non quere ser cómplice deste ataque contra os montes veciñais en man común.