Non ao espolio dos montes comunais

  • Organización galega de comunidades de montes xunto coas organizacións que compoñen a plataforma Por un monte galego con futuro convocan unha concentración o mércores 24 ás 11:30h diante do Parlamento galego para rexeitar un novo intento do Partido Popular de  espoliar os montes comunais.

Na lei de acompañamento, que se vai debater no Parlamento galego o dia 24 , a Xunta de Galicia pretende aprobar dúas modificacións da Lei de montes veciñais. Dúas modificacións que supoñen un agresión importante aos dereitos da veciñanza comuneira e á protección dos montes veciñais.

Alertan que de aprobarse estas modificacións, aqueles montes veciñais onde non exista veciñaza  ou sexan declarados en estado de grave abandono pasarán a ser de titularidade dos concellos e a súa xestión e explotación a mans de empresas madeireiras.  A Consellería de Medio Rural se arroga o poder de decretar o estado de abandono  por meros retrasos ou deficiencias en cuestións administrativas.

Denuncian ademais  que o monte comunal sería entregado por 50 anos e a veciñanza comuneira non poderá recuperara xestión do seu monte veciñal ate pasados ese tempo, o que fai inviable unha continuidade ou recuperación da xestión comunal do monte.

A ORGACCMM  e a plataforma Por un monte galego con futuro fan un chamamento ás entidades e organizacións que viven, traballan ou xestionan o medio rural para que rexeiten as modificacións da lei de montes veciñais que pretende introducir o Partido Popular e que teñen como obxetivo a eliminación dos montes veciñais en man común, que son unha seña de identidade do noso país.

 

Un novo intento de usurpar os montes comunais

  • A Organización galega de comunidades de montes denuncia o novo intento do Partido Popular de confiscarlle a veciñanza comuneira a titularidade dos montes veciñais para entregarlla de balde a terceiros.

A ORGACCMM alerta de que o Partido Popular impulsa varias modificacións da lei de montes veciñais en man común actualmente vixente mediante a lei de acompañamento os orzamentos xerais de Xunta de Galiza para o ano 2022.

Indican que se sae adiante esta lei, bastara con que a Conselleria do Medio Rural declare un monte veciñal en estado de grave abandono ou degradado pra que este sexa enaxenado e entregado a unha empresa forestal para que o explote. Esta declaración de monte veciñal abandoado  pode basearse en cuestións meramente burocráticas como pode ser o non envío en tempo do listado da veciñanza comuneira.

Denuncian ademais  que o monte comunal sería entregado por 50 anos e a veciñanza comuneira non poderá recuperara xestión do seu monte veciñal ate pasados ese tempo, o que fai inviable unha continuidade ou recuperación da xestión comunal do monte.

A ORGACCMM fai un chamamento ás entidades e organizacións que viven, traballan ou xestinan o medio rural para que rexeiten as modificacións da lei de montes veciñais que pretende introducir o Partido Popular e que teñen como obxetivo a eliminación dos montes veciñais en man común, que son unha seña de identidade do noso país.

Reunión con Costas e Catastro para frear a incautación de montes comunais

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes comenzou a rolda de reunións con representantes del gobierno estatal para paralizar a incautación dos terreos litorais das comunidades de montes.

A Organización Galega de Comunidades de Montes está moi preocupada polas comunicacións do catastro recibidas que anunciaban que as terras de monte veciñal incluidas na demarcación marítimo-terrestre pasaban a ser de titularidade da Administración do Estado. Mediante estas comunicacións o Ministerio de Economia e Facenda, as xerencias territoriais dos catastros, estaba procedendo a unha confiscación dos montes veciñais en mán común amparándose nunha lexislación que non recoñece a realidade de Galiza.

Ante esta situación a ORGACCMM representada polo seu presidente, Xosé Alfredo Pereira, e a súa coordinadora, Violeta de Santiago, xunto con representantes das Comunidades de Montes de San Miguel, Tabagón do Rosal, e de Salcidos da Guarda, tiveron unha reunión coa Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba e técnicos de Costas e Catastro.

Foi unha primeira toma de contacto que a Organización Galega de Comunidades de Montes valora positivamente. «Ademais de poñer enriba da mesa as cuestións que nos preocupan, comprobamos con agrado a boa disposición e receptividade tanto da Subdelegada como dos técnicos asistentes e quedamos emprazados a seguir traballando para acadar solucións» resume Violeta de Santiago, coordinadora da Organización galega de comunidades de montes.