A ORGACCMM impugna o Anteproxecto de Lei de Incendios e esixe o financiamento público das faixas e a blindaxe do monte veciñal

A organización representativa do monte veciñal denuncia a omisión do trámite preceptivo de información pública no DOG, rexeita a criminalización dos propietarios e propón a reorientación de Seaga e a creación do Observatorio Galego de Xestión do Territorio e Incidencia de Lumes do Territorio para investigar as causas estruturais dos lumes.

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM) tivo presentada ante a Consellería do Medio Rural unha impugnación procedimental e un completo paquete de alegacións e emendas ao Anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia. A entidade esixe a suspensión e retroacción do procedemento pola omisión do trámite preceptivo de información pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) e reclama un cambio radical nunha norma que cualifica de «profundamente punitiva, inxusta e incoherente».

«O presente escrito de alegacións e emendas fundaméntase na necesidade de corrixir un modelo normativo que incorre nunha grave incoherencia xurídica e nun desequilibrio territorial. O Anteproxecto clasifica as medidas e faixas de protección como infraestruturas públicas de utilidade pública e protección civil, pero despraza a totalidade do seu custo e execución sobre as persoas propietarias e sobre as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC), baixo a ameaza de sancións, execucións subsidiarias ou mesmo a expropiación do terreo. Ademais, o texto ten un carácter extremadamente punitivo en lugar de centrarse na busca de solucións a un problema estrutural e recorrente como son os incendios do territorio».

Eixos e propostas clave do escrito de emendas:

  • Impugnación procedimental por falta de información pública no DOG: Denúnciase que a Xunta tentou dar por cumprida a participación cidadá cunha Consulta Previa realizada antes de redactar o borrador, omitindo o trámite de audiencia no DOG sobre os 130 artigos do texto definitivo (vicio de nulidade do art. 47.1.e da Lei 39/2015).
  • Financiamento público das faixas de protección (Artigos 4.n, 20 e 39.2): Se a lei califica as faixas de seguranza como infraestruturas públicas de protección civil, a súa execución e mantemento debe ser financiado pola Administración ou mediante convenios directos plurianuais orzamentados coas CMVMC.
  • Blindaxe constitucional contra a expropiación (Artigo 52): O monte veciñal en man comum é unha propiedade colectiva xermánica, inalienable, inembargable, imprescritible e indivisible (Art. 132.2 Constitución, art. 2.1 da Lei 55/1980 e Lei 13/1989). Esíxese a inclusión duna cláusula de salvagarda que o exclúa de expropiacións ou cesións ao Banco de Terras por débedas de limpeza.
  • Redefinición dos cometidos de Seaga (Artigo 15): Eliminar o uso de Seaga como instrumento coercitivo de cobro e adaptar a súa actividade á execución de obras públicas preventivas, á xestión cautelar estritamente transitoria para montes sen comunidade.
  • Creación do Observatorio Galego de Xestión do Territorio e Incidencia de Lumes do Territorio e informes periciais para a Fiscalía (Artigo 96): Crear o Observatorio Galego para diagnose técnica das causas dos incendios e a emisión obrigatoria dos informes periciais para a Fiscalía de Medio Ambiente e os tribunais, con datos abertos GIS.
  • Responsabilidade nas infraestruturas enerxéticas e soterramento (Artigo 82.4): Rexistro público dos lumes orixinados por liñas eléctricas, vías férreas ou parques eólicos/solares, identificando á empresa titular e esixindo o soterramento progresivo de cableado.
  • Cultura preventiva no currículo escolar (Artigo 81.3): Adaptación dos decretos curriculares de Educación Primaria e ESO para incorporar contidos sobre a cultura preventiva, o monte veciñal e os servizos ecosistémicos (auga, solo e biodiversidade).
  • Participación cidadá e das asembleas de comuneiros (Artigos 14, 24.3, 25.1 e 26.1): Información pública no DOG e informe preceptivo das Asembleas Xerais de comuneiros na elaboración e revisión do PLIFOGA e dos plans preventivos municipais e de distrito.

«Non se pode criminalizar á propiedade veciñal nin ás vítimas dos incendios. A Xunta debe entender que sen o recoñecemento e a participación directa das Comunidades de Montes é imposible construír un territorio resiliente fronte aos grandes incendios. Esiximos a apertura dunha mesa de diálogo e a publicación do trámite no DOG antes de continuar a tramitación parlamentaria».

A ORGACCMM impugna o procedemento do Anteproxecto de Lei de incendios pola omisión da información pública no DOG e esixe a retroacción das actuacións, o financiamento público e a blindaxe do monte veciñal

Comunicado de prensa · 17 de outubro de 2026 · Santiago de Compostela

A organización representativa do monte veciñal galego denuncia que a Xunta pretende tramitar o texto sen abrir o trámite preceptivo de información pública no Diario Oficial de Galicia (DOG), confundindo a Consulta Previa coa exposición do articulado. A ORGACCMM esixe a retroacción das actuacións, que as faixas de protección sexan asumidas como infraestruturas públicas, a blindaxe do monte veciñal fronte a expropiacións, a reorientación de Seaga e a creación dun Observatorio Galego de Xestión do Territorio e Incidencia de Lumes do Territorio.

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), representada pola súa xunta reitora e a súa presidenta, tivo presentada formalmente ante a Consellería do Medio Rural unha impugnación procedimental e un completo paquete de alegacións e emendas ao Anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia. A entidade esixe a suspensión inmediata do expediente e a retroacción das actuacións para a apertura formal do trámite preceptivo de audiencia e información pública no Diario Oficial de Galicia (DOG), omitido de xeito irregular pola Administración autonómica.

«O presente escrito de alegacións e emendas fundaméntase na necesidade de corrixir un modelo normativo que incorre nunha grave incoherencia xurídica, nun desequilibrio territorial e nunha flagrante irregularidade procedimental. A Consellería confunde deliberadamente a Consulta Pública Previa —realizada no Portal de Transparencia antes de escribir o texto— co Trámite de Audiencia e Información Pública sobre o borrador dos 130 artigos, impedindo á cidadanía e ás comunidades de montes alegar con garantías contra expropiacións, sancións e cargas inxustas. Esiximos a retroacción do expediente e a publicación oficial no DOG, ademais de corrixir o carácter extremadamente punitivo do Anteproxecto para centrarse en solucións estruturais e preventivas.»

Eixos e blocos fundamentais das emendas e da impugnación presentada

  • Impugnación procedimental e vulneración da información pública no DOG: Denúnciase a infracción directa do artigo 133.2 da LPACAP e do artigo 25 da Lei 1/2016 de Galicia. A Consellería pretendeu dar por cumprida a participación cidadá cunha consulta previa xerada antes de redactar o articulado. Esíxese a retroacción das actuacións e a apertura formal do trámite no DOG, baixo vicio de nulidade de pleno dereito (artigo 47.1.e da Lei 39/2015).
  • Financiamento e execución pública das infraestruturas preventivas (arts. 4.n, 20 e 39.2): Resulta un contrasenso administrativo declarar as faixas de seguranza como infraestruturas públicas de utilidade pública e protección civil e pretender que o seu mantemento sexa un tributo privado. A ORGACCMM esixe que a súa execución sexa asumida integramente pola Administración ou mediante convenios directos plurianuais dotados orzamentariamente coas CMVMC.
  • Inconstitucionalidade da expropiación e embargo de montes veciñais (art. 52): Dado que o monte veciñal en man común é unha propiedade colectiva xermánica, inalienable, inembargable, imprescritible e indivisible por mandato constitucional (art. 132.2 CE), a ORGACCMM esixe a inclusión dunha cláusula de salvagarda que exclúa expresamente o monte veciñal da expropiación forzosa ou cesión ao Banco de Terras por débedas de limpeza de faixas.
  • Redefinición e reconversión de Seaga (artigo 15): Fin do uso de Seaga como instrumento de cobro e execución subsidiaria coercitiva; adaptación da súa actividade á execución de medidas públicas preventivas con orzamento público e á posta en valor do monte en réxime de libre concorrencia competitiva, xunto cunha xestión cautelar estritamente transitoria para montes sen comunidade constituída.
  • Creación do Observatorio Galego de Xestión do Territorio e Incidencia de Lumes do Territorio e informes para a Fiscalía (artigo 96): Superar o enfoque puramente policial e penalizador para atribuír ao Observatorio Galego a diagnose técnica e científica das causas estruturais dos lumes do territorio (abandono rural, falta de Mosaico Territorial e mantemento deficiente de infraestruturas). O Observatorio será ademais o encargado de subministrar de xeito transparente os informes periciais obxectivos á Fiscalía Delegada de Medio Ambiente e publicar visores GIS de datos abertos.
  • Responsabilidade en infraestruturas enerxéticas e de transporte (artigo 82.4): Incluír no rexistro público de datos sobre os lumes do territorio a estatística detallada dos lumes orixinados por chispazos, avarías, arcos eléctricos ou falla de mantemento en liñas eléctricas, vías férreas, estradas, autovías, parques eólicos e solares, identificando a empresa ou Administración titular e cuantificando os danos económicos e ambientais reais.
  • Cultura de prevención no currículo escolar obrigatorio (artigo 81.3): Adaptación dos decretos curriculares en Educación Primaria e ESO para incorporar contidos obrigatorios sobre a cultura preventiva, a xestión do Mosaico Territorial, a propiedade xermánica do monte veciñal e a valoración integral dos servizos ecosistémicos (auga, solo, biodiversidade e humidais).
  • Participación cidadá obrigatoria na planificación territorial (artigos 14, 24.3, 25.1 e 26.1): Garantir a participación cidadá no DOG e o informe preceptivo das Asembleas de comuneiros na elaboración, actualización e revisión do PLIFOGA, dos Plans Preventivos de Distrito e dos Plans Municipais.

«Non se pode tramitar unha lei de costas á cidadanía nin criminalizar a propiedade veciñal e as vítimas dos lumes do territorio. É imprescindible substituír o autoritarismo procedimental e o castigo pola cooperación real e a transparencia. A Xunta de Galicia debe retrotraer o procedemento, abrir a exposición pública no DOG e contar coas Comunidades de Montes Veciñais para construír un territorio protexido e resiliente.»

Documentos presentados

Para máis información e contacto con medios de comunicación:
Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM) · Gabinete de Prensa e Comunicación
Correo: info@orgaccmm.gal · Web: orgaccmm.gal

A ORGACCMM comeza unha nova etapa coa renovación da súa xuntareitora.

NOVOS TEMPOS MÁIS DIVERSOS E INCLUSIVOS PARA CONTINUAR NADEFENSA DOS NOSOS MONTES VECIÑAIS.

No pasado VIII Congreso Galego de Comunidades de Montes, celebrado os
días 23 e 24 de maio do 2026, no concello de Allariz, a Organización Galega de
Comunidades de Montes Veciñais (ORGACCMM) renovou a súa actual xunta
reitora, na sucesiva asemblea xeral de carácter extraordinario, para dar paso a
unha nova etapa máis inclusiva e diversa onde por primeira vez existe unha
paridade nos seus principais cargos e onde por primeira vez o cargo de
presidencia pasa a mans dunha muller.


Despois de máis de 25 anos de loita e defensa aos ataques e conflitos sufridos
nos nosos montes veciñais en man común a ORGACCMM, representada polo
seu valeroso presidente Xosé Alfredo Pereira Martínez (“Pepe de Sabarís»),
cede o seu cargo máis representativo de presidencia a Generosa Gey Piñeiro,
pasando a ser na actualidade a nova presidenta ao fronte.


Deste xeito conséguese acadar o que se leva anos defendendo e apoiando nas
xuntas reitoras das diferentes comunidades de montes de todo o país, que é a
incorporación das mulleres coma comuneiras e a incorporación das mulleres
nesas xuntas reitoras para acadar en conxunto unha xestión máis diversa e
representativa. Para a ORGACCMM acadar unha paridade nos actuais cargos
principais da súa xunta reitora é un gran orgullo, sendo o resultado dun
excelente traballo anterior feito con dedicación e respecto.

Nesta nova etapa da Organización Galega de Comunidades de Montes
Veciñais, moi ao contrario do que pretende a actual Consellería do Medio rural,
o prioritario seguirá sendo a defensa da titularidade xermánica dos nosos
montes veciñais en man común conservando os seus catro piares lexislativos:
indivisibles, inalienables, imprescritibles e inembargables e a consolidación
dunha verdadeira política de ordenación do territorio consistente en camiñar
cara un monte multifuncional, autoxestionado e sustentábel coa determinación
da veciñanza  comuneira nesta posta en valor.

Estas bases fundamentadas na xestión das Comunidades de montes veciñais
en man común (CMVMC) foron recollidas nos dous relatorios presentados no
pasado VIII Congreso galego de comunidades de montes, intitulado “Montes
veciñais, pasado, presente e futuro vivos”, ao que asistiron unhas 60
comunidades de montes das catro provincias galegas.

Dentro do programa deste VIII Congreso galego de comunidades de montes
realizouse a presentación do libro “En man común. Os montes veciñais e a
autoxestión colectiva dun ben común”, editado pola editorial catalá Pol-len
Edicions. O cal recada moita información da historia dos montes veciñais e das
resolucións de diferentes comunidades de montes. Presentado en diferentes
artigos maiormente escritos por membros de xuntas reitoras de varias
comunidades de montes e polo presidente da ORGACCMM, Xosé Alfredo
Pereira Martínez, na primeira parte histórica.

Destes dous relatorios elaborados e presentados pola Comisión organizadora
do VIII Congreso galego de comunidades de montes (comisión constituída con
anterioridade por persoas voluntarias de xuntas reitoras de diversas
comunidades de montes) saíron a debate nos plenos diferentes achegas e
modificacións aportadas polas comunidades de montes alí asistentes as cales
foron incorporadas aos definitivos relatorios e foron recollidas nas devanditas
conclusións.

CONCLUSIONS DO VIII CONGRESO GALEGO DE COMUNIDADES DE
MONTES:

Primeira: As lexislacións, tanto galegas como estatais ,deben recoñecer aos montes
veciñais como unha titularidade comunitaria e xa que logo distinta e en pé de
igualdade coas titularidades públicas e privadas.

Segunda: A historia dos montes veciñais é a historia da resistencia da veciñanza para
non perder as súas terras comunitarias. Para acadar que os montes veciñais
sigan a ser terras cargadas de futuro e non reliquias do pasado esta loita de
resistencia é un dos camiños polo que temos que avanzar.

Terceira: Durante a ditadura franquista os montes veciñais padeceron usurpacións e
ocupacións. Unha nova lei de montes veciñais, ten que declarar nulos de pleno
dereito todos estes actos de disposición.

Cuarta: O goberno central ten que incluír dentro da lei de memoria democrática á
veciñanza comuneira como vítimas da ditadura franquista, porque durante este
réxime político os montes veciñais foron usurpados a favor dos concellos e das
deputacións.

Quinta: As asembleas xerais das comunidades de montes son foros de participación e
de debate que xeran hábitos democráticos e sentimentos de solidariedade,
participación e pertenza á comunidade. As xuntas reitoras das comunidades de
montes teñen que asegurar que toda a documentación necesaria para debater
nas asembleas xerais teñan que presentala á veciñanza comuneria con tempo
de antelación.

Sexta: Os distritos forestais e as oficinas agrarias comarcais deben ter como cometido
fundamental o asesoramento ás comunidades de montes e á veciñanza
comuneira. Asesoramento en tramitación de axudas multifuncionais, denuncias
ante ataques á integridade do monte veciñal, cortas de madeira, posta en valor
do monte veciñal… Compre cambiar, no imaxinario colectivo a frase «aí veñen
os do lume”, cando ven aparecer o persoal de Consellería do medio rural, por:
«aí están os do monte».

Sétima: Faise necesario a edición dun manual no que se recollan como facer as
tramitacións necesarias das comunidades de montes. Así como xerar unha
rede de apoio entre as comunidades de montes e sinerxias con outros grupos e
entidades que defendan os montes veciñais como titularidades comunitarias.

Oitava: É urxente reivindicar da Xunta de Galiza a constitución dun Centro Nacional de
Documentación do Monte Veciñal. Un centro no que se recolla, ademais dos
libros referentes sobor o monte veciñal, as publicacións das comunidades de
montes e das súas organizacións (Congresos, Xornadas, Libros, Revistas…).

Novena: O xeito máis eficaz para impedir o acaparamento dos montes veciñais é a
consideración de que todos os recursos dos montes veciñais (do subsolo, do
solo e do ar) sexan considerados como aproveitamentos do monte. E dentro
dunha lexislación que beneficie as maiorías sociais da nosa nación, plena capacidade de decisión das comunidades de montes para por en valor estas
terras comunitarias.

Décima: No aproveitamento da enerxía eólica, dentro dunha ordenación acaída do
territorio, é necesario que as comunidades de montes teñan plena capacidade
para instalar ou non parques eólicos nas súas terras. Así como o dereito das
comunidades de montes a instalar aeroxeradores nas súas terras para
abastecer de enerxía á veciñanza comuneira e localidades limítrofes. É o único
xeito de parar o espolio que co aproveitamento de esta enerxía están
padecendo os montes veciñais en servizo dos intereses das multinacionais.

Undécima: A lexislación estatal debe permitir que no aproveitamento da enerxía
fotovoltaica as comunidades de montes poidan actuar como comunidades
enerxéticas locais. Sería a fórmula de empoderar ás persoas consumidoras
facéndoas partícipes da xeración e do consumo da propia enerxía.

Duodécima: As actividades extractivas son as máis agresivas para o medio ambiente e a
saúde das persoas, xa que logo, faise necesario un control de estas
actividades. Un control dende o inicio da actividade ate o final. Este control
democrático debe ser exercido por unha comisión de seguimento conformada
por: comunidades de montes, sindicatos agrarios, grupos medioambientais e
comisións de afectados/as.

Décimo terceira: Esiximos da consellaría de Industria da Xunta de Galiza a volta das
comunidades de montes ao consello da minaría, tal e como acontecía na lei de
minaría do goberno bipartito. Así como a presencia dos grupos
medioambientais.

Décimo cuarta: Reclamamos unha Lei dos servizos ecosistémicos, que cuantifique e valore
tales servizos, así como as Xustas compensacións. Dado que dos beneficios
que prestan estes servizos, benefíciase a sociedade no seu conxunto, os
titulares teñen que recibir compensación dos gobernos por ser estes a
representación democrática da sociedade.

Décimo quinta: Reivindicamos a elaboración de unha normativa sobre os restos patrimoniais existentes nos montes veciñais. Unha normativa que tendo como base a
conservación e a protección de estes bens, permita acadar un monte veciñal
multifuncional. Xa que logo, unha normativa elaborada a pé do monte e non
nos fríos despachos.

Decimo sexta: A xestión da auga ten que ser sustentábel, segura e democrática. Neste
aspecto a laboura das comunidades de montes e a laboura das comunidades
de augas son imprescindibeis para garantir o acceso universal á auga e para
promover a súa autoxestión.

A Consellería de Medio Rural volve a rexeitar a condonación das falsas e inxustas débedas dos montes veciñais con consorcio ou con convenio

A semana pasada a portavoz de montes do grupo parlamentar do BNG, Montse Valcarce, presentou na Comisión de Agricultura do Parlamento Galego unha iniciativa para que se devolvan, de forma xunta e trasparente, ás comunidades de montes a xestión dos montes veciñais con consorcios e ou con convenios sen débedas impostas.

Para esta xusta esixencia a deputada do BNG argumenta que as supostas débedas  dos montes veciñais, con consorcio e ou con convenio, foron elaboradas  unilateralmente pola Consellería do Medio Rural. Nestas supostas débedas non se desgregan con detalle os investimentos, os ingresos xerados e o saldo final de cada monte veciñal. Así como tampouco distingue se os investimentos foron realizados con fondos propios ou sufragados con subvencións de outras administracións públicas, xa que estas últimas en ningún caso poden ser repercutidas na suposta débeda da comunidade de montes.

A nova directora xeral de Planificación e Ordenación forestal, Luisa Piñeiro, rexeitou esta iniciativa parlamentar do grupo do BNG. E para elo, argumentou mentiras, como dicir que, a día de hoxe, un de cada 5 montes veciñais teñen débedas coa administración galega. A realidade é ao revés, as débedas, se é que son reais, tenas a Administración coas comunidades de montes. Nos montes veciñais con consorcio ou con convenio a xestión do monte veciñal correspondíalle exclusivamente a Consellería de Medio Rural. Se esas débedas son reais, a deudora é a Consellería, xa que se se produciron foi porque esta Consellería amosou ser un mala xestora dos montes veciñais.

As razóns polas que a directora rexeitou a iniciativa parlamentar do BNG son dúas. A primeira é a de facer caixa cobrándolle ilegalmente ás comunidades de montes unha débeda que foi xerada por ela mesma. A segunda é a de roubarlles á veciñanza comuneira, cos seus montes veciñais conveniados ou consorciados, a xestión dos mesmos. E, así, entregarllos de balde ás empresas forestais privadas a través dos chamados “contratos temporales de xestión pública “, contratos que na realidade non son públicos.

A nova directora xeral de Planificación e Ordenación forestal sigue a liña dos seus antecesores. É dicir: os montes veciñais, titularidades fóra do tráfico do comercio, e as comunidades de montes, xestión democrática de un territorio, impiden levar adiante a súa política forestal-empresarial. Polo tanto queren proceder a sua eliminación, tanto dos montes veciñais como das comunidades de montes.

A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) manifesta o seu agradecemento ao grupo parlamentar do BNG por levar adiante unha iniciativa parlamentar que esixía a devolución xusta e transparente ás comunidades de montes dos montes veciñais consorciados ou conveniados. Unha reivindicación sentida por un número importante de comunidades de montes.

Montes veciñais  e  memoria democrática

A ORGACCMM ven de solicitar ao Ministerio de Administracións públicas e Memoria democrática, e á Delegación do Goberno central en Galiza, a reparación ás comunidades de montes veciñais, porque os seus titulares, a veciñanza comuneira, foron vítimas da ditadura franquista.

A lei de memoria democrática define, entre os seus obxetivos, o de recoñocer e reparar ás vítimas da guerra civil e da ditadura franquista. Esta, unha vez implantada logo da guerra civil, promulgou no ano 1946 a chamada lei hipotecaría, mediante a cal os montes veciñais, soamente coa sinatura dos secretarios dos concellos, pasaban a inscribirse nos inventarios de bens de propiedade municipal. Levouse a cabo, así, unha  usurpación dos montes veciñais aos seus lexítimos titulares, a veciñanza comuneira.

Anos antes, no ano 1941, a ditatura franquista creou o organismo chamado Patrimonio Forestal do Estado. En Galiza, este organismo, coa oposición da veciñanza, procedeu a forestar pola forza en réxime de biculitivo forestal (piñeiros e eucaliptos) os montes veciñais. Producese, así, unha ocupación ilegal desas terras comunitarias, que impideu aos titulares das mesmas o seu uso e o aproveitamento, que, naqueles momentos, era maioritariamente un uso agrario e gandeiro.

Esta usurpación e ocupación dos montes veciñais por parte da dictatura franquista eliminou o medio de vida da veciñanza comuneira, forzando unha migaración forzosa. Polo que tamén causou a despoboación do medio rural e, anos mais tarde, a problematica dos lumes. Podendo afirmarse que os lexítimos titulares dos montes veciñais padeceron un lucro cesante.

Esta usurpación dos montes veciñai, impedindo que os lexítimos titulares usasen a súas terras, durou, cando menos, ata o ano 1980. Ano no que se promulgou unha lei estatal de montes que reconocía que os montes veciñais eran titulares dos veciños e das veciñas, non entendidos como entes  administrativos, senon como grupos sociais. Fica claro que, alomenos durante 34 anos, a veciñanza comuneira, esto é, as comunidades de montes, foron vítimas da dictatura franquista.

É de xustiza que a a lei de memoria democrática recoñoeza ás comunidades de montes como vítimas da ditadura franquista e proceda a unha xusta reparación.

Asemblea xeral ordinaria da Organización Galega de Comunidades de Montes 

O sábado 21 de febreiro de 2026 no centro veciñal de Vincios (Rúa do Piñeiro, no concello de Gondomar) terá luga, ás 10h, a asemblea xeral anual da ORGACCMM.

Nesta asemblea xeral, entre outros temas, tratarase da tremenda vaga de lumes padecida no verán pasado, do borrador da nova lei de montes veciñais que está elaborando a Consellería do Medio Rural, mediante a cal pretende roubarlle os montes veciñais a veciñanza comuneira, e da ilegalidade que están comentendo moitos concellos galegos ao estar a pasar as comunidades de montes o pago do Imposto de Bens Inmobeis (IBI), cando estas, por lei, están exentas do pago de este imposto.

Nesta asemblea xeral tamén se informará da celebración do VIII Congreso Galego de Comunidades de Montes, que terá lugar os dias 23 e 24 de maio deste ano,  no concello de Allariz, baixo o lema “Montes veciñais: pasado, presente e futuro, vivos”.

A  asemblea xeral da ORGACCMM tten carácter de asemblea aberta, xa que poden asistir á mesma todas as comunidades de montes que queiran, aínda que non sexan socias da organización. Aquelas comunidades de montes que dexesen asistir só teñenque comunicar a súa intención de asistir ao correo electrónico xapegonda@gmail.com, antes do dia 18 de febreiro de 2026.

Dia de Loita da Veciñanza Comuneira (V Edición)

24 de Xaneiro de 2026 en Eirón-Mazaricos
Lembrando a defensa das terras veciñáis que os labregos e labregas fixeran por
todo o País e a represión sofrida no franquismo. O asasinato pola garda civil de
José Esperante París “Che de Pedro”, veciño de Eirón, e feridos graves Andrés Alvite
Santos e Marcelino Esperante Antelo, varias persoas detidas, con cárcere e fortes
sancións o 22 de Xaneiro de 1963, foron unha parte tráxica desas loitas.

O Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, no pasado mes de
Outubro de 2025, ven de facer un RECOÑECEMENTO PERSOAL E REPARACIÓN DE
DANOS na figura do “Che de Pedro”, polo que ésta V Edición vai estar marcada por
elo, querendo facer extensivo o mesmo, o resto de persoas e familias afectadas,
convidando a veciñanza do concello e do resto do País a sumarse a ésta
celebración.

Programa:
11:00 h. Local Social de Eirón. Recepción asistentes.
11:10 h. INGATECO. Alcalde de Mazaricos. ORGACCMM. 11:20 h. Eduardo Rico Boquete. Doutor en Historia (USC). Profesor da Facultade de Xeografía e Historia – Departamento Historia. Grupo HISTAGRA (Historia agraria e política do mundo rural. Sec. XIX e XX).
Título: “Repoboacións forestáis e conflictividade social na dictadura franquista”
12:10 h. Café.
13:00 h. Braña da Gatiñeira-Eirón. Diante do monumento a José Esperante
París. Lembranza das persoas represaliadas no franquismo por defender as
terras veciñáis.
Participan:
Concello de Mazaricos.
Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Man
Común.
Representación das persoas afectadas.
Ingateco.
13:45 horas. Ofrenda floral. Himno Galego.

Colaboran: Concello de Mazaricos Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais.

Almorzo de confraternidade: Ás 14:30 horas en Casa Pego, San Cosme de Antes,30
euros. As persoas interesadas poden anotarse nos seguintes tfnos: 679233474
(Claudio). 629690113 (Argimiro), ou no email ingateco.info@gmail.com

 AXUDAS PARA SILVICUTURA

O Diario Oficial de Galiza número 5 do dia 9 de Xaneiro de 2028 ven de publicar axudas para a silvicutura productiva de coníferas, para actuacións silvícolas con obxetivos ambientais e non productivas en frondosas e para rehabilitación de soutos de castaño.

A cuantía das subvencións para silvicultura productiva en coníferas será do 60%. E para accións silvícolas  con obxetivos ambientais e para a rehabiltación de soutos de castaño será do 100%.

A superficie mínima da actuación será de 1 hectárea e a máxima de 50 hectareas. O prazo para a presentación de solicitudes e de 30 dias hábiles contados a partir do dia seguinte da publicación e orde de axudas no DOG.

O BNG CONSIGUE  O APOIO DO CONGRESO PARA PERMITIR AS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS  ACTUAR COMO COMUNIDADES  ENERXÉTICAS LOCAIS

Con só o voto en contra de VOX , o deputado do Bloque Nacionalista Galego, Nestor Rego, mediante unha Proposición Non de Lei (PNL), logrou que o Congreso dos deputados/as inste ao goberno central para que recoñeza ás comunidades de montes para actuar como comunidades enerxéticas locais.  Agora só falta que o Goberno central  tome en consideración este sentir maioritario do Congreso e leve adiante o contido da PNL.

Proposición non de lei do deputado do BNG aposta por un modelo de xeración de enerxía distribuida a menor escala e máis próxima aos centros de consumo, fronte ao modelo da Xunta de Galiza e do Goberno do Estado, que apostan por favorecer os intereses empresariais.

Recoñocer que as comunidades de montes poidan actuar como comunidades enerxéticas locais posibilitará que as comunidades de montes sexan actores centrais na produción de esta enérxia renovabel, xerando riqueza e servizos para a veciñanza das aldeas e das parroquias.

Este recoñocemento tamén implica a consideración de que o aproveitamento destas enerxías renovabeis sexan consideradas como aproveitamentos dos montes veciñais e xa que logo o seu desenvolvemento  beneficiará ao conxunto da sociedade, ao contribuir a  loita contra o cambio climático e abaratará os custos  deste servizo para a veciñanza comuneira e para as populacións preto dos montes veciñais.

A ORGACCMM quere manifestar  públicamente o agradecemento ao  deputado do BNG por levar aodebate ao Congreso dos deputados/as e conseguir que o mesmo aprobase que as comunidades de montes poidan actuar como comunidades enerxéticas locais no desenvolvemento das enerxías renovabeis. Cuestión que é unha reinvidicación dun número importante de comunidades de montes.

CIRCULAR INFORMATIVA 4/2025

Montes veciñais con consorcio ou con convenio.

A lei de acompañamentos os orzamentos xerais da Xunta de Galiza para ano 2026, ven de prolongar ate o 31 de Decembro de 2027 o tempo para que as comunidades de montes que teñan os seus montes veciñais con consorcio ou con convenio, se queren recuperar a xestión dos mesmos , teñan que pagar as falsas e inxustas débedas que acarrexan. Dende a ORGACCMM fumos quen de conseguir que moitos montes veciñais, nesta situación, fosen recuperados pola veciñanza comuneira sen ter que pagar as falsas e inxustas débedas. Agora temos dous anos máis para conseguir o mesmo naquelas comunidades de montes que aínda teñan os seus montes veciñais consorciados ou conveniados .

Imposto de bens inmobeis (IBI) e montes veciñais .

Tanto a lei de montes veciñais vixente como na, tamén vixente, lei de montes de Galicia dictan  claramente que os montes veciñais non están suxeitos a ningunha contribución de base territorial. E a lei reguladora das Facendas Locais di de forma taxativa que os montes veciñais están exentos do pago do Imposto de bens inmobeis (IBI).

Xa que logo fica claro que as comunidades de montes non teñen porque pagar este imposto por calquera instalación situada nos montes veciñais. Podería haber algunha no caso daquelas intalacións industriais que xeran negocio. Máis esta dúbida queda disipada cas  dúas últimas setenzas do Tribunal Superior que dita que “independentemente do tipo de instalación situado no monte veciñal, este está exento do pago do do Imposto de ben Inmobeis (IBI)».

Mais a pesar desta lexislación e desta xurisprudencia, moitos concellos de Galiza seguen a pasar ás comunidades de montes o cobro do IBI. As comunidades de montes temos que obrigar aos concellos a que cumplan coa legalidade .

Aproveitamento de oliveiras.

A sociedade cooperativa galega Proligal pusoxe en contacto coa nosa organización para falar do tema da prantacións de oliveiras autóctonas nos montes veciñais. Manifestou a súa disposición a dar información ás comunidades de montes sobre este aproveitamento. Tanto para aquelas comunidades de montes que queiran facer este aproveitamento directamente, como para aquelas que o queiran facer mediante empresas.

Decreto de créditos de  carbono.

No Diario Oficial de Galicia (DOG), número 209, de mercores 29 de Outubro, a Consellería de Presidencia, Xuventude e Deportes ven de publicar o DECRETO 95/2025 polo que regula  o sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia.