APOIO A MANIFESTACIÓN QUE TERÁ LUGAR O DIA 23 DE ABRIL DE 2023 ,CONVOCADA POLA PLATAFORMA EOLICOS ASI NON.
- A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) manifesta o seu apoio a manifestación que convocada pola plataforma Eólicos Así Non, terá lugar o domingo 23 de Abril as 12 horas en Compostela, diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza (San Caetano) .
A manifestación, que rodeará os edificios administrativos da Xunta de Galiza, esixira o remate do expolio do territorio galego ao servizo das multinacionais enerxéticas que acarrexa o actual modelo de desenvolvemento da enerxía eólica.
Reclamase que non se autorice ningún proxecto macroeólico máis mentras non haxa unha planificación eólica diseñada por e para o pobo, pública e ordenada. Que se restitúan os dereitos de participación pública nos procesos de autorización. Que se derogen as chamadas leixes depedradoras (lei de fomento de economía e de simplificación administrativa) e se contemplen as garantias medioambientais precisas.
A ORGACCMM fai un chamamento ás comunidades de montes para que asistan a esta manifestación que, convocada pola plataforma Eólicos Así Non, terá lugar en Compostela o domingo 23 de Abril de 2023.
¿Hay algún correo para contactar con vosotros?
Bo día.
Pode enviar as súas suxestións a: info@orgaccmm.gal
Saúdos.