Asemblea anual da ORGACCMM en Porto do Son

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes celebrou este sábado 20 na Casa da Cultura de Porto do Son a súa asemblea anual. Reunión á que acudiron representantes de comunidades de montes de todo o país.
  • Na reunión da ORGACCMM ademais de tratarse temas internos oganizativos físoxe un chamamento a todas as comunidades para organizarse contra o novo Plan Forestal aprobado polo goberno galego. Un plan que permite a enaxenación da xestión  dos montes comunais para entregarllos a intereses privados.

Outros acordos destacados acadados na asemblea foron a comisión organizativa do VII Congreso de Comunidades de Montes a celebrar dentro de dous anos e a  celebración da IV xuntanza internacional de terras comunitarias.

Tratouse tamén a problemática da continua  inavsión ilegal de vehículos motorizados nos terreo dos montes veciñais, dos danos que están a causar, e as posibles solucións paa pórlle coto a esta agresión ambiental.

O novo Plan Forestal recén aprobado pola Xunta de Galicia foi o punto do día que xenerou máis intervencións dos representantes das comunidades, quen expresaron o seu rexeitamento unánime a dito plan.  Todos os  delegados dos montes comunais coincidiron en que o Plan Forestal aprobado en solitario polo Partido Popular carece de consenso social, fai unha diagnose fictica da situación do monte galego, fomenta o monocultivo de especies invasoras, promove a forestación de terras agrarias, non atalla a problemática dos incendios forestais, agrava a situación de abandono do rural e alenta a desparación dos montes veciñais en man común.

A Organización Galega de Comunidades de Montes acordou stablecer un plan de traballo para continuar coas mobilizacións para expresar o rexeitamento a este Plan Forestal e a necesidade de redactar un novo plan que garanta un monte galego con futuro e poña a vida no rural no centro.  Dentro deste marco de actuación desenvolveuse con motivo do Día mundial da ábore a vaga de concentracións por todo o país rexeitando o Plan Forestal aprobado polo Partido Popular.

Protocolo para verteduras no monte veciñal

Vertidos realizados por terceiros sen autorización da comunidade

  • Cando se detecte unha vertedura no monte veciñal debe poñerse en coñecemento da Consellería de Medio Rural e da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda.
  • Presentar ante ditas consellerias por escrito ou sede electrónica a denuncia polas verteduras.
  • Se a información das verteduras ven dos axentes ambientais, débese presentar achegas acreditando que a comunidade de montes non foi a autora da vertedura.
  • Se a administración autonómica incoa expediente sancionador a comunidade  debe personarse  no procedemento para esixir a retirada dos residuos con cargo a infractora.
  • Se as verteduras se suceden con frecuencia é aconsellable a colocación de carteis indicativos a prohibición de calquera vertedura no monte veciñal.

Vertidos realizados coa autorización da comunidade de montes

  • Solicitar sempre a autorización da Consellería de Medio Rural e da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda.
  • Débese asinar un convenio coa empresa responsabel das verteduras  no que figure:
    • a persoa física ou xurídica responsable da vertedura
    • a  duración das verteduras
    • o prazo máximo para retirar a vertedura
    • a obriga de repoñer o terreo ao seu estado orixinal
    • a exención de responsabilidade para a comunidade de montes

Solicitan a adecuación do catastro á realidade dos montes veciñais

  •  A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita á  Conselleria do Medio Rural e aos grupos  parlamentarios do Parlamento galego que se inicien os traballos para adecuar o catastro á realidade dos montes veciñais galegos.
  • Na súa solicitude a ORGACCMM  propón que se conside ao monte veciñal  como  unha soa parcela catastral. Que se teñan en conta os plans de ordenación, xa que son os instrumentos fundamentais para acadar un monte multifuncional e sustentabel.

Os montes veciñais en mán común actualmente figuran na cartografia  catastral divididos en un sin fín de recintos e parcelas como se fosen montes de propietarios particulares.  A ORGACCMM sinala que a titularidade dun monte veciñal correspondelle a unha soa comunidade de montes. Por iso, indican, carece de sentido que se traten catastralmente os montes veciñais como se fosen recintos ou parcelas de diversos propietarios.

Ademais denuncian desde a organización que a excesiva parcelación que padecen os montes veciñais en mán común débese a que a cartografía catrastral foi realizada en base a elementos non axustados a realidade dos montes veciñais. Definiron as distintas parcelas  en base a pistas forestais, camiños, carreiros, valados, resto de valados,…

Denuncian que esta inadecuada cartografía catrastral dificulta, cando non  impide, ás comunidades de montes o desenvolvemento das actividades propias. Así vese moitas veces comprometida a elaboración de planos de xestión e de ordenación, a soliciutude de subvención ou axudas , a constitución de dereitos de superficie, a formalización de contratos de permutas, licenzas para plantacions ou permisos de corta de madeira .

Sinalan que o maior despropósito sucede no caso dos permisos para a corta de madeira. Estas se realizan por cantóns definidos pola homoxenidade das masas fortais e a veces ouncantón pode chegar a ter ate dez referencias catastrais distintas.

 

Convocatoría  Asemblea Xeral – Sábado 20M

👉🏿DESCARGAR SALVOCONDUCTO

ORDE DO DIA:

1)-LECTURA E APROBACIÓN DO ACTA ANTERIOR, SE PROCEDE.

2)-ALTAS E BAIXAS NO CENSO DE COMUNIDADES.

3)-APROBACIÓN, SE PROCEDE DO INFORME  DE XESTIÓN DA XUNTA REITORA.

4)-APROBACIÓN, SE PROCEDE DO ESTADO DE CONTAS E DA CUOTA 2021

5)-INFORMACIÓN DAS ULTIMAS LEXISLACIONS REFERENTES AO MONTE VECIÑAL (1ª revisión plano forestal, lei de simplificación administrativa ,contratos de xestión pública, lei de recuperación de terras agrarias)

6)-COMUNIDADES ENERXÉTICAS.

7)-CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO VII CONGRESO GALEGO DE COMUNIDADES DE MONTES E DO IV ENCONTRO EUROPEO DE AREAS COMUNITARIAS.

8)-PROPOSTAS E PREGUNTAS .

Rematada a asemblea xeral, celebraremos un xantar de irmandade no Restaurante Camping Fraga Balada. O prezo do xantar e de 25€ por persoa. As comunidades que queiran participar no mesmo, deberán ingresar a cantidade na conta da ORGACCMM (ES64,2080 5072 64 3040006296 de ABANCA). O ingreso debedes facelo antes do día 17 de Marzo, facendo constar o nome da comunidade e o número de persoas .

NOTAS:

1)-Acompañamos un salvoconducto para poder desplazarvos

2)-Este xunta reitora é conscente do tempo de pandemia que estamos a vivir. Mais, quixeravos pedir un esforzo para que acudades a asemblea. Están a cair unha chea de lexislacións agresivas contra o monte veciñal. Só as pode parar as comunidades de montes se nos movilizamos e seguimos organizados.

 

Demandan que se destinen fondos europeos para o desenvolvemento da economía rural

A Organización Galega de comunidades de monte (ORGACCMM) demandan que parte dos fondos europeios de recuperación económica sexan empregados para acadar un medio rural multifuncional e sustentabel.

● A organización galega solicitou á Consellería de Medio Rural e aos grupos parlamentarios que se financien proxectos que axuden ao desenvolvemento dunha economia local e social no rural para facilitar a fixación de poboación.

A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita que parte dos fondos europeos de reactivación económica se destinen a proxectos para acadar un medio rural multifuncional e sustentabel. A organización galega aporta sete propostas para o desenvolvemento no rural dunha economía local e social que facilite a fixación de poboación e a loita contra os incendios forestais.

  1. Dotar as mancomunidades e comunidades de montes de aserradeiros móviles: Esto suporia que as comunidades e mancomunidades poderian pór no mercado madeira semielaborada incrementando así o seu valor engadido. Istorepercutiría na mellora da calidade de vida da veciñanza comuneira e das populación que vivan na zona de influencia do monte.
  2. Dotar as mancomunidades e comunidades de montes de maquinaria e vehiculos para rematar o ciclo productivo de aproveitamentos non madeirabeis do monte (cogomelos, castaña, apicultura, gando, …): Esto facilitaria acadar un monte multifuncional e que se remataran na proximidade os ciclos productivos. Un desenvolvemento harmónico do rural conleva unha medida preventiva de loita contra os incendios forestais.
  3. Dotar as mancomunidades e comunidades de montes de vehiculos para a loita contra os lumes forestais: É ben certo que a prevención dos lumes forestais ten que ser en primeira acción, mais cando o lume prende no monte. Se a resposta dase desde a proximidade aumentará a eficacia na loita contra o lume.
  4. Dotar as comunidades de montes de material ofimatico e de oficina: No mundo tecnolóxico e telemático no que nos movemos estas ferramentas farian ás comunidades de montes mais eficaces nas xestión dos recursos é na realización das obrigas administrativas.
  5. Axudar ás comunidades de montes na construción de centros de interpetación da natureza e do patrimonio: Con estas edificacions non somentes estarase a defender a natureza e os bens patrimoniais, senón tamén axudando a sua divulgación. Un elemento mais no camiño de acadar un monte veciñal multifuncional e sustentabel.
  6. Axudar ás comunidades de montes e organizacións relacionadas co monte á elaboración de unidades didacticas sobre o monte veciñal e as comunidades veciñais: Aínda que a titularidade de máis dun cuarto do territorio galego pertence ás comunidades de Montes, isto non se trata non currículum escolar. As unidades didacticas cubririan en parte esta eiva.
  7. Dotar as mancomunidades de montes e as organizacións relacionadas co monte das infraestructuras necesarias para a creación de un economato comunitario: Partindo da base que a veciñanza comunitaria pode ser potencialmente cliente deste economato, estariase achegando aos mesmos todos productos agrogandeiros do medio rural. Os producto que puxera a venda este economato comunitario ,serian provintes das explotacions agrarias familiares e de produción natural ou ecolóxica.