O parlamento galego acorda defender os montes veciñais nas zonas de dominio marítimo terrestre.

  • A deputada do BNG, María Albert, presentou, a instancias da Organización galega de comunidades de montes, onte no Parlamento Galego unha iniciativa lexislativa para que a Xunta de Galiza demande ao Goberno estatal o inicio dos trámites precisos para proceder a reformar a lei de Costas para que os montes veciñais en man común poidan existir legalmente dentro da zona de dominio marítimo-terrestre e do deslinde de costas.

A ORGACCMM resalta a importacia do acordo acadado no Parlamento Galego e que contou co respaldo de todas as forzas políticas con representación. Para as comunidades de montes é fundamental paralizar a confiscación dos montes veciñais en man común que se estaba producindo dende as axencias territoriais do Catastro. Ditas axencias estiveron informando ás comunidades de montes que os montes veciñais en man común ubicados dentro das zonas de dominio marítimo-terrestre deixaban de ser titularidades veciñais para pasar a ser titularidade do Estado español.

Pola contra a Orgaccmm lamenta que o Parlamento galego rexeitara a solicitude de modificación do código civil para que se recoñeza a propiedade comunal e se considere legalmente en igualdade coa titularidade publica ou privada. Esta outra iniciativa lexislativa, promovida pola Orgaccmm, foi presentada tamén pola deputada do BNG, Maria Albert. Pero foi rexeitada tanto polo Partido Popular e como polo Partido Socialista de Galicia.

Día da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal

 

  • A ORGACCMM xunto co INGATECO celebran o «Día da loita da veciñanza comuneira na defensa o monte veciñal», este sábado 22  de xaneiro no salón de actos do concello de Mazaricos.

Con estos actos conmemorativos a Organización galega de comunidades de montes e o Instituto galego das terras comunitarias queren rendir homenaxe á veciñanza comuneira pola súa loita na defensa do monte veciñal. Unha loita de resistencia contra o expolio das terras comunitarias que tivo o seu suceso mais tráxico o dia 22 de xaneiro de 1963 no monte veciñal de Eirón, concello de Mazaricos. Ese fatídico día, o veciño comuneiro Xose Esperante, apodado «Che de Pedro», foi asasinado polas forzas do orde público cando xunto con outros veciños/as comuneiros/as tentaban impedir que as maquinas do Patrimonio Forestal Español entrasen no seu monte veciñal co fin de votar o gando e proceder a facer unha plantación de eucaliptos.

 

PROGRAMA DE ACTOS:

11:00 Horas:

  • Recepción do alcalde de Mazaricos
  • Saúdo do presidente da ORGACCMM
  • Presentación da Unidade Didactica  “Terras comunitarias/montes veciñais” a cargo do Pte do INGATECO.

12:15 Horas

  •  Desplazamento ata o monte veciñal de Eirón, lugar dos sucesos acaecidos no ano 1963  e onde está situado o monumento conmemorativo.

13:00Horas:

  • Acto conmemorativo do «día da loita da veciñanza comuneira na defensa  do monte veciñal».
  • Presentación e intervención do presidente de INGATECO
  • Intervención do presidente da ORGACCMM
  • Ofrenda floral
  • Himno Galego

NOTA: Para facer o desplazamento desde o salón de actos do concello de Mazaricos ate o monte veciñal de Eirón disporase de autobuses. Quen queira facer uso dos mesmos debe comunicalo ao mobil 649137135 antes do día 19 de Xaneiro.

Presentación dunha ILP para acadar unha Lei que protexa os montes comunais

 

 

 

  • A ORGACCMM pretende con esta proposta de lei contrarrestar os cambios normativos impulsados polo Partido Popular para permitir privatizar os montes veciñais en man común, para entregarllos ás empresas forestais e madereiras.

Sinalan que a campaña do Partido Popular para confiscar os montes comunais comenzou no ano 2012 coa promulgación de lei de montes de Galiza. Deu un chanzo importante neste intento coa lesiva lei de acompañamentos os orzamentos da Xunta de Galiza do presente ano, na que o Partido Popular regulaba a usurpación dos montes veciñais en man común á veciñanza comuneira para entregarllos os concellos e as industrias madereiras. E agora, a Conselleria do Medio Rural pretende dar o golpe definitivo ao roubo dos montes veciñais ao incluir no orde do dia do Consello Forestal a celebrar o vindeiro 18 do Xaneiro un punto para o “Inicio da revisión normativa que regula os montes veciñais“. Así, denuncian desde a ORGACCMM, o Partido Popular quere dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica e eliminar o seu carácter comunal e intrasferible.

Desde a Organización Galega de Montes Comunais resaltan que toda esta política usurpardora e confiscadora dos montes veciñais en man común está sendo levada a cabo sen contar coa opinión das comunidades de montes quen son os lexitimos titulares dos montes veciñais.

O texto da proposta de lei de montes veciñais foi elaborada en asembleas de comunidades de montes celebradas en todas as zonas de Galicia. Xurde das propias comunidades de montes e reflicte o seu sentir. Os principios fundamentais que motivan a presentación desta Iniciativa Lexislativa Popular son o reforzamento do carácter xermánico (comunal) dos montes veciñais, a mellora do funcionamento asembleario e democráticos das comunidades de montes, o recoñecemento da titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas, acadar un monte veciñal multifuncional e sustentabel, e unha fiscalidade aaxeitada a figura e as funcións dos montes veciñais .