Por unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías socias do noso país

Os montes veciñais en man común ocupan 1⁄4 do territorio galego e 1⁄3 da superficie catalogada como monte. Conforman unha titularidade singular de Galiza por ser titularidades de carácter xermánico. Son terras inalienábeis, imprescriptíbeis, indivisíbeis e inembargábeis e sen asignación de cotas. A titularidade dos montes veciñais en man común corresponde-lle sempre a veciñanza comuneira (persoas que viven no lugar, aldea ou parroquia, onde se asenta o monte veciñal), non entendida como ente administrativo, senón como un grupo social.

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería reforzar o carácter xermánico de estas terras e recoñecer a titularidade veciñal como unha mais, distinta en pé de igualdade, coas titularidades públicas e privadas. Os montes veciñais en man común non son nen titularidades públicas, nen titularidades privadas. Sen embargo, tanto a lexislación galega como a lexislación estatal, sitúa a estas terras no ámbito da propiedade privada. Cando unha mesma lei se aplica a realidades distintas, cometen-se irregularidades e inxustizas con algunha delas. E este é o que acontece co monte veciñal. 

As veces aplicase-lle o dereito romano e sitúan os montes veciñais como suxeitos pasivos no Imposto sobre Sociedades como se fosen empresas mercantís, ou permite-se a perda da titularidade a favor de terceiros. Outras veces aplicase-lle o dereito xermánico e impide-se que as comunidades de montes actúen como comunidades enerxéticas locais, ou vender conxuntamente os produtos do monte.

Toda esta inseguridade xurídica dificulta, cando non impide, acadar un monte veciñal multifuncional e a mellora da calidade de vida da veciñanza comuneira. A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería asegurar que as comunidades de montes, sen perder as súas características, poidan desenvolverse en todos os eidos, no marco xurídico actual. 

Organismos internacionais como son a ONU, a FAO e a Unión Europea, propoñen que o futuro dos montes pasa por avanzar cara a unha tenencia máis xusta destes territorios evitando a apropiación dos mesmos en poucas mans e dar protagonismo na súa posta en valor aos titulares dos montes. Estas propostas de futuro que defenden estes organismos internacionais levan-se dando en Galiza desde tempos inmemoriais a través da veciñanza comuneira, dado que na xestión das comunidades de montes conxuga-se territorio, persoas e gobernanza democrática e popular.  E ademais e necesario que a posta en valor dos montes se faga de xeito multifuncional. 

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería avanzar no funcionamento asembleario e democrático das comunidades de montes e dentro dunha lexislación xeral acaida, con plena capacidade de decisión da veciñanza comuneira en canto a como pór en valor as súas terras comunitarias. Ademais de multifuncional, a posta en valor dos montes veciñais, ten que ser sustentábel.

Entendendo por sustentabilidade a acción de acadar unha prosperidade económica sostida no tempo, protexendo os sistemas naturais e prevendo unha calidade de vida para as persoas. A finalidade da sustentabilidade e que exista un desenvolvemento económico e social respectuoso co medio ambiente. Os montes veciñais por ser titularidades de carácter xermánico, son terras abertas, e as funcións sociais, medioambientais e culturais que cumpren benefician a toda a sociedade e deben ser desfrutadas por esta, de xeito universal.

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego debería tamén considerar os montes veciñais como figuras de protección medioambiental e cultural en si mesmos. E ademais, recoller que dos prexuízos que puidesen acontecer neste uso universal das funcións sociais, medioambientais e culturais, non poden recaer responsabilidades civís e penais para as comunidades de montes.

Os montes veciñais, como titularidades comunitarias que son, no Estado Español so existen en Galiza, con raras excepcións en zonas limítrofes. Maila esta situación, Galiza non ten competencias exclusivas sobre os montes veciñais. Ten-nas sobor os seus aproveitamentos mas mesmo de xeito limitado xa que están suxeitos a lei de montes do Estado por ser esta unha lei marco.

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego debería reclamar as competencias plenas sobre os montes veciñais, desde o seu réxime xurídico até as cuestións fiscais, pasando por todos os aproveitamentos que se dan no subsolo, no solo e no voo dos montes veciñais en man común, que deben ser considerados como recursos dos montes veciñais.

 

Presentan unha declaración por unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías sociais

A Organización galega de  comunidades de montes arropada polas organizacións sincicais e ecoloxistas, Adega, Cig, Ecoloxistas en Acción, Fruga, Ingateco, Orgaccmm e o SLG presentaron, en Compostela,  unha declaración conxunta por “Unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorias sociais do noso Pais” e informar do calendario da reunión cos partidos políticos e coa Federación Galega de municipios e provincias.

Unha declaración que ao contrario da privatización que pretende a Consellaría do medio rural, esixe que a futura lei de montes veciñais debe reforzar o carácter xermánico de estas terras e facilitar a sua posta en valor de xeito multifuncional e sustentabel.

Os montes veciñais en man común ocupan 1⁄4 do territorio galego e 1⁄3 da superficie catalogada como monte. Conforman unha titularidade singular de Galiza por ser titularidades de carácter xermánico. Son terras inalienábeis, imprescriptíbeis, indivisíbeis e inembargábeis e sen asignación de cotas. A titularidade dos montes veciñais en man común corresponde-lle sempre a veciñanza comuneira (persoas que viven no lugar, aldea ou parroquia, onde se asenta o monte veciñal), non entendida como ente administrativo, senón como un grupo social.

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería reforzar o carácter xermánico de estas terras e recoñecer a titularidade veciñal como unha mais, distinta en pé de igualdade, coas titularidades públicas e privadas. Porén a Consellaría do medio rural pretende mediante a nova lei permitir a privatización dos montes veciñais para engregarllos á industria madereira.

Por iso, a Organización galega de comunidades de montes arropada polas organizacións sindicais e ecoloxistas do país (Adega, Cig, Ecoloxistas en Acción, Fruga, Ingateco e o SLG) presentaron, en Compostela  unha declaración conxunta por “Unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorias sociais do noso Pais”. Para esixir que a futura lei de montes veciñais debe reforzar o carácter xermánico de estas terras e facilitar a súa posta en valor de xeito multifuncional e sustentabel. 

[DESCARGAR] Declaración por unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías sociais

ASEMBLEA XERAL 2025 – VALADARES (VIGO)

O sábado 22 de Marzo de 2025,  ás 10 horas, no salón de actos do Centro veciñal e cultural de Valadares en Vigo (Camiño do Pedregal, 6)  celebrarase a asemblea xeral da Organización Galega de comunidades de montes. Encontro aberto á participación de todas as comunidades de montes galegas.

O tema central a debatir nesta asemblea xeral será a futura lei de montes veciñais que promove a Consellería de medio rural e da que está previsto que o seu borrador se publique no vindeiro mes de xuño. Polo contido do chamado Libro Branco para a regulamentación dos montes veciñais e polas últimas declaracións públicas de responsabeis desta consellaría, podemos anticipar que a intención da nova lei é eliminar o carácter xermánico destas terras para poder proceder a súa municipalización e privatización.

Dende a ORGACCMM entendemos que a supervivencia dos montes veciñais en man común como o que sempre foron, é dicir, titularidades da veciñanza comuneira, atópase nun momento crítico. Tamén entendemos que a única resposta para parar este roubo dos montes veciñais está nas propias mans das comunidades de montes. Se as comunidades de montes nos unimos, a lei de montes veciñais en man común que sairá no Parlamento Galego será unha lei que reforce o carácter xermánico destas terras para estar ao servizo da veciñanza comuneira, únicos lexítimos titulares dos montes veciñais.

Nesta asemblea xeral tamén se informará da situación na que quedan os montes veciñais na zona marítimo-terrestre logo de que se aprobase no Parlamento Galego a lei de Ordenación e Xestión integrada do litoral de Galicia.

En Valadares, Vigo,  pode ser o lugar onde as comunidades de montes acordemos as formulas para a defensa dos montes veciñais.  Por iso é tan importante, máis que nunca, a vosa asistencia e participación.

+ información no móbil 649137135 ou no correio xapegonda@gmail.com