A Organización galega de comunidades de montes arropada polas organizacións sincicais e ecoloxistas, Adega, Cig, Ecoloxistas en Acción, Fruga, Ingateco, Orgaccmm e o SLG presentaron, en Compostela, unha declaración conxunta por “Unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorias sociais do noso Pais” e informar do calendario da reunión cos partidos políticos e coa Federación Galega de municipios e provincias.
Unha declaración que ao contrario da privatización que pretende a Consellaría do medio rural, esixe que a futura lei de montes veciñais debe reforzar o carácter xermánico de estas terras e facilitar a sua posta en valor de xeito multifuncional e sustentabel.
Os montes veciñais en man común ocupan 1⁄4 do territorio galego e 1⁄3 da superficie catalogada como monte. Conforman unha titularidade singular de Galiza por ser titularidades de carácter xermánico. Son terras inalienábeis, imprescriptíbeis, indivisíbeis e inembargábeis e sen asignación de cotas. A titularidade dos montes veciñais en man común corresponde-lle sempre a veciñanza comuneira (persoas que viven no lugar, aldea ou parroquia, onde se asenta o monte veciñal), non entendida como ente administrativo, senón como un grupo social.
A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería reforzar o carácter xermánico de estas terras e recoñecer a titularidade veciñal como unha mais, distinta en pé de igualdade, coas titularidades públicas e privadas. Porén a Consellaría do medio rural pretende mediante a nova lei permitir a privatización dos montes veciñais para engregarllos á industria madereira.
Por iso, a Organización galega de comunidades de montes arropada polas organizacións sindicais e ecoloxistas do país (Adega, Cig, Ecoloxistas en Acción, Fruga, Ingateco e o SLG) presentaron, en Compostela unha declaración conxunta por “Unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorias sociais do noso Pais”. Para esixir que a futura lei de montes veciñais debe reforzar o carácter xermánico de estas terras e facilitar a súa posta en valor de xeito multifuncional e sustentabel.