O Partido Popular quere legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais

En recentes declaracións públicas, feitas polo Conselleiro do Medio Rural e máis polo Presidente da Xunta de Galiza, o Partido Popular ven de confirmar a súa intención de legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais.

O Partido Popular posicionouse a prol da Plataforma Galega de afectados polas comunidades de montes, empresarios e particulares, que reclaman a
propiedade dunhas terras vendidas ou cedidas polos concellos, que non
eran titulares, senon usurpardores das mesmas.

Co fin de legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais, tanto ao Conselleiro do Medio Rural como ao Presidente da Xunta de Galiza, non lles importa saltarse a lexislación vixente sobor os montes veciñais.

O primeiro criticando as sentenzas da Xustiza que fallan a favor das comunidades de montes  e obrigan a devolver o territorio usurpado á veciñanza. O segundo xustificando a usurpación co  argumento de que non é licito devolver estas terras ás comunidades de montes porque desde hai anos están empleados en outros usos distintos.

O Conselleiro do Medio Rural quere impedir a aplicación do carácter de titularidade xermánica dos montes veciñais, xa que a imprescritibilidade dos montes veciñais fai que a antiguedade da usurpación non sexa fundamento de dereito para protexer ao infractor e permitir a impunidade da usurpación..

O Presidente da Xunta de Galiza obvia a vixente lexislación de montes veciñais e un número importante de sentezas que confirman que, independentemente dos usos actuais, son montes veciñais en man comúns ,os que se demostren que foron usados e aproveitados pola veciñanza comuneira, non entendida como un ente administrativo, senon como grupo social.

A Consellaría do Medio Rural sabe moi ben que non se poderán
legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais, mentres non se
elimine o carácter de titularidade xermánico dos montes veciñais. Por iso, que
no chamado Libro Blanco, sobre a reforma da regulación dos montes veciñais
en man común da comunidade autónoma galega, se contempla a
eliminación do carácter mediante a consideración de veciñanza comuneira
a persoas que non viven no lugar, aldea ou parroquia no que se asenta o monte
veciñal. Dotando as comunidades de montes de personalidade xurídica e
sacando da consideración de monte veciñal  a aqueles montes veciñais que, segundo o criterio da Consellería, non teñan aproveitamento forestal.

Un chamado Libro Blanco que comenza con unha mentira, xa que na
súa portada afirma que no mesmo recollense as achegas recibidas no proceso de participación pública do mes de Abril de 2022. Isto é mentira xa que o chamado Libro Blanco non recolle as achegas da Organización Galega de Comunidades de Montes.

Entre as aportacións da ORGACCMM, unha que solicitaba que a futura lexislación sobre os montes veciñais en man común contemplase a declaración de nulos de pleno dereito todos os actos e negocios xurídicos que
se levaron adiante nos montes veciñais.

Solicitude que está tamén recollida na proposta para unha lei de montes veciñas contemplada na Iniciativa Lexislativa Popular, presentada no
Parlamento Galego co aval de 12010 sinaturas da veciñanza comuneira e da
sociedade galega.

 

ACHEGAS Á ESTRATEXIA PARA O FOMENTO DA XESTIÓN ACTIVA DAS MASAS FRONDOSAS

ACHEGAS Á ESTRATEXIA PARA O FOMENTO DA XESTIÓN ACTIVA DAS MASAS FRONDOSAS

Primeira: Ao punto 1-Antecedentes.

No parrafago 5º eliminar “Esbozar un plan de fomento do cultivo do chopo en Galicia”.

Argumentación: O chopo non é unha frondosa autóctona.

Segunda. Ao punto 1.2.Formacións arbóreas  e habitats de bosque.

Neste apartado descríbese as diversas formacións  de frondosas que hai no territorio Rede Natura e que moita superficie de este territorio e monte veciñal en man común. Tal e como está oxe a normativa a inclusión dos montes veciñais en man común da Rede Natura faise sen contar coa opinión das comunidades de montes afectadas, dándose de facto unha usurpación de estas terras. Prodúcese tamén unha usurpación da xestión de estas terras xa que quen ten a capacidade de decisión está nos órganos de goberno e de xestión de esta figura de protección na que non participan os titulares dos montes veciñais.

A estratexia para a xestión activa das masas de frondosas deben contemplar que as comunidades de montes, titulares dos montes veciñais en man común ,formen parte do órganos de dirección, planificación e xestión do terrritorio Rede Natura. tal e como o forman a administración pública galega, as organizacións medioambientais e outros.

Argumentación: Ninguén cuestiona  a Rede Natura. É mais, débese potenciar, xa que é un elemento máis na defensa do medio ambiente. Mais isto non pode signficar que os titulares das terras que forman parte do territorio Rede Natura queden ao marxe. Máxime cando o que pretende esta estratexia e a xestión activa (é decir dinámica) das masas de frondosas .

Cuarta.

Engadir un Eixo V co titulo “Valoración e cuantificación  dos servizos do ecosistema  que cumplen as terras incluidas na Rede Natura“.

Argumentación: Enténdense por servizos do ecosistema como aqueles beneficios que un ecosistema aporta a sociedade e que milloran a saúde, a economía e a calidade de vida das persoas. De xeito xenérico agrúpanse en catro bloques: Servizos de aprovisionamento de bens e materias primas (madeira ,auga ,alimentos, …). Servizos de regulación que teñen como función clave a redución dos impactos globais e locais (regulación do clima, do ciclo das augas, control da erosión, …). Servizos culturais asociados o tempo de lecer (restos patrimoniais, practicas deportivas, disfrute do lecer, …). Servizos de soporte a biodiversidade e os procesos naturais que garanten boa parte dos anteriores. Semella que non cabe ningunha dúbida que moitos de estes servizos prestaos as comunidades de montes veciñais en man común. Mais tampouco cabe ningunha dúbida de que estes servizos do ecosistema aportados polas comunidades de montes non están recoñocidos e moito menos valorados e cuantificados.

Parece de recibo que a Administración Pública Galega  valore e cuantifique estes servizos ecosistemicos que prestan as comunidades de montes en beneficio de toda a sociedade. Para logo se poideran determinar as medidas compensatorias para os titulares dos montes veciñais en man común.

Quinta. Ao punto 2.5.Superficie de frondosas autóctonas incluída na Rede Natura.

Neste apartado a estratexia  fala de que no territorio Rede Natura hai unha zona na que se prioriza  a evolución  natural ,a conservación da estrutura do bosque  e conservación da biodiversidade. E que hai outras zonas mais antropizadas ,nas que poden realizar tratamentos silvicolas. Os dous prantexamentos significan limitacións para os titulares dos montes veciñais. No primeiro dos casos ,hipotecas de uso. No segundo dos casos dificultade para facer os traballos e mesmo encarecemento dos mesmos.

A estratexia para a xestión activa das masas de frondosas tería que contemplar:

1-Para a primeira das situacións, medidas compensatoria por esa hipoteca de uso das súas terras, medidas que teñen que ser de carácter finalista, xa que logo teñen que ser investidas en plantación con frondosas autóctonas e camiñar cara o logro de un monte veciñal multifuncional e sustentabel.

No caso de que todo o monte veciñal estivese nesta zona de Rede Natura ou o monte veciñal estivese en zona de alta montana ou zona despoboadas, as medidas compensatorias, serian pagos directos. No primeiro dos casos para que a comunidade de montes respectiva poídese adquirir terras o millorar a calidade de vida mediante a execución de obras de carácter social e comunitario .No segundo dos casos para fixar populación no medio.

2-Para a segunda das situacións deberíase elaborar un catálogo de como se deberían levar adiante os traballos silvicolas e as cortas e sacas de madeira ,que non fosen lesivos para o territorio. Ademais de que todo o tipo da axudas que poideran acollerse estas comunidades de montes tivesen subvencións do 100%.

Argumentación: Se a todos e a todas asumimos que en aras do beneficio da sociedade no seu conxunto ,hai terras que teñen que ter seus usos hipotecados ,parece que todos e todas asumamos que esta terras teñan que ter un retorno compensatorio.

Sexta: Ao punto 2.7-Diagnostico  preliminar.

Esta estratexia nos  factores dinamizadores,di que as masas de frondosas contribúen entre outras cuestións a fixación do C02, para a defensa do medio ambiente .Sen embargo ,oxe en día .a compensación dos titulares das masas boscosas pola captura que fan estas do CO2, mediante a emisión de bonos de capatura e, no mellor dos casos, incompleta. Incompleta porque nesta emisión de bonos de captura do CO2, só capturan este gas nocivo ,as especies forestais plantadas logo de un lume producido dende o ano 2013 ou no que se dera un cambio de uso da terra. Ademais ,o criterio para calcular a captura do C02 das masas boscosas ,situase no medre da madeira. Nesta situación as frondosas están en inferioridade de condicións .

A estratexia  para a xestión activa das frondosas, no que foi respecto a captura do CO2 debería contemplar:

-Todas as especies arboreas plantadas de forma que foxe e mesmo as ventureiras ,capturan CO2.

-O criterio de captura do CO2 das frondosas ,non pode baserse no medre da madeira .Hai que valorar as función sociais ,medioambientais e de loita contra o lume que cumplen estas especies forestais .

-A captura de CO2 das especies arbóreas non pode rematar no momento no que se tala a mesma. Débese ter en conta o destino final da mesma.

Argumentación: A captura do C02 das masas boscosas non se debería basearse somentes en criterios economicistas. Deberianse ter en conta criterios diversos.

Septima. Ao punto 3-Obxetivos da estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas .

-Engadir un punto,no parrafago que escomenza con “Adiccionalment….” con seguinte texto: ”Medidas compensatorias para os titulares das terras.”

Argumentación: Parece lóxico que os titulares das terras teñen unha participación activa na estratexia para a xestión activa das masas de frondosas.

Octava:-Ao punto 4-Diseño estratéxico: Eixos e propostas de actuación.

-Engadir un eixo 6 co titulo “Medidas compensatorias para os titulares das terras “ con dúas Medidas: 1-Medidas compensatorias para os titulares das terrras. 2-Protocolo para levar adiante os traballos no territorio Rede Natura.

Argumentación: As mesmas expresadas para a achega quinta .

Novena -Ao punto Eixe 3. Compromisos forestais de xestión .

Neste punto , a estratexia fala de que os montes recreativos e periurbanos poidan adherirse  voluntariamente no marco da rede galega de infraestruturas verdes ,así como tamén fala de compromiso voluntario de xestión con certificación de servizos ecosistémicos.

Esta estratexía deberia complementarse :

-No primeiro dos casos,incluindo medidas compensatorias para os titulares dos montes que se inclúan dentro de esa rede de infraestruturas verdes e seguridade de que dos percances que poidan no disfrute de estas infraestruturas verdes, non recaian responsabilidades civís e penaís para os titulares do montes .Ademais de que as comunidades de montes teñen que participar nos órganos de planificación e decisións da rede de infraestruturas verdes.

-No segundo dos casos ,dado que estes certificados son dados por entidades terceiras ,esta estratexia  tería que contemplar a validación de seus criterios pola administración pública galega ,así como o prantexamento  de medidas compensatorias para os titulares dos montes.

Argumentación: A defensa do medio ambiente  e cuestión de todos e de todas .Xa que logo hai que compensar os que contribúen a defensa do medio ambiente.