Comunicado ante a lei de montes veciñais presentada pola Consellería do Medio Rural

Neste proxecto de lei de montes veciñais, presentado pola Consellería do Medio Rural, prantexase unha nova definición da veciñanza comuneria.

Son veciños/as comuneiros/as as persoas que viven no lugar , aldea ou parroquia onde existe o monte veciñal. Modificar a condición de veciño/a comuneiro/a só se pode entender como unha pretensión do Goberno galego  de desnaturalizar o carácter xermánico da titularidade veciñal dando entrada a persoas físicas e xurídicas aínda que non sexan comuneiros.

Outro dos obxetivos que amosa a proposta de lei de montes veciñais é harmonizar a normativa dos montes veciñais coa normativa do Estado. No Estado español non está recoñocido o dereito xermánico, polo que se desprende que a palabra harmonizar implica dotar ás comunidades de montes de personalidade xurídica para convertilas en titularidades de carácter privado.

O carácter xermánico da titularidade veciñal implica que a propiedade é indivisible e intransferible e esta condición dos montes veciñais é o gran obstaculo para o afán privatizador do Goberno galego.

Ao tenor do que esboza o proxecto de lei de montes veciñais, semella que ao Partido Popular tampouco lle gosta o funcionamento asembleario das comunidades de montes e pretenden mudalo.  Un funcionamento democrático que segundo o goberno galego «non é válido na situación actual».

«Seica o que pretende decir o Partido Popular é que o funcionamiento asambleario e democratico é outro obstaculo para o seu afán de privatizar os montes veciñais e entregalos ás empresas madereiras» sinalan dende as comunidades de montes.

Ante este intento de roubarlle os montes a veciñanza comuneira, a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) chama á sociedade galega a rexeitar esta proposta da lei facendo achegas neste sentido na fase de consultas que estará aberta até o 9 de maio na web da Xunta de Galicia.

Reunión cos grupos parlamentarios para unha lei que preserve os montes veciñais

  • Unha representación da Organización galega de comunidad de montes mantivo reunións no Parlamento coas tres forzas políticas con representación. 
  • Trasladaron aos grupos parlamentarios galegos a necesidade de preservar a xestión comunitaria do monte vecinal para ter un aproveitamento sostible dos recursos e que o monte non sexa pasto da industria madeireira. 

A Organización galega de comunidad de montes (ORGACCMM) mantivo contactos este mércores 6 de abril cos tres grupos parlamentarios: BNG, PSOE e PP no Parlamento Galego co gallo de acadar o respaldo parlamentario a súa iniciativa de lei sobre montes veciñais.

Unha iniciativa lexislativa que pretende preservar o carácter comunal e intransferible dos montes veciñais e que se recoñeza a propiedade comunal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma. As comunidades de montes galegas son as primeiras valedoras dun monte funcional e unha silvicultura sustentabel.

Na conversa co grupo do Bloque Nacionalista Galego púsoxe de manifesto a importancia das comunidades de montes como dinamizadoras do rural pola súa xestión democrática dos recursos. A custodia do territorio é intrínseca a autoorganización asamblearia da veciñanza comuneira.

Na posterior reunión co Partido Socialista insistiuse na necesidade de manter o carácter comunal da xestión dos montes vecñais. Neste sentido a ORGACCMM propón que se algún monte veciñal carece de poboación suficiente para xestionalo se traspase temporalmente a súa xestión á unha comunidade de montes aledaña e non se entregue sen máis a unha empresa madereira por 50 anos como pretende o Partido Popular nas súas modificacións leislativas.

No derradeiro encontro da mañá, a Organización galega de comunidad de montes reuniuse con deputados do Partido Popular. A pesar de ser a única forza política coa que hai un desencontro evidente no xeito de xestionar o monte veciñal, alomenos acadouse o compromiso por parte dos populares de contar coa ORGACCMM como principal interlocutor sectorial para a reforma da lei de montes que quere tramitar en breve o goberno da Xunta.

Despois das xuntanzas, a ORGACCMM sae máis decidida aínda a buscar o respaldo da sociedade galega para que o Parlamento tramite a ILP rexistrada por esta organización para preservar os montes veciñais e manter vivo o rural.

Solicitan apoio aos concellos para preservar o monte comunal

Esta iniciativa da Organización Galega de Comunidade de Montes ven motivada  pola presas que ten o Partido Popular para eliminar o carácter xermánico dos montes veciñais en man común como paso previo para proceder a súa privatización masiva.

No Consello forestal celebrado o pasado mes de Xaneiro, por iniciativa do conselleiro do medio rural,  aprobouse o procedemento de participación cidadán que consistía na recollida de propostas das organizacións que conforman dito consello.  A Consellería do Medio Rural comprometíase a elaborar con estas achegas un borrador que sería de novo debatido no Consello forestal. Unha vez debatido se exporía a consulta pública e entrada no Parlamento Galego.

A pesar deste compromiso, o Presidente da Xunta de Galiza e do Partido Popular, logo do consello da Xunta de Galiza do pasado dia 31 de Marzo, anuncia que a futura lei de montes veciñais en man común será presentada no Parlamento Galego polo grupo do Partido Popular saltándose todo o proceso de participación sectorial e ninguneando á Organización Galega de Comunidade de Montes, asociación con maior representación dos montes veciñais.

Tan acuciados están pola mobilización social en defensa do monte comunal que está a despertar a ILP presentada pola ORGACCMM que non respectan nin tan sequera o procedemento de participación que a propia Conselleria aprobou e que xa era a mínima expresión do que require unha lei de montes veciñais en man común.

O Partido Popular quere aprobar pola vía rápida unha lei de montes veciñais en man común porque está cumpre os peores pronósticos denunciados pola ORGACCMM. De aprobarse esta lei como pretende o Partido Popular abriríase a porta a expropiación ou enaxenación dos montes veciñais, xa que poderían perder a súa condición de comunal e intrasferible. A ORGACCMM alerta de que se ista lei se leva adiante, o expolio  está servido: a industria madereira farase co monte veciñal e perderase a silvicutura sostible  e o monte multifuncional que defenden e practican as comunidades de montes galegas.

«Se de verdade o interese da Consellería do medio rural non fose privatizar os montes veciñais en man común, unha das modificacións da futura lei de montes veciñais en man común sería o recoñocemento dos montes veciñais como unha titularidade distinta e en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. No canto diso queren que os montes veciñais perdan o seu caracter de propiedade xermánica e poidan ser expoliados pola industria madereira» Denuncia Xose Pereira, presidente da Organización Galega de comunidades de montes (ORGACCMM).

As comunidades de montes galegas chaman a moblización da veciñanza comuneira e da sociedade galega no seu conxunto para frear este roubo dos montes veciñais en man común que pretende perpetrar o Partido Popular. No ámbito desta mobilización sitúase a  recollida de sinaturas para respaldar a Iniciativa Lexislativa Popular para que o Parlamento Galego aprobe unha verdadeira lei de montes veciñais que protexa a súa titularidade comunal e fomente o aproveitamento sostible e multifuncional que xestiona a veciñanza comuneira .

descargar aquí 

[MOCIÓN CONCELLOS ILP MONTES COMUNAIS]