A vespa do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus) é unha especie de insecto teliotoca, é dicir, que produce só femias por partenoxénese obrigada (con capacidade do óvulo de desenvolverse sen ter sido fecundado pelo gameto masculino). é por iso que só se coñecen femias nas súas poboacións (os mach
os nunca se detectaron). A femia mide 2-2,5 mm e presenta cabeza, tórax e abdome negro, mentres as patas son de cor avermellada-marrón a excepción do último artello tarsal, que é marrón escuro. As antenas son filiformes e están formadas por 14 antenómeros dos cales os 3 primeiros son ocráceos e os restantes marróns que se van escurecendo progresivamente cara ao ápice. As ás anteriores presentan unha veación reducida na que só destacan a vena subcostal e a radial. O abdome é redondeado e está provisto dun ovipositor filiforme por medio do cal a femia introduce os ovos nas xemas.
Os ovos son ovais, de cor branca-cremosa, miden 0,1-0,2 mm de lonxitude e teñen un longo pedúnculo. A larva é do mesma cor, carece de ollos e patas e mide 2,5 mm de lonxitude no seu máximo desenvolvemento. A pupa é de cor marrón escuro ou negro.
Ppresenta un ciclo univoltino. As femias fan a posta en grupos de 3 a 5 ovos no interior das xemas. Cada femia pode poñer máis de 100 ovos ao longo dos seus 10 días de vida. Debido a que varias femias poden poñer na mesma xema, unha soa destas pode albergar ata 25 ovos. A eclosión prodúcese nuns 40 días e o desenvolvemento da larva de primeiro estadío é extremadamente lento, cubrindo o outono e o inverno. Na primavera, antes do inicio da actividade vexetativa do castiñeiro, prodúcese a formación de agallas en 7-14 días. As larvas aliméntanse durante 20-30 días antes de pupar.
Dependendo da localidade (altitude, exposición) e do cultivar de castiñeiro, a pupación sucede entre mediados de maio e mediados de xullo e os adultos emergen entre o final de maio e o final de xullo.
Como consecuencia do seu ataque fórmanse as características agallas. Son de cor verde a avermellado, e poden aparecer en xemas, follas e amentos masculinos. O número por planta é moi variable, o cal débese, por unha banda, á diferente sensibilidade da árbore que foi observada nos diferentes cultivares euro-xaponeses e, por outro, ao momento máis ou menos recente de chegada do parasito á zona.
O díptico que distribúe a Xunta pode ser descargado aquí: 1 e 2


tremo Oriente ruso e India) Trátase de unha especie introducida en Europa, rexistrada por primeira vez en Alemaña, en 2006, e, posteriormente, en Suíza e Holanda en 2007 pasando logo a outros países. En Galiza detéctase pro primeira vez en Tomiño no ano 2014 na provincia de Pontevedra, afectando tamén ao Condado e xa no 2015 detéctase masivamente no Val Miñor.
comen a parte superior da folla (deixando a estrutura máis dura). As follas non son destruídos por completo, pero aparecen como «peladas» en pequenas liñas paralelas, ou case completamente. Estas follas acabarán por morrer. Larvas máis vellas son as máis prexudiciais: eles comen masiva e completamente as follas, por veces, deixando con todo a parte fina no contorno e do centro da folla.