Incendios forestais: Avanzando un paso máis cara un novo desastre
Pepe Pereira
O IES Terra de Turonio levou a cabo un proxecto sobre o cabalo galego, que remata coa publicación do libro CEIBES NO MONTE. A edición consta dun libro
Finalizado o V Congreso de comunidades de montes deu comezo a Asemblea extraordinaria da ORGCCMM para a renovación da Xunta Reitora. Momento emotivo que deu comezo coa despedida da secretaria en funcións Rosa e seguidamente a

comisión electoral composta por representantes das CCMM de Santa Cristina de Sabarís e de Peitieiros leron a composición da proposta da Xunta que subiu ao estrado sendo aprobada por unanimidade. Catro anos por diante con moitso traballos e moitso retos na defensa do monte veciñal e da propiedade comunitaria.
Durante o II Encontro europeo de montes veciñais-desenvolvemento
rural e o V Congreso de Comunidades de Montes contamos coa presenza de Armando Carvalho, en representación de BALADI-Federaçao Nacional dos Baldíos, a federación que agrupa aos montes veciñais de Portugal, (http://www.baladi.pt/sitio/). Armando deixounos unhas preocupantes palabras pola ameaza sobre os valdíos portugueses a traveso dos cambios normativos. Mais a tod@s pareceunos importante a súa presenza e fermosas as sáus palabras polo recoñecemento que ten a propiedade comunitaria en Portugal. Grazas ao movemento 25 de avril de 1974, a revolta dos cravos, esta propiedade consta na propia constitución da República portuguesa. Este foi un éxito conseguido pola sociedade do país veciño e motivo de que perviviran ata o momento. O futuro, ao igual que na Galiza, é incerto, mais só a unión da veciñanza comuneira, máis alá das fronteiras dos estados fromais, pode levar á defensa dun xeito e un uso do territorio peculiar na antiga Gallaecia romana.
Ven de rematar o V Congreso de Comunidades de Montes cuns traballos moi produtivos.

Primeiro o II Encontro europeo de montes veciñais-desenvolvemento rural, o venres 9 e maio pola tarde, bo número de participantes onde os convidados de Soria, Asturias e Portugal déronnos unha visión da súa situación, tamén as empresas que traballan no ámbito do monte coas comunidades.
Inauguración do V Congreso
Posta en marcha do congreso co saúdo do Presidente da
Deputación de Lugo, a partir de aí puxéronse en marcha as mesas do congreso nunha intensa e longa xornada, e moi fructífera.
Destacable homenaxe á comunidade de montes de Salcedo (Pontevedra) pola súa defensa do monte veciñal. Aquí podedes ver a intervención de Cristina Bugarín no despacho de abogados de Calixto Escariz.

Grupo de Montes Vecinales en Mano Común del IDEGA
O monte en Galicia é un elemento central á hora de desenvolver unha política agraria e
forestal adecuada, xa que, hoxe en día, representa o 63,6 % da superficie total galega, o cal dá a entender a importancia deste tipo de terras.