ENTIDADES SINDICAIS, MEDIOAMBIENTAIS E SOCIAIS  ESIXEN O REFORZAMENTO DO CARÁCTER XERMÁNICO DOS MONTES VECIÑAIS

As organizacións sindicais, medioambientais e sociais, abaixo asinantes, veñen de reuinirse en Compostela, o pasado día 27 de Xaneiro, para responder a lei de montes veciñais en man común que o Partido Popular pretende aprobar no presente ano.

Se ben e certo  que a día de hoxe non existe borrador do proxecto da nova lei de montes veciñais, taménée certo que da lectura do, xa definitvo, Libro Branco sobre a reforma da regulamentación dos montes veciñais en man común da comunidade autónoma galega, do que derivará o borrador do proxecto da nova lei de montes veciñais, e das declaraciöns püblicas feitas por responsabeis de Consellaría do Medio rural pódese asegurar que o obxetivo fundamental da nova lei de montes veciñais é a eliminación do carácter xermánico destas terras para proceder a súa privatización. É decir, eliminar o carácter indivisible e intransferibles das terras veciñais.

Así, no denominado Libro Branco para a regulamentación dos montes veciñais óodese ler que se vai a eliminar o carácter de imprescritibilidade dos montes veciñais, non só para poder privatizalos, senón tamén para legalizar as usuparcións que dos montes veciñais fixeron e siguen facendo diversas empresas. Ademais, pódese ler que van a modificar o concepto de veciño/a comuneiro/a dando entrada no mesmo a persoas físicas e xurídicas que aínda que non vivan no lugar onde se asenta o monte veciñal, si teñan algunha relación co mesmo.

As declaracións públicas de responsabeis de Consellaria do Medio rural aínda van máis lonxe neste intento de roubarlle os montes veciñais á veciñanza comuneira. Así, afirman que a nova lei de montes veciñais entregará estas terrras aos concellos con  que simplemente a propia Consellería declare en estado de abandono, como se os montes veciñais en man común fosen propiedades particulares do Partido Popular. Porque para eles,  un monte veciñal en estado de abandono será aquel que  incumpla cuestións meramente administrativas ou burocráticas como poden ser  non enviar a tempo o listado da veciñanza comuneria, a declaración de reinvestimentos obrigados ou tardar en elexir unha xunta reitora.  Sen base xurídica algunha, somentes con interés político, convirten  estas titularidades comunitarias en propiedades privadas para sacarllas á veciñanza comuneira e entregarllas a intereses capitalistas, especulativos e urbanisticos.

Aínda que non o explican claramente, xa que xogan a confundir, a Consellaría do Medio rural sabe perfectamente que para que a futura lei de montes veciñais contemple o que xa está escrito no chamado Libro Branco e dito nas declaracións públicas de responsabeis desta consellaría, teñen que eliminar o carácter xermánico dos montes veciñais. Sen esta eliminación non poden perpretar o roubo destas terras comunitarias .

As entidades sindicais, ambientais e sociais que se reuniron en Compostela acordaron manifestar publicamente o seu rexeitamento a este intento da Consellaría  do Medio rural de eliminar o carácter xermánico dos montes veciñais para proceder a sua privatización ou municipalización. E así, acordaron, enviar un escrito a¡á Dirección Xeral de Ordenación e Planificación forestal eixindolle que no borrador do proxecto da nova lei de montes veciñais se recolla o contido na  Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola ORGACCMM.  Unha ILP sobre os montes veciñais que foi elaborada por un número importante de comunidades de montes e avalada por 12.010 sinaturas. Ademais esta lei de montes veciñais contida na Iniciativa Lexislativa Popular prantexa a reafirmación do carácter xermánico dos montes veciñais, o recoñocemento da titularidade veciñal  como unha máis e distinta das titularidades públicas e privadas. Ademais, esixe unha política de montes que permita acadar un monte veciñal multifuncional e sustentabe e impide que os montes veciñais sexan expropiados  para beneficio das multinacionais .

As asociacións firmantes cordaron tamén constituirse en grupo de traballo para que, cando se faga público o borrador da nova lei de montes veciñais, presentar as achegas correspondentes para que a futura lei de montes veciñais estes sigan sendo titularidades veciñais, terras abertas con carácteristicas de ben común e de ben social.

Asociacións firmantes:

  • Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
  • Confederación Intersindical Galega
  • Ecoloxistas en Acción
  • Federación rural Galega
  • Instituto  galego  das terras comunitarias
  • Organización galega de comunidades de montes
  • Sindicato labrego galego

Subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais

 

[DESCARGAR PLIEGO AQUÍ]

Obxecto e finalidade
A finalidade desta orde é a incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común e as agrupacións forestais de xestión conxunta na realización de traballos de silvicultura preventiva que contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de gran importancia na nosa comunidade e, en conxunto, sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.

Ámbito de aplicación
O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común e ásagrupacións forestais de xestión conxunta da Comunidade Autónoma de Galicia, agásaqueles montes veciñais en man común que estean consorciados coa Administración, quenon solicitasen a rescisión ou transformación do dito consorcio. No caso de montes veciñais en man común consorciados coa Xunta de Galicia, poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades e as agrupacións forestais de xestión conxunta, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Axudas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos

 

[DESCARGAR PLIEGO AQUÍ]

Obxecto e finalidade
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas relativas aoscompromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, en réxime de concorrencia non competitiva, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR670E).

Entidades beneficiarias
Serán entidades beneficiarias as entidades locais, as comunidades de montes veciñais en man común, as agrupacións forestais de xestión conxunta inscritas no correspondente rexistro e os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.

Axudas servizos ecosistémicos
Esta orde será de aplicación aos montes ou terreos forestais, segundo a definición do artigo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, terreo), do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan ou estean en condición de obter un certificado de servizos ecosistémicos expedido por algún sistema de certificación forestal recoñecido e validado polos mercados nacionais e internacionais.

IV Edición do Dia de Loita da Veciñanza Comuneira

 IV Edición do Dia de Loita da Veciñanza Comuneira

  •  Eirón-Mazaricos, Local Social da Freguesía de  Eirón.
  • 18 de Xaneiro de 2025

            PROGRAMA

[Primeira parte]

  • 11:00h >- Presentación da IV Edición por INGATECO. Benvida polo Alcalde de Mazaricos.
  • 11:15h >- “Aproveitamento comunitario dos montes. Onte e hoxe.”

Intervén: Emilio López Pérez (Milucho). Sociólogo. Co-Fundador das Comisións Labregas, dos Comités de Axuda a Loita Labrega, do Sindicato Labrego Galego (SLG). Deputado no Parlamento Galego  polo BNG (1993-2005). Delegado da Consellería de Medio Rural en Lugo (2005-2009). Publicación: “A Terra sabe a Loita”.

  • 12,30 horas: Remate

[Segunda parte]

  • 13:00h >- Acto de homenaxe no Monumento na Braña da Gatiñeira de Eirón no cabodano do asesinato de José Esperante (O Ché) (22.01.63) e demáis represaliados na defensa das terras comunitarias.
  • 13:15h >- Intervencións de INGATECO, CONCELLO DE MAZARICOS,  ORGACCMM, FAMILIA ESPERANTE.
  • 13:30h >- Ofrenda floral. Himno Galego.

Colaboran: Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común  e o  Concello de Mazaricos.