Lonxa da madeira

Na Asemblea da ORGCCMM de Allariz acordouse costituír unha lonxa da madeira.

O que se pretende é facer una ferramenta en internet que sirva para contactar ós vendedores de madeira cos compradores, ofrecendo ó mesmo tempo un asesoramento na xestión da madeira.

Para isto neste momento a ORGCCMM está adar os primeiros pasos para a constitución legal e para recabar o interese das CCMM en integrarse no proxecto. Sería interesante que participe un grande número de comunidades para que o custe inicial sexa menor.

Obxectivos xerais e específicos:
Creación en soporte informático dunha lonxa galega de madeira. Dende esta lonxa organizaríanse as poxas de madeira que saquen ao mercado as Comunidades de Montes e tamén os pequenos propietarios de montes particulares. Unha vez posta en marcha e consolidada a súa función, a súa financiación  sería a través dun ha porcentaxe en cada venda de madeira.

Descrición das actividades que se propoñen dentro do proxecto:
O primeiro será facer una serie de charlas divulgativas nas que se difunda o servizo entre os propietarios forestais. Dentro desta rolda de charlas tamén se farán unhas demostracións prácticas de loteo e subasta.

O servizo ofrecido polo proxecto pretende facilitar a interacción e a conectividade entre profesionais dos aproveitamentos forestais e produtores de madeira. Para conseguir esto o promotor creará un portal web onde os produtores de madeira poderán anunciar os lotes en venta para que todo madeireiro interesado poda poñerse en contacto con el para realizarlle unha oferta económica.

O proceso de elaboración do servizo sería:
1. A comunidade propietaria decide vender a madeira dun rodal, dentro do seu plan de ordenación e do seu plan anual.

2. A comunidade informa á lonxa da previsión, cumplimentando un formulario on-line no portal relativo a volume características da madeira, ubicación, …

3. A oferta publícase no portal e súmase a outros lotes de comunidades da zona, polo que sae a subasta un lote en conxunto maior que o que pode propoñer unha comunidade.

4. Os posibles compradores comezan a amosar interese no lote publicitado.

5. O administrador do portal proporciona os datos de contacto dos propietarios aos compradores interesados.

6. Os propietarios seleccionan a mellor oferta entre os diferentes compradores.

7. O propietario informa ao administrador do portal do comprador seleccionado, polo que unha vez acordado, o administrador retira a oferta.