Máis de cento cincuenta representantes de Comunidades de Montes de toda Galicia déronse cita na Asemblea anual da
ORGCCMM en Allariz, celebrada o día 13 de abril.
O acto foi presentado polo alcalde Francisco García que deu a benvida aos presentes. Á asemblea asistiron representacións convidadas de ADEGA, FRUGA, SLG, BNG e Baldíos portugueses. O representante dos Baldíos, na súa intervención, comparou as ameazas sobre o monte galego coas existentes tamén nos montes portugueses.
Entre os principais temas e debates asamblearios, os comuneros analizaron a problemática dos montes vecinales consorciados ou conveniados (unhas 250.000 hectáreas en Galicia). Pereira explicou que, a raíz da aprobación da Lei de Montes de Galicia en 2012, os montes consorciados deberán pagar a «falsa» débeda á que se ven sometidos, supuestamente contraída coa administración, ou ben asinar un novo convenio de xestión pública para entregalos á empresa privada. Algo totalmente inxusto e tratarase a través da ORGCCMM de que a Xunta condone a débeda e que os montes pasen a ser xestionados en plenitude pola veciñanza, tal e como xa acontece en moitos montes comunais.
Un dos puntos cruciais da asemblea foi o acordo de creación dunha sociedade xurídica que permitaá poñer en marcha a lonxa virtual para madeira e outros produtos do monte. A asemblea refrendou a proposta de crear unha sociedade cun un único socio, que será a Organización Galega de Comunidade de Montes. Punto básico `para a posta en marcha deste proxecto.


Una respuesta a «Asemblea en Allariz»
Los comentarios están cerrados.