A Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) e os comuneiros do monte veciñal de Nebra, en Porto do Son, deron a coñecer ao longo da Asemblea da ORGCCMM a explotación de porco celta en extensivo que puxeron en marcha nesa zona con 50 cabezas. O obxectivo é recuperar esta raza autóctona e facilitar a conservación de 12 hectáreas de monte.
Representantes da CCMM de Nebra e de ASOPORCEL resaltoron o labor de limpeza que o gando realiza nos montes evitando os incendios forestales. Os porcos adican a maior parte do seu tempo a pastar tranquilamente en réxime de semiliberdade. Ambos fixeron un convite aos presentes para que visiten a explotación


