Os traballadores contra incendios constitúense en Plataforma

Os traballadores do dispositivo contra incendios da Xunta constitúense en Plataforma

 Nace una plataforma que defiende el servicio público contra incendios

 El personal contraincendios de la zona se organiza contra la privatización

A maioría da representación dos traballadores da extinción e prevención de incendios de Galicia veñen de constituir unha plataforma aberta a todo-los ámbitos da sociedade exceptúando partidos políticos para a reclamación e defensa dun servicio de prevención e extinción de incendios único, profesionalizado e no que se rexeita a privatización do mesmo.
A día de hoxe a plataforma está constituida polos comités de empresa de Seagasa(servicios agrarios galegos s.a), CIG,UXT, CNT, APROPIGA (Asociación do persoal laboral de prevención e extinción de incendios forestais de Galicia) e APRAFOGA (Asociación de axentes forestais e medioambientais de Galicia) e estamos escomenzando a rolda de invitacións a todo-los colectivos relacionados co monte galego para que se sumen a esta iniciativa.
Só cun servicio consensuado entre todolos grupos políticos, transparente nas adxudicacións, profesionalizado e baixo un mando e contratación único poderemos dar un servicio efizaz na defensa contra os incendios, polo que convidan a aqueles que queiran amosar o seu apoio a que se unan a esta plataforma e participen na manifestación que se vai celebrar este sábado día 29 dende ás 11:30 , partindo da estación de ferrocarril de Santiago de Compostela.

Máis información