Exito de convocatoria na defensa do monte veciñal

Baixo unha chuvia de orballo feble, mais persistente, máis de 2500 manifestantes percorreron Compostela reclamando unha Lei de Montes resepctuosa co monte veciñal. Comunieiros e comunieras chegados de todo o país compartiron pancartas cunha grande variedade de persoas solidarias cos montes abarrotando a Quintana. Entre as pancartas atopábase a da nosa ALIANZA. O actor Cesar Cambeiro recibiu aos presentes coa dramatización do asasinato e o testamento do monte galego. O presidente Pepe Pereira leu o manifesto na defensa do monte veciñal. Un acto emotivo que evidencia un monte, e un medio rural, vivos.

Album fotográfico no Face.