Campaña mobilización 9Xñ

A campaña de explicación de argumentos e promoción da manifestación convocada pola ORGCCMM baixo o lema POR UNHA LEI DE MONTES RESPECTUOSA CO MONTE VECIÑAL, do 9 de xuño, vai vento en popa e a toda máquina.

Mantivéronse xuntanzas coas organizacións políticas e recabouse o apio de BNG, PSOE e EU.

Estanse facendo xuntanzas por toda Galiza, neste momento con xuntanzas nas que levan participando máis de 80 CCMM. Están previstas nas vindeiras semanas novas convocatorias de mancomunidades e comunidades para informar da convocatoria.

A web, o blog , o evento e o facebook recollern diversa información, cartaces e argumentos.

Estase poñendo a punto a infraestructura e loxística, pensando os lemas e preparando a pancarta da cabeceira.

As entidades da Alianza: ADEGA, GIC e FRUGA están transladando a inforamción aos seus socios, afiliados e colaboradores.

Está chegando o apoio doutras entidades: AMIGOS DA TERRA, SLG

E seguimos…

Nova de prensa1

Nova de prensa2

POR UNHA LEI DE MONTES RESPECTUOSA CO MONTE VECIÑAL

POR UN MONTE VIVO

 

2 respuestas a «Campaña mobilización 9Xñ»

Los comentarios están cerrados.