Ampla representación na Asemblea da ORGCCMM

Ampla representación das Comunidades de Montes na Asemblea da Organización Galega de Comunidades de Montes en Monforte, onde máis de 150 entidades de todo o país estiveron presentes. Presenza na mesma de rerpesentantes da CIG, FRUGA, ADEGA e SLG, tamén do PSOE e BNG. Preparando unha contundente resposta á Lei de Montes, na defensa do monte comunal e do Rural Vivo. Moitos temas e longa xornada, como sempre acontece nas asembleas, pois é dificil xuntar tanta xentede tantos lugares, polo que as ordes do día son extensas. Logo do intenso debate xantar de confraternización no Parador.