Alianza por un medio rural galego vivo: unha ferramenta para o País

O documento da Alianza por un medio rural galego vivo, foi asinado por Adega , CIG, Fruga e a Orgaccmm. A sinatura da Alianza pecha un proceso que deu comezo no Congreso de Montes onde se acordou a percura de apoios sociais e abre un abano de posibilidades futuras no sentido de poder incorporar á mesma outras entidades.


A Alianza  ten que estar aberta a entrada de outras organizacións. Mais as  organizacións que queiran formar parte da Alianza , teñen que cumprir unhas condicións. Teñen que ser organizacións que, ademais de defender os seus intereses sectoriais, teñen que defender os intereses das maiorias sociais do País. Teñen que ser de ameto e de obediencia galega, e dicir, forzas propias do País. Teñen que aceptar o funcionamento democrático , respectando as opinións minoritarias e a vida interna e os principios de cada organización. Se non se cumpren estas condicións, a Alianza non será estratéxica e xa que logo, terá data de caducidade.

Faise preciso dar resposta a todas as agresións que padece o medio rural, agresións de tipo lexislativo, normativo, de proxectos ….

Esta Alianza ten que ser estratéxica  para o territorio, para as populacións do territorio, para o Pais. Polo tanto, ten que ter continuidade no tempo.

Artigo de Xosé Alfredo Pereira

2 respuestas a «Alianza por un medio rural galego vivo: unha ferramenta para o País»

Los comentarios están cerrados.