Denuncian que a Consellería do Medio Rural pretende criminalizar á sociedade polos lumes forestais

  •  A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que a Consellería do Medio Rural sostén no seu anteproxecto da lei de loita integral contra os incendios forestais, que as Comunidades de Montes podan ser sancionadas cando se produza un lume nas súas terras, aínda que o lume sexa provocado por terceiros. 
  • A ORGACCMM sinala que ademais en dito anteproxeto se contempla a prohibición de emitir opinións acerca da problemática dos lumes, impoñendo sancións para aquelas persoas que se atrevan sinxelamente a exercitar  o dereito da liberdade de expresión.

A Consellería do Medio Rural ten en período de consulta pública ao anteproxecto da lei de loita integral contra os incendios forestais.  Segundo poido comprobar a Organización Galega de Comunidades de Montes, neste anteproxecto a Consellería do Medio Rural entende que os lumes no territorio galego son un problema somentes de orde público ao que se deben aplicar solucións unicamente policiais.

Sinalan que no anteproxecto non se recoñoce que a problemática dos lumes do territorio teñen causas estruturais como omonocultivo forestal con especies de crecemento  rápido, a desordenación das masas boscosas ou o abandono do rural  despoboación, entre outras. O documento presentado pola Consellería do Medio Rural non precolle a necesidade de camiñar cara a unha política de montes  que posibilite un monte veciñal multifuncional e sustentabel, que e a ferramenta máis eficaz contra os lumes, como está de sobra demostrado.

Pola contra, denuncian, que neste anteproxecto de lei de loita integral contra os lumes forestais, a Consellería do Medio Rural pretende impedir que os titulares dos montes veciñais sexan os protagonistas da posta en valor das súas terras. Pretenden lexislar para sacarlles os seus dereitos, cargalos de obrigacións, e mesmo culpaloos  e sancionalos cando se produza un lume nas súas terras, aínda que a culpabilidade do orixe do lume sexa de terceiros.

A Consellería do Medio Rural intenta que a lei que se derivará do anteproxecto de loita integral contra os lumes forestais se leve adiante impoñendo o silencio. Así ,contempla a creación dun Consello Consultivo conformado por 19 persoas, das cales 15 son representantes de diversas administracións e so 4 persoas representando aos titulares dos montes e ás organizacións relacionadas co medio rural.

Ademais de todo isto , alertan desde a ORGACCMM que para a Consellería este silencio non e suficiente, xa que tamén prentende a prohibición de emitir opinións acerca da problemática dos lumes , contemplando incluso sancións para aquelas persoas que se atrevan sinxelamente a exercitar  o dereito universal da liberdade de opinión e expresión.

A Organización Galega de comunidades de montes veciñais en man común ven de presentar achegas ao anteproxecto de lei de loita integral contra os lumes. As liñas fundamentais de estas achegas son:

  • Deseñar unha política de montes inxertada nunha ordenación do territorio e nunha ordenación do uso das terras. Na que se valore os servizos ecosistémicos que prestan os montes veciñais en beneficio de toda a sociedade.
  • Entender que a loita máis eficaz contra os lumes do territorio e o acadar un monte multifuncional e sustentabel. Neste camiño e necesaria a  apertura de unha liña de axudas para as comunidades de montes que permitan a valoración integral do monte e a aposta pola súa multifuncionalidade .
  • Informar aos titulares nos que as súas terras padeceron un lume do dispositivo empregado na loita contra o lume. Así como a participación das comunidades de montes en todos os órganos consultivos e de planificación da loita contra os lumes, dende o Consello Forestal de Galiza ate os consellos forestais de distrito.
  • Eliminar do texto do anteproxecto de lei  de loita integral contra os lumes todos os artigos que contemplen prantexamentos autoritarios e de libre interpretación pola Consellaría do Medio Rural.

Denuncian o intento de perpetuar a usurpación franquista dos montes veciñais.

 

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes  denuncia a manipulación da recén creada plataforma de supostos afectados polas comunidades de montes.
  • A ORGACCMM sinala que detrás desta plataforma está o interese espurio dalguns empresarios por perpetuar a usurpación franquista do monte veciñal.

A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que recentemente anunciouse a constitución dunha plataforma que, cunha manipulación torticera, autodenominase afectados polas comunidades de montes .Esta plataforma está conformada por particulares e empresarios dos concellos de Vigo e de Mos. Os cales indican que o motivo para súa constitución é o sentirse  nunha inseguridade xurídica .

A ORGACCMM sinala que alegan inseguridade xurídica a sabendas de que están ocupando unhas terras, ben en réxime de cesión ou en réxime de propiedade, que non son súas senon de titularidade dos montes veciñais en man común, cuxa propiedad de lexitima pertence às comunidades de montes.

Unhas terras que lle foron cedidas ou vendidas polos respectivos concellos cando estes non eran titulares lexitimos destas terras, senon  que eran os beneficiarios da usurpación dos montes veciñais levada adiante pola ditadura franquista. E estes empresarios, para perpetuar esta ilegalidade, exisenlle á Xunta de Galiza que acometa unha nova usurpación dos montes veciñais que beneficie os seus intereses particulares.

Para a Organización Galega, n o caso do empresariado, chove sobre mollado. Esta clase social leva moito tempo tentando que se privaticen os montes veciñais para acaparalos a prezo de saldo .Esta clase social cando decide montar unha empresa ten que valorar se ten terreos para asentala .E se non os posúe ,ten que negociar cos titulares das terras para conseguilos .A clase empresarial, tan defensora da que chaman sacrasanta propiedade privada, desprezan a propiedade veciñal. A desprezan por que queren restarlle a lexitimidade para  pusuila eles.

«Se os terreos onde se asentan alegalmente as súas empresas fosen de propiedade privada, esixirianlle a Xunta de Galiza a usurpación dos mesmos? .Seguro que non«, denota Xose A. Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes.

Cuestión algo distinta é, para ORGACCMM,  o caso dos particulares que veñen ocupando montes veciñais en réxime de propiedade, superficies adquiridas tamén de xeito alegal, xa que quen llas cedeu ou vendou foi un concello que non era titular das mesmas senon que era o beneficiario da usurpación franquista e ilegal dos montes veciñais.

«Xa que se sínten afectados pola inseguridade xurídica que alegan, os culpables non somos as comunidades de montes, senon os concellos. Polo tanto as súas reclamacións de danos e perxuizos deben dirixilas a estas administracións, non contra nós, os lexitimos propietarios», subliñan desde a ORGACCMM.

Para a Organización Galega de Comunidades de Montes as verdadeiras afectadas por esta situación que prantexa esta plataforma de afectados son as propias comunidades de montes. Unhas comunidades de montes galegas que por mor da usurpación franquista dos montes veciñais non poderon dispor durante moitos anos dunhas terras que lles pertenecen dende tempos inmemoriais.

A Organización Galega de Comunidades de Montes rexeita plenamente este novo intento dunha  nova usurpación dos montes veciñais en man común que pretende a chamada plataforma de supostos afectados polas comunidades de montes.

Ao mesmo tempo, a ORGACCMM reclama que a lei de montes veciñais en man común, no que fai respecto a usurpación dos montes veciñais, recolla o contido da proposta para unha nova lei de montes veciñais contemplada na Iniciativa Lexislativa Popular, presentada pola propia ORGACCMM e que foi avalada por 12.010 sinatura. Segundo a cal deben declararse nulos de pleno dereito todos os actos e negocios xurídicos levados adiante polos concellos no tempo que durou a usurpación franquista dos montes veciñais.

APOIO A MANIFESTACIÓN EOLICOS ASI NON.

APOIO A MANIFESTACIÓN QUE TERÁ LUGAR O DIA 23 DE ABRIL DE 2023 ,CONVOCADA POLA PLATAFORMA EOLICOS ASI NON.

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) manifesta o seu apoio a manifestación que convocada pola plataforma Eólicos Así Non, terá lugar o domingo 23 de Abril as 12 horas en Compostela, diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza (San Caetano) .

A manifestación, que rodeará os edificios administrativos da Xunta de Galiza, esixira o remate do expolio do territorio galego  ao servizo das multinacionais enerxéticas que acarrexa o actual modelo de desenvolvemento da enerxía eólica.

Reclamase que non  se autorice ningún proxecto macroeólico  máis mentras  non haxa unha planificación eólica diseñada por e para o pobo, pública  e ordenada. Que se restitúan  os dereitos de participación pública nos procesos de autorización. Que se derogen as chamadas leixes depedradoras (lei de fomento de economía e de simplificación administrativa) e se contemplen as garantias medioambientais precisas.

A ORGACCMM fai un chamamento ás comunidades de montes para que asistan a esta manifestación que, convocada pola plataforma Eólicos Así Non, terá lugar en Compostela o domingo 23 de Abril de 2023.

Carta de apoio a Lei de Montes Veciñais contida na ILP da ORGACCMM

A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita o apoio do tecido asociativo galego para defender o monte veciñal e que cando a Consellería do medio rural proceda a modificar a lei de montes veciñais actualmente vixente, a nova lei de montes veciñais esté fundamentada  na ILP presentada pola ORGACCMM e que foi elaborada por un número importante de comunidades de montes e avalada por 12.010 sinaturas.

Modelos de cartas de apoio para descargar:

Convocatoría Asemblea Xeral ordinaria

 Convocatoría Asemblea Xeral ordinaria:

  • SABADO 18 DE MARZO
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE GOIAN (TOMIÑO)
  • AS 10´00 HORAS 

ORDE DO DIA:

  1. LECTURA E APROBACIÓN DO ACTA ANTERIOR
  2. ALTAS E BAIXAS NO CENSO DE COMUNIDADES.
  3. APROBACIÓN ,SE PROCEDE, DO INFORME DE XESTIÓN DA XUNTA REITORA.
  4. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO ESTADO DE CONTAS E DA CUOTA PARA O 2023.
  5. POSTURA A TOMAR LOGO DO REXEITAMENTO NO PARLAMENTO GALELGO DA INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR –LEI DE MONTES VECIÑAIS .
  6. INFORACIÓN DE LEIXES E MODIFICACIÓNS DE LEIXES RELACIONADAS COS MONTES VECIÑAIS .
  7. CREACIÓN ,SE PROCEDE ,DE UNHA ENTIDADE PARA COMERCIALIZAR CONXUNTAMENTE A CAPTURA DE CO2 DOS MONTES VECIÑIAIS.
  8. PROPOSTAS E PREGUNTAS .

Esta asemblea xeral esta aberta a todas as comunidades de montes que queiran asistir.

Dia de Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal

O 21 de Xaneiro de 2023, celebraremos a II Edición do  “Día de Loita da Veciñanza Comuneira, na Defensa do Monte Veciñal”. Data importante na historia da defensa da terra e do monte veciñal en man común, en memoria das loitas dos veciños e veciñas de moitos lugares e parroquias da Galiza contra os intentos e feitos consumados de roubo e usurpación, ca represión con feridos e feridas, cadéa, e morte, como a que tivera lugar no lugar escollido como acto central da Galiza para ésta celebración, na Parroquia de San Fins de Eirón no Concello de Mazaricos, donde o 22 de Xaneiro de 1963, fora asesinado Xosé Esperante “Che de Pedro”.

As Terras Comunitarias-Os Montes Veciñáis seguen por desgraza, a recibir constantes ataques a súa integridade, sempre por intereses especulativos.

O 21 de Xaneiro de 2023 no Auditorio de Mazaricos, como acto previo, farémos unha homenaxe a aquelas persoas que tiveron a coraxe de utilizar medios gráficos ou audiovisuais para denunciar as loitas e conflictos na defensa desas terras. Dende a organización do acto, consideramos ter unha débeda co director e realizador Llorenç Soler, recentemente falecido, autor entre outras de “Autoestrada, unha navallada a nosa terra” ou “ O Monte e Noso”.

Programa:

Data: 21 de Xaneiro de 2023

Lugar: Salón de Actos Concello de Mazaricos (A Coruña).

11,00 horas.

  • Recepción e benvida do Alcalde de Mazaricos.
  • Saúda e intervención do Presidente da ORGACCMM.
  • Introducción a homenaxe. Proxección da curtametraxe: O Monte e Noso.

12,30 horas: Desprazamento o Monte Veciñal da parroquia de Eirón, lugar dos feitos de 1963.

13,00 horas: Acto do Dia de Loita da Veciñanza Comuneira, na Defensa do Monte Veciñal.

  • Presentación a cargo do Pte. do INGATECO.
  • Intervención do Pte. da ORGACCMM.
  • Intervención familia Esperante.
  • Ofrenda floral.
  • Himno Galego.

O Monte Veciñal en Man Común, as comuneiras e comuneiros, merecen un recoñecemento da sociedade galega. Agardamos poder contar ca vosa participación. Saúde e Terra

  • Instituto Galego das Terras Comunitarias
  • Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común

ORGANIZAN: Dia de Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal

COLABORA : Concello de Mazaricos.

Agora: Que facer?

Veciñanza comuneira no Parlamento galego

DEBATE DA ILP-LEI DE MONTES VECIÑAIS NO PARLAMENTO GALEGO:

O PARTIDO POPULAR ANTIDEMOCRÁTICO E ENEMIGO DO MONTE VECIÑAL

O pasado dia 22 de novembro debateuse no Parlamento galego a toma en consideración da proposición de lei de montes veciñais en man común, ptomovida mediante a nosa Iniciativa Lexislativa Popular.

Os votos en contra do grupo parlamentar do Partido Popular ímpediron que a proposición de lei fose tomada en consideración e iniciase a súa tramitación parlamentar ordinaria. Con este posicionamento o Partido Popular deixou dúas cousas claras: A democracia so lles vale cando é útil para defender os seus  intereses  e que son o enemigo público número un dos montes veciñais .

A democracia vale somentes cando lles vale: 

O Partido Popular para impedir que houbese  un debate social e participativo sobre os montes veciñais en man común non respecta nin siquera uns mínimos principios democráticos.

Intervención do presidente da ORGACCMM no Parlamento galego

No caso da proposición de lei de montes veciñais non lles valeu que viñese avalada por 12.010 sinaturas da veciñanza comuneira, nin que recollese o sentir de un número importante de comunidades de montes do pais. A este desprezo ás 12.010 sinaturas comuneiras hai que engadir a ausencia de todo o goberno da Xunta de Galiza no pleno do Parlamento, incluído o conselleiro de medio rural, amosando así o desprezo que ten o Partido Popular cara os montes veciñais .

Por non valer, nin siquera lles valeu que a proposición de lei de montes veciñais viñese tamén avalada por acordos maioritarios dos concellos e das deputacións de Galiza. Na mairía destas institucións a proposición de lei de montes veciñais foi aprobada coa abstención do PP e os votos favorabeis do BNG e do PSOE. Mesmo na deputación provincial de Ourense foi aprobada por unanimidade. Mais o grupo parlamentar do Partido Popular nun acto de incoherencia política votou en contra do sentir dos seus compañeiros e compañeiras nestas institucións .

Enemigo público número un dos montes veciñais en man común:

No debate parlamentar da proposición de lei o Partido Popular deixou claro a intención do  hacia os montes veciñais, que non e outra que a súa eliminación. Así o manifestou a portavoz do grupo parlamentar do Partido Popular cando afirmou que a consellería do medio rural, mediante o que viu a chamar «libro blanco», prantexa o dotar as comunidades de montes veciñais en man común de personalidade xurídica .

Dotar as comunidades de montes veciñais en man común de personalidade xurídica é eliminar o carácter xermánico da titularidade veciñal. É converter, de xeito ilegal, en propiedades de carácter privado as terras comunitarias. Coa clara intención de que deste xeito poidan entrar no tráfico do comercio e ser acaparadas por interese económicos, especulativos ou urbanísticos alleos aos intereses da veciñanza comuneira.

Por iso, o Partido Popular e as asociacións forestais que o apoian, rexeitan calquera lei de montes veciñais que  reforze a titularidade veciñal de estas terras comunitarias.

Que facer agora?

Diante desta usurpación, deste roubo dos montes veciñais, que prantexa levar adiante o Partido Popular, a veciñanza comuneira, como sempre fixo ao traverso da historia, ten que armar a resistencia para non perder as súas terras comunitarias. Facer o que xa está facendo: Organizar as comunidades de montes, pór os montes veciñais en valor de xeito multifuncional e sustentabel e seguir mobilizándose ante os ataques aos nosos montes veciñais.

Mais tamén e preciso acadar unha lei de montes veciñais que defenda o carácter xermánico de estas terras e as sitúe en pe de igualdade coas titularidades públicas e privadas. E neste punto compre que a veciñanza comuneira fagamos unha reflexión: As leis apróbanas os parlamentos, e aos parlamentarios e parlamentarias elíximolos nos diversos procesos electorais.

Acadar unha lei de montes veciñais axeitada a figura dos montes veciñais en  man común é a mellor defensa destas terras. E sería tamén o que faría pasar a historia ao PP e as asociacións forestais que o apoian como usurpadores fracasados dos montes veciñais en man común.

 

 

Mobilizacións «Eólica, Así Non» 11D


A Coordenadora “Eólica, Así Non”, baixo o lema “Temos alternativa. Enerxía xusta por e para o pobo“, convoca unha manifestación fronte a actual invasión eólica do territorio galego. As manifestacións terán lugar o día 11 de Decembro de 2022, o día das Montañas.

Os máis de 300 proxectos de enerxía eólica en tramitación no pais, xunto coas liñas de evacuación e outras infraestruturas, sumados aos xa en funcionamento, terán un impacto irreparabel no conxunto do territorio galego e especialmente nos montes veciñais.

A vaga eólica que estamos a vivir entrega o territorio galego aos intereses do oligopolio elétrico pondo en risco a supervivencia do rural galego e o equilibrio ecolóxico do pais. Para os montes veciñais implica unha expropiación directa dos montes sen ter en conta a opinión da veciñanza comuneira.

A Organización Galega de Comunidades de Montes apoia as mobilizacións convocadas pola Coordenadora “Eólicos Así Non “ para o dia 11 de Decembro. Mobilizacións que terán lugar nas localidades de:  A Baña, Coristanco, Moeche, A Fonsagrada, Becerreá, Foz, Lugo, Antas de Ulla, Meira, Mondoñedo, Forcarei, Moaña, Pontevedra, Xinzo, …

O Partido Popular veta a ILP en defensa dos montes veciñais

  • A pesar do chamamento da  Organización Galega de Comunidades de Montes a buscar consenso e admitir a trámite a ILP en defensa do monte veciñal para logo ser debatida no Parlamento, o Partido Popular aplicou o seu rodillo parlamentario e votou en contra.

O presidente da ORGACCMM, Xose A. Pereira, interviu hoxe na sesión plenaria do Parlamento para solicitar aos grupos parlamentarios que favorecesen co seu voto a tramitación da Inciativa Lexislativa Popular para unha nova lei de Montes Veciñais que defenda ás comunidades de montes galegas. A pesar do chamamento e de que só se trataba de admitilo a trámite para posterior debate o PP votou en contra e impediu así que se debatera no Parlamento galego, desprezando as miles de persoas que firmaron e avalaron a iniciativa lexislativa da veciñanza comuneira.

Na súa intervención, a representante do Partido Popular deixou claro a súa pretensión de privatizar os montes veciñais galegos para entregarllos de balde para o seu expolio. As comunidades de montes, o seu carácter de propiedade veciñal e a súa xestión comunal son un impedimento para os seus plans.

O presidente da ORGACCMM reafirmou na tribuna que as Comunidades de Montes de Galicia imos resistir a este novo ataque contra o monte veciñal orquestado polo Partido Popular.

ACHEGAS A LEI DE ACOMPAÑAMENTOS OS ORZAMENTOS XERAIS 2023.

ACHEGAS DA ORGACCMM AS MODIFICACIÓNS DA LEI  7/2012 DO 28 DE XUÑO DE MONTES DE GALIZA PREVISTAS NA LEI DE ACOMPAÑAMENTOS OS ORZAMENTOS XERAIS DA XUNTA DE GALIZA PARA O ANO 2023.

Dezasete. Engádese unha disposición adicional terceira bis, coa seguinte redacción “Disposición adicional terceira bis. Consideración da cesión ou mantemento do carbono nos montes como aproveitamento forestal e protección da integridade das comunidades de montes “.

Primeira: No titulo da disposición adicional terceira bis .sustituir a palabra “cesión “ pola palabra “almacenamento”.

Explicación: Se se mantén a palabra “cesión “,somentes poderán almacenar carbono ,as terras nas que o titular ceda este aproveitamento a terceiros .

Segunda: Engadir no punto 1, un punto 1bis con seguinte texto: ”Todas as masas arbóreas, tanto as derivadas de plantacións como as espontáneas, almacenan carbono, se ben as derivadas de plantacións e plantacións xestionadas. poderán ter unha prima de almacenamento do carbono. Tamén almacena carbono a vexetación do solo: mato, fento, brións, turbeiras,…»

Explicación: Se esta achega non queda refrexada na modificación da lei 7/2012 ,de montes de Galiza, entendese que so capturaran C02, as masas arboreas definidas no  decreto do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico. E dicer aquelas plantacións derivadas de un cambio de uso do terreo ou de terreos que padeceran un lume. Este criterio e totalmente negativo para o territorio galego xa que, no primeiro dos casos fomenta a forestación de terras agrarias e no segundo dos casos, convirtese nun alicente para que os lumes sigan sendo un problema para o territorio e para as poboacións.

Terceira: Engadir no punto 1, un punto 1 ter co seguinte texto: ”As comunidades de montes veciñais en man común de xeito individual ou agrupado con outras comunidades de montes, poderán vender créditos de carbono directamente.”

Explicación :Se non se contempla esta cuestión ,non e certo o que afirma a modificación prantexa cando afirma que o almacenamento do carbono nos montes e un aproveitamento forestal .E non o é xa que impide a xestión directa polas comunidades de montes .obrigandoos a cedelas a terceiros mediante un acto de disposición.

Cuarta : No  punto 2,cambear o inicio do texto polo seguinte inicio: Tamén poderanse realizar negocios xurídicos……………………………..

Explicación: En consonancia coa achega anterior .

Quinta  :Engadir ao final do úlitimo parráfago do punto 3 ,o seguinte texto:”cuestión que ten que quedar refrexado no primeiro acordo de cesión.Así mesmo ,no contrato de cesión tamén debe quedar refrexado,as responsabilidades tanto do titular do terreo como do beneficiario da cesión ,no caso de que a masa arborea ,no caso de catástrofes (lumes ,pragas ,inundacións….)”.

Explicación :Non se debe deixar os subarrendamentos  ao libre albedrio do beneficiario da cesión .

Dezaoito.Engadese unha disposición adicional terceira  ter,coa seguinte redación:Disposición adicional  .Sistema voluntario de créditos de carbono.

Primeira: No punto 1 ,sustituír o texto que vai dende o inicio ate “as súas actividades” ,polo seguinte texto:”A Xunta de Galiza  articulará un sistema de créditos de carácter voluntario cun rexistro no que se poderán inscribir  os dereitos de carbono existentes nas súas terras .”

Explicación: O tempo do verbo aplicar siñifica que algo se faga ou que algo se poida facer .En dereito cando se fala de persoas,falase de físicas ou de xurídicas ,pero as comunidades de montes non son persoas ,pero son titulares dos montes que almacenan carbono .Se se di que os dereitos de carbono e o xerádo grazas as actividades ,quere decir que so se contabilizará o almacenamento de carbono proviente de novas plantacións .

Segunda: Sustituir o texto do segundo parrafago do punto 1 ,polo seguinte texto; “O sistema contabilizará  todo o almacenamento do carbono tanto das masas arboreas como da vexetación  do solo,se ben ,primando a xestión sustentabel .No caso das frondosas autóctonas o calculo de almacenamento do carbono incluirá toda a vida do arbol.No calculo de almacenamento de carbono ,tamén se diferenciará ,aquelas masas arboreas que o seu destino final e a queima ,daquela que o seu destino final e a súa transformación en produtos ,xa que estes siguen  almacenando carbono .

Na   a adxudicación de obra ou servizo público baremarese positivamente as empresas que adquiran bonos de captura de C02 dos montes galegos .

Explicación: Se non se fai asi ,ainda que millora algo .o único que fai as modificacións a lei de montes de Galiza ,e aplicar o decreto do Ministerio de Transición Ecoloxica e Reto Democrático que como explicamos na explicación de unha achega anterior ,e negativo para o territorio galego e para as populacións que nel habita .

Achega xenérica:Sustituir en todo o texto das dúas modificacións a lei de montes de Galiza ,”persoas titulares dos dereitos “ por “titulares dos dereitos”.

Explicación:Ademais da xa dada na explicación de unha achega anterior ,hai que ter en conta que estamos a falar de dúas modificación a lei de montes de Galiza e  de que a maior parte do texto das mesmas ,esta referido dos montes veciñais en man común.Xa que logo que os autores-autoras do texto falen de persoas titulares dos dereitos e non de titularidades dos dereitos ,e intencionada.Está intimamente relacionada co intento da consellería do medio rural de dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica .