Apoios e oposición á Lei de Montes

Borrador da Lei de Montes de Galiza, entidades do sector, coherencias e incoherencias

Compre lembrar a posición das entidades representadas no Consello Forestal de Galiza, celebrado o 9 de novembro do 2011, onde foi aprobada (aínda que sen ningún tipo de votación), o borrador da Lei de Montes de Galiza para que iniciara o trámite parlamentar, onde está neste momento. De todas as entidades do sector, que compoñen o consello forestal, só o Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra e a Organización galega de comunidades de montes, se manifestaron  en contra.

Compre destacar que o gabinete xurídico no parlamento, en pleno debate do borrador da Lei, recoñeceu a posibilidade de que a PROPIEDADE COMUNITARIA existe ao mesmo nivel que a propiedade privada ou pública, tal e como recolle a constitución da República Portuguesa. Se non se admite é por unha decisión política do goberno da Xunta e do PP.

A voz da ORGCCMM nas terras da montaña luguesa

O pasado venres día 1 de xuño a ORGCCMM, a través de Alfredo López, presentou unha conferencia aos comuneir@s de Negueira de Muñíz e o sábado día 2 aos da Fonsagrada. Ademais e repasar o interese da propiedade comunitaria para o noso país expúsose o labor da entidade na defensa do monte veciñal dianta do borrador da Lei de Montes. Os detates sobre a realidade dos monte na montaña luguesa e as consultas sobre problemáticas particulares da zona foron numerosas.

Defender o monte veciñal é defender o pais: movilicémonos o dia 9 de xuño

Defender o monte veciñal é defender o pais: movilicémonos o dia 9 de xuño

A Lei de Montes de Galiza que se está a debater no Parlamento Galego, non respecta nin a figura, nin as funcións dos montes veciñais.

O dia 9 de Xuño en Santiago de Compostela, a veciñanza comuneira e o pobo galego compre que llo digamos alto e forte ao Partido Popular e aos intereses económicos, especulativos e urbanísticos que o monte veciñal foi noso, é noso, e será sempre noso. E o pronome noso, non vai referido somentes a veciñanza comuneira, senón a todos os galegos e galegas. Porque o monte veciñal e unha das nosas sinal de identidade, porque é outra forma de posuír que temos os galegos e as galegas.

Vémonos pois en Santiago de Compostela o dia 9 de Xuño as 12 da mañá na estación do ferrocarril.

Espallando a necesidade de estarmos o 9Xñ en Compostela

O venres día 1 de xuño Alfredo Pereira, Presidente da ORGACCMM está convidado ao acto informativo sobre a http://orgaccmm.blogaliza.org/files/2012/05/PEGATA.jpg

Lei de Montes e as Fumigacións, organziado polo BNG.

As 20: 30 h en Borreiros, Godomar. Intervirá o deputado no parlamento Henrique Vieitiez

O venres día 1 de xuño Charla sobre a ORGCCMM e a Lei de Montes as 20:00 h en Negueira de Muñíz

O sábado día 2 de xuño Charla sobre a ORGCCMM e a Lei de Montes as 11:30 h na Fonsagrada

Súmate ao evento: Manifestación contra a Lei de Montes en Facebook

Durante estas dúas semanas podes sumarte ao Evento  do Facebook.

Podes consultar o perfil do Facebook da ORGCCMM:

http://www.facebook.com/orgccmm.organizaciongalegademontes.

É posible que atopes outro perfil de Facebook co enderezo: http://www.facebook.com/orgmcmc.montes. Tamén é noso mais tivemos que abandonalo por cambio de correo de xestión e extravío das chaves, o que non foi posible recuperalas, tomando a decisión de abrir o novo perfil.

 

Evento

Materiais e documentos convocatoria Manifestación 9Xñ

A ORGCCMM convoca para o día 9 de xuño en Santiago de Compostela unha manifestación en contra da Lei de Montes que o goberno está a tramitar.

Criterios explicativos dos motivos polos que a ORGCCMM oponse ao proxecto de Lei de montes do PP, podes descargalos AQUIPara completar a información tedes: Borrador da lei de Montes, Alegacións da Lei de Montes (entre as que se atopan as presentadas pola ORGCCMM, as Mancomundiades e as CCMM)

Materiais para descargar e distribuír

Cartaz a cor sinxelo

Cartaz a cor con criterios

Cartaz a branco e negro con criterios

Tarxeta formato autocolante

Apoia a caonvocatoria a ALIANZA POR UN MONTE VIVO: ORGCCMM; ADEGA, FRUGA, CIG

Tamén amosaron o seu apoio á mobilización: SLG, Amigos da Terra, PSOE, EU, BNG.

A Mancomunidade de Montes do Val Miñor en contra das fumigacións

A Mancomunidade de Montes do Val Miñor elixe a súa nova directiva e as liñas de traballo nos vindeiros anos.

A Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común do Val Miñor, entidade que agrupa a 14 Comunidades de Montes do Val Miñor, reuniuse onte venres en Borreiros para decidir a liña a seguir nos vindeiros anos.

Elección da Xunta Directiva

Nesta xuntanza tivo lugar a renovación da Xunta Directiva que dirixirá a Mancomunidade nos vindeiros catro anos. A Directiva seguirá presidida por Latino Rodriguez, da CCMM de Borreiros, e conta con novas incorporacións de comuneiros como Ramón Esteves da CCMM de Sta Cristina e coa continuidade doutros como:  Alberto Covelo da CCMM de Vincios, Xosé Alfredo pereira, da CCMM de Sta Cristina, Luciano Iglesias da CCMM de Chandebrito e Alfredo López da CCMM de Peitieiros. Unha directiva que continuará coa liña de traballo dos anos anteriores tratando de relanzar proxectos paralizados por cuestións burocráticas como a Planta de Compostaxe.

Por unha Lei de Montes respectuosa co Monte Veciñal

Xosé Alfredo Pereira, membro da Xunta Reitora e Presidente da Organización Galega de Montes Veciñais, expuxo a información relativa á organización da manifestación que esta entidade co apoio da Alianza formada con CIG, FRUGA e ADEGA, vai celebrar o día 9 de xuño en Compostela para reclamar unha Lei de Montes respectuosa co Monte veciñal.

O Monte Veciñal en Man Común (MVMC) é unha figura propia de Galicia que define as superficies de aproveitamento comunal. A orixe xurídica desta figura, remóntase á propiedade xermánica e o seu obxecto foi o de aportar recursos a unha sociedade rural tradicional cun sistema productivo baseado no multicultivo e na gandería. A ORGCCMM defende a instauración dunha titularidade comunitaria propia dos montes veciñais e que os distinga da titularidade pública e privada, esta reclamación está apoiada nos informes xurídicos dos propios técnicos do Parlamento de Galicia e Consellería do Medio Rural.

Posición contra as fumigacións

Na xuntanza expúxose a información relativa ao proxecto de fumigacións para combater o gorgullo do eucalipto (Gonipterus), que a Xunta tiña intención de autorizar. Nestas fumigacións está previsto utilizar un produto denominado Cascade (flufenuxeron), prohibido na Unión Europea. O uso deste produto afecta negativamente ás abellas, a outros insectos e ao ecosistema en xeral, ademais de ser un risco para as persoas polo risco de entrada nas traídas de augas a través de filtracións e acuíferos.

É por iso que a Mancomunidade manifestou a súa oposición a este tipo de tratamento apoiando o tratamento biolóxico contra o gorgullo mediante o uso dun abellón parasito (Anaphaes nitens), ao consideralo máis efectivo, específico e sen consecuencias para outras especies nin para o ecosistema.

A ORGCMM tense integrado recentemente na Plataforma contra as Fumigacións e apoia as actuacións que esta entidade realiza, como a entrega de máis de 80 mil sinaturas en contra desta agresiva actuación por considerala perigosa para a saúde humana e o ecosistema.

Novas do 23 ao 25 de maio

25.05.2012  Novas do dí­a. No calendario PREME a data de interese


Diario Oficial de Galicia      venres, 25 de Maio do 2.012, D.O.G. Nº 99
Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 4 de maio de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve recurso de reposición presentado contra a resolución de clasificación do monte Lomba, solicitada a prol da CMVMC de Ribadetea, do concello de Ponteareas.  19980  Descargar PDF

25.05.2012 CMVMC San Miguel de Montefurado, Ermidón e Ivedo (Quiroga)-Lugo: Un incendio achegouse ás casas e á vía do tren na parroquia de Montefurado 

25.05.2012 CMVMC Moaña (Moaña)-Pontevedra: Empresarios de Moaña rechazan rescindir el contrato de cesión del monte para la zona industrial 

25.05.2012 CMVMCs Vilaboa e Figueirido (Vilaboa) e Salcedo (Pontevedra): Defensa negociará con los vecinos si la Audiencia ratifica que son comunales los terrenos de la Brilat 

25.05.2012 III Congreso Ibérico del Lobo que terá lugar na cidade de Lugo (Galicia, España) os días 23, 24 e 25 de novembro do 2012    

25.05.2012 Índice de risco diario de incendios forestais     


ONTE DÍXOSE :  25_Maio_do_2.003: 
5_Maio_do_2.004: 25.05.2004  CMVMCs San Lourenzo e San Tomé de Nogueira (Meis) e Curro (Barro)-Pontevedra: Las bases del consorcio del polígono Barro-Meis se debatirán mañana     
25_Maio_do_2.006: 25.5.2006 CMVMC Beluso (Bueu)-Pontevedra: El concello cita a Maderas Lago por los daños en montes de Bon
25_Maio_do_2.007: 25.5.2007 A Pobra de Brollón: Suárez Canal informó a los comuneros sobre técnicas para aprovechar la biomasa-Lugo
25_Maio_do_2.008: 25.5.2008 Piden el cierre «inmediato» de las pizarreras de O Courel-Lugo
25_Maio_do_2.009: 25.05.2009 CMVMC Castiñeira  (Vilariño de Conso): Los ‘cabritos ecológicos’ precisan socios-Ourense 
25_Maio_do_2.010: 25.5.2010 CMVMC San Pedro de Muro  (Porto do Son): Seráns dará cabida a unha xornada para fomentar o contacto dos veciños coa natureza-A Coruña 
25_Maio_do_2.011: 25.05.2011 XORNADAS CONTRA A DESTRUCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO-Pontevedra


 24.05.2012  Novas do dí­a. No calendario PREME a data de interese

xoves, 24 de Maio do 2.012, D.O.G. Nº 98  

24.05.2012 CMVMC András (Vilanova d´Arousa)-Pontevedra: Los comuneros instalan más hidrantes en Monte Lobeira para prevenir los incendios 

24.05.2012 CMVMC Maceira (Covelo)-Pontevedra: Los 14.000 olivos plantados en Covelo darán un fruto aprovechable en dos años 

24.05.2012 Un incendio obriga a cortar a circulación ferroviaria entre Ourense e Santiago 

24.05.2012 Rosa Quintana: “non hai autorizada ningunha fumigación aérea contra o gorgullo do eucalipto polo que non podemos prohibir o que non está autorizado”    


 23.05.2012  Novas do dí­a. No calendario PREME a data de interese

 mércores, 23 de Maio do 2.012, D.O.G. Nº 97  

23.05.2012 QUEIMAN os MONTES, CALCINAN os RÍOS, día 24, Ourense, preparación actividades para o día 5 de xuño “Día Mundial do Medio Ambiente”  

23.05.2012 El fuego que devoró el corazón de las Fragas do Eume fue fortuito y tuvo un único foco 

23.05.2012 2º AVISO:
                                Cartaz oficial da manifestación que convoca a ORGACCMM para o día 9 de xuño en Santiago, por unha boa Lei de Montes 
                                15.05.2012 Organización Galega de MVMC (ORGACCMM): Convocatoria da manifestación en Compostela o 9 de xuño contra da Lei de Montes que o goberno está a tramitar
Apoio de Amigos da Terra a dita manifestación e a adhesión ao documento
Cartaz sinxelo
Tarxeta formato autocolante
CRITERIOS POLOS QUE A ORGACCMM REXEITA A LEI DE MONTES
16.05.2012 15.05.2012 Organización Galega de MVMC (ORGACCMM): Convocatoria da manifestación en Compostela o 9 de xuño contra da Lei de Montes
Borrador da lei de Montes 
Alegacións da Lei de Montes
18.05.2012 O PSdeG pide a retirada da Lei de Montes por infrautilizar os recursos forestais. Cargos do partido reuníronse con directivos da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais (ORGACCMM)
22.05.2012 POR UNHA LEI DE MONTES RESPECTUOSA CO MONTE VECIÑAL, POR UN MONTE VIVO!, Campaña mobilización 9Xñ en Santiago
Las comunidades se manifestarán el 9 de junio por una Ley de Montes «justa en defensa del monte vecinal»
La Organización Galega de Comunidades de Montes se manifestará el 9 de junio contra la nueva ley de montes 

Ligazón coa nosa web: http://orgaccmm.org

Ligazón do Facebook

Novas do 20 ao 22 de maio

22.05.2012  Aquí tes o acceso ás NOVAS do dí­a. No calendario PREME a data de interese

Diario Oficial de Galicia      martes, 22 de Maio do 2.012, D.O.G. Nº 96

22.05.2012 POR UNHA LEI DE MONTES RESPECTUOSA CO MONTE VECIÑAL, POR UN MONTE VIVO!, Campaña mobilización 9Xñ en Santiago
Las comunidades se manifestarán el 9 de junio por una Ley de Montes «justa en defensa del monte vecinal»
La Organización Galega de Comunidades de Montes se manifestará el 9 de junio contra la nueva ley de montes

22.05.2012 A Xunta lembra que non promove a realización de tratamentos aéreos con insecticida contra a praga do gorgullo do eucalipto
Cerca de 86.500 firmas en contra de la fumigación con flufenoxuron. La Xunta les respondía justificando este tipo de fumigación como una herramienta muy válida en la lucha biológica y asegurando, además, que «mejora su eficacia»  

22.05.2012 CMVMC Domaio (Moaña)-Pontevedra: Comuneros de Domaio esperan ayudas por 37.000 euros para luchar contra los incendios 

22.05.2012 CMVMC Santa Cristina de Cobres (Vilaboa)-Pontevedra: Los comuneros denuncian un vertedero entre la autopista y la carretera de Vilaboa 

22.05.2012 Científicos de todo el mundo se indignan ante el exceso de sustancias químicas en nuestros cuerpos y medioambiente 

22.05.2012 Índice de risco diario de incendios forestais     

Ligazón co noso blog: http://orgaccmm.blogaliza.org/ 


ONTE DÍXOSE:

22_Maio_do_2.004: 22.05.2004  CMVMCs San Lourenzo e San Tomé de Nogueira (Meis) e Curro (Barro)-Pontevedra: El BNG solicita la presencia de los comuneros en el consorcio del futuro polígono industrial     
22_Maio_do_2.007: 22.5.2007 CMVMC Vincios (Gondomar)-Pontevedra: Cambio de sitio do campo de fútbol de Vincios 
22_Maio_do_2.008: 22.5.2008 CMVMC Hío (Cangas): Os comuneiros do Hío piden apoio a Medio Rural para recuperar 20 hectáreas de monte usurpadas-Pontevedra
22_Maio_do_2.009: 22.05.2009 Santa María Maior (Mondoñedo) eXemil e Francos e outros (A Pastoriza): Comuneiros de Bretoña queren impedir que se celebre a rapa de Campo do Oso-Lugo
22_Maio_do_2.010: 22.5.2010 CMVMC Araño  (Rianxo): Os cabalos de monte capturados polos veciños de Araño serán poxados a próxima semana-A Coruña 
22_Maio_do_2.011: 22.05.2011 Lugo: Un tecor de Ribadeo y otro de Trabada pagarán los daños del jabalí en maizales


 21.05.2012  Aquí tes o acceso ás NOVAS do dí­a. No calendario PREME a data de interese

lus, 21 de Maio do 2.012, D.O.G. Nº 95

21.05.2012 CMVMC Domaio (Moaña)-Pontevedra: Los comuneros se oponen a más antenas en los montes de Domaio

21.05.2012 Liboreiro se une al rechazo a las fumigaciones aéreas contra el gorgojo del eucalipto  

21.05.2012 CMVMC Coedo (Allariz)-Ourense: A arte de ser pastor de ‘bois’ 


 20.05.2012   Aquí tes o acceso ás NOVAS do dí­a. No calendario PREME a data de interese

20.05.2012 CMVMC Campodola (Quiroga)-Lugo: SOS Courel considera insuficiente a protección do plegamiento de Campodola

20.05.2012 CMVMC Mougás (Oia)-Pontevedra: A Cabeciña se convertirá en el primer yacimiento arqueológico musealizado de Oia

20.05.2012 CMVMC San Xián  (Marín)-Pontevedra: Vecinos de A Moreira exigen mayor atención de la comunidad de montes

20.05.2012 Promagal acusa a Ence de querer adquirir madeira dos socios por baixo do prezo 

20.05.2012 Pontevedra: Os montes da provincia líbranse da chatarra de 60 coches abandonados 

Campaña mobilización 9Xñ

A campaña de explicación de argumentos e promoción da manifestación convocada pola ORGCCMM baixo o lema POR UNHA LEI DE MONTES RESPECTUOSA CO MONTE VECIÑAL, do 9 de xuño, vai vento en popa e a toda máquina.

Mantivéronse xuntanzas coas organizacións políticas e recabouse o apio de BNG, PSOE e EU.

Estanse facendo xuntanzas por toda Galiza, neste momento con xuntanzas nas que levan participando máis de 80 CCMM. Están previstas nas vindeiras semanas novas convocatorias de mancomunidades e comunidades para informar da convocatoria.

A web, o blog , o evento e o facebook recollern diversa información, cartaces e argumentos.

Estase poñendo a punto a infraestructura e loxística, pensando os lemas e preparando a pancarta da cabeceira.

As entidades da Alianza: ADEGA, GIC e FRUGA están transladando a inforamción aos seus socios, afiliados e colaboradores.

Está chegando o apoio doutras entidades: AMIGOS DA TERRA, SLG

E seguimos…

Nova de prensa1

Nova de prensa2

POR UNHA LEI DE MONTES RESPECTUOSA CO MONTE VECIÑAL

POR UN MONTE VIVO