A Organización Galega de Comunidades de Montes xunto con representantes dos bombeiros/as forestais denuncian o desleixo da Consellería de Medio Rural coa aplicación e desenvolvemento das medidas preventivas contra o lume.
Subliñan que o desleixo é evidente ante a carencia de axudas específicas para prevención e defensa contra os lumes forestais. Ao contrario que en anos precedentes, a Consellería do Medio Rural non proporcionou unha liña especifica de prevención e defensa contra os lumes forestais, na que ademais de reducir a biomasa forestal, se sufragaba unha medida imprescindible como a instalación puntos de abastecemento de auga.
As organizacións denuncian que a única liña de axudas que sacou esta consellería neste ano foi para accións silvicolas como rozas, clareados ou plantacións. Apuntan que «isto pódese comprobar doadamente, só hai que revisar o Diario Oficial de Galicia».
Ao desleixo na aplicación de medidas preventivas únese a precariedade laboral dos bomebeiros forestais, quen levan tempo reclamando traballo continuo todo o ano e melloras nas súas precarias condicións laborais para acadar unha loita mais eficaz contra os lumes forestais.
Alertan que esta irresponsable relaxación da Consellería pode traer consecuencias catastróficas para os montes galegos e instan ao goberno galego a adoptar medidas inmediatas e corrixir a perigosa deriva.
Ademais o presidente da ORGACCMM reprochou ao conselleiro de Medio Rural que este anunciara que a proposta de lei de montes veciñais era pública e accesible: «No portal de transparencia da Xunta somentes hai unha declaración de intencións por parte do goberno galego. Non aparece ningunha lei co seu texto articulado».
A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) presenta unha guía didáctica titulada “As Terras Comunitarias de Galiza: o Monte Veciñal en Man Común” co fin de amosar o funcionamento das comunidades de montes á mocidade en idade escolar.
A guía foi elaborada polo Instituto Galego das Terras Comunitarias (INGATECO) por encargo da ORGACCMM e se distribuirá polos colexios e institutos galegos como libro guía para o profesorado e alumnado.
A guía didáctica titulada “As Terras Comunitarias de Galiza: o Monte Veciñal en Man Común” presentada pola ORGACCMM ten como obxectivo principal que o alumnado de ESO e Bacharelato coñezan, comprendan e avalíen a importancia da propiedade colectiva que representan os Montes Veciñais en Man Común.
Mediante esta guía elaborada polo Instituto Galego das Terras Comunitarias se pretende recoñecer os valores que representan e dar a coñecer o traballo e a xestión comunitaria da terra baseada no funcionamento democrático e asembleario das comunidades de montes.
A ORGACCMM pretende que, a través deste texto educativo, a sociedade galega teña constancia da importancia das terras comunitarias na historia de Galiza. A súa condición de propiedade comunal e a súa xestión asamblearia converte os montes veciñais nun referente para construir unha sociedade máis solidaria e cooperativa.
O futuro dunha sociedade xusta debería de construírse entre outras cuestións importantes, fomentando nas persoas valores como a solidariedade, actitudes cooperativas, compartir espazos en común, aproveitando que aínda temos na memoria, no legado e na actualidade, formas de traballo colectivo que se manteñen dende o pasado e que non deberíamos esquecer, adaptando as formas as necesidades do presente e futuro, sendo en moitos casos unha sinal de identidade, polo que deberíamos respectalo como parte do noso patrimonio social e cultural.
O Monte Veciñal en Man Común é un referente do traballo comunitario, da nosa historia pasada, que se mantén vivo, formando parte do presente da sociedade galega, certo é, que moi pouco ou nada difundido, polo que sería importante comprometer o seu coñecemento e defensa, para que as actuais e novas xeracións asuman unha herdanza que foi transmitida de nais e pais a fillos e fillas o longo dos séculos, moi ligada a sociedade rural pero que tivo, ten e terá, unha grande incidencia na poboación urbana e na súa calidade de vida.
O Monte Veciñal en Man Común-MVMC, é un sinal de identidade que temos os galegos e as galegas. Nin é unha titularidade pública, nin é privada, é de natureza veciñal, colectiva, comunitaria. É da veciñanza dun lugar, aldea ou parroquia a que acada colectivamente decisións nas asembleas das Comunidades de Montes. Xa que logo, estes grupos son fonte de debate, participación,solidariedade e cooperación.
Os MVMC no territorio galego cumpren tres funcións moi importantes: económica, medioambiental e social. Son espazos abertos, por isto, das dúas últimas funcións, beneficiase a sociedade no seu conxunto. Ademais, teñen características de bens comúns, de bens sociais.
Son unha realidade viva no territorio galego,mais a pesar diso, son os grandes descoñecidos da sociedade, estando ausentes do currículo escolar galego, en calquera nivel, sendo isto unha enorme eiva e unha débeda pendente. E claro, o que se descoñece non se pode apreciar e valorar, polo tanto, moito menos defender. A Organización Galega de Comunidades de Montes e o Instituto Galego das Terras Comunitarias queren contribuír con esta Guía Didáctica a corrixir este descoñecemento.
Os dias 21 e 22 de Maio, celelebrase o VII Congreso Galego de comunidades de montes baixo o lema “25 anos na defensa dos intereses da veciñanza comuneira”
O VII Congreso galego terá lugar na Casa de Cultura “Daniel Castelao” no concello de Moaña e dabatiranse dous relatorios: ”Na defensa do monte veciñal” e “Valoración xeral dos montes veciñais”.
Ademais dos representantes das comunidades de montes podrán participar no Congreso organizacións e persoas relacionadas co monte veciñal e co medio rural que sexan convidadas.
Aquelas comunidades de montes, organizacións ou persoas individuais que queiran participar no VII Congreso Galego poden facelo comunicando a súa intención ao correo electrónico xapegonda@gmail.com antes do dia 14 de Maio de 2022 .
A Organización Galega de Comunidades de Montes fai un chamamento ás comunidades de montes, ás organización ecoloxistas e en xeral aos colectivos veciñais a facer achegas á proposta de lei rexeitandoa e propoñendo que no seu lugar se apoie aILP presentada pola ORGACCMM como texto dunha nova lei.
Neste proxecto de lei de montes veciñais, presentado pola Consellería do Medio Rural, prantexase unha nova definición da veciñanza comuneria.
Son veciños/as comuneiros/as as persoas que viven no lugar , aldea ou parroquia onde existe o monte veciñal. Modificar a condición de veciño/a comuneiro/a só se pode entender como unha pretensión do Goberno galego de desnaturalizar o carácter xermánico da titularidade veciñal dando entrada a persoas físicas e xurídicas aínda que non sexan comuneiros.
Outro dos obxetivos que amosa a proposta de lei de montes veciñais é harmonizar a normativa dos montes veciñais coa normativa do Estado. No Estado español non está recoñocido o dereito xermánico, polo que se desprende que a palabra harmonizar implica dotar ás comunidades de montes de personalidade xurídica para convertilas en titularidades de carácter privado.
O carácter xermánico da titularidade veciñal implica que a propiedade é indivisible e intransferible e esta condición dos montes veciñais é o gran obstaculo para o afán privatizador do Goberno galego.
Ao tenor do que esboza o proxecto de lei de montes veciñais, semella que ao Partido Popular tampouco lle gosta o funcionamento asembleario das comunidades de montes e pretenden mudalo. Un funcionamento democrático que segundo o goberno galego «non é válido na situación actual».
«Seica o que pretende decir o Partido Popular é que o funcionamiento asambleario e democratico é outro obstaculo para o seu afán de privatizar os montes veciñais e entregalos ás empresas madereiras» sinalan dende as comunidades de montes.
Ante este intento de roubarlle os montes a veciñanza comuneira, a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) chama á sociedade galega a rexeitar esta proposta da lei facendo achegas neste sentido na fase de consultas que estará aberta até o 9 de maio na web da Xunta de Galicia.
Unha representación da Organización galega de comunidad de montes mantivo reunións no Parlamento coas tres forzas políticas con representación.
Trasladaron aos grupos parlamentarios galegos a necesidade de preservar a xestión comunitaria do monte vecinal para ter un aproveitamento sostible dos recursos e que o monte non sexa pasto da industria madeireira.
A Organización galega de comunidad de montes (ORGACCMM) mantivo contactos este mércores 6 de abril cos tres grupos parlamentarios: BNG, PSOE e PP no Parlamento Galego co gallo de acadar o respaldo parlamentario a súa iniciativa de lei sobre montes veciñais.
Unha iniciativa lexislativa que pretende preservar o carácter comunal e intransferible dos montes veciñais e que se recoñeza a propiedade comunal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma. As comunidades de montes galegas son as primeiras valedoras dun monte funcional e unha silvicultura sustentabel.
Na conversa co grupo do Bloque Nacionalista Galego púsoxe de manifesto a importancia das comunidades de montes como dinamizadoras do rural pola súa xestión democrática dos recursos. A custodia do territorio é intrínseca a autoorganización asamblearia da veciñanza comuneira.
Na posterior reunión co Partido Socialista insistiuse na necesidade de manter o carácter comunal da xestión dos montes vecñais. Neste sentido a ORGACCMM propón que se algún monte veciñal carece de poboación suficiente para xestionalo se traspase temporalmente a súa xestión á unha comunidade de montes aledaña e non se entregue sen máis a unha empresa madereira por 50 anos como pretende o Partido Popular nas súas modificacións leislativas.
No derradeiro encontro da mañá, a Organización galega de comunidad de montes reuniuse con deputados do Partido Popular. A pesar de ser a única forza política coa que hai un desencontro evidente no xeito de xestionar o monte veciñal, alomenos acadouse o compromiso por parte dos populares de contar coa ORGACCMM como principal interlocutor sectorial para a reforma da lei de montes que quere tramitar en breve o goberno da Xunta.
Despois das xuntanzas, a ORGACCMM sae máis decidida aínda a buscar o respaldo da sociedade galega para que o Parlamento tramite a ILP rexistrada por esta organización para preservar os montes veciñais e manter vivo o rural.
A moción ten como finalidade visibilizar o amplo respaldo que a sociedade galega lle da a Iniciativa Lexislativa Popular prantexada pola ORGACCMMpara impedir a enaxenación do monte comunal e manter a xestións en mans da veciñanza.
Esta iniciativa da Organización Galega de Comunidade de Montes ven motivada pola presas que ten o Partido Popular para eliminar o carácter xermánico dos montes veciñais en man común como paso previo para proceder a súa privatización masiva.
No Consello forestal celebrado o pasado mes de Xaneiro, por iniciativa do conselleiro do medio rural, aprobouse o procedemento de participación cidadán que consistía na recollida de propostas das organizacións que conforman dito consello. A Consellería do Medio Rural comprometíase a elaborar con estas achegas un borrador que sería de novo debatido no Consello forestal. Unha vez debatido se exporía a consulta pública e entrada no Parlamento Galego.
A pesar deste compromiso, o Presidente da Xunta de Galiza e do Partido Popular, logo do consello da Xunta de Galiza do pasado dia 31 de Marzo, anuncia que a futura lei de montes veciñais en man común será presentada no Parlamento Galego polo grupo do Partido Popular saltándose todo o proceso de participación sectorial e ninguneando á Organización Galega de Comunidade de Montes, asociación con maior representación dos montes veciñais.
Tan acuciados están pola mobilización social en defensa do monte comunal que está a despertar a ILP presentada pola ORGACCMM que non respectan nin tan sequera o procedemento de participación que a propia Conselleria aprobou e que xa era a mínima expresión do que require unha lei de montes veciñais en man común.
O Partido Popular quere aprobar pola vía rápida unha lei de montes veciñais en man común porque está cumpre os peores pronósticos denunciados pola ORGACCMM. De aprobarse esta lei como pretende o Partido Popular abriríase a porta a expropiación ou enaxenación dos montes veciñais, xa que poderían perder a súa condición de comunal e intrasferible. A ORGACCMM alerta de que se ista lei se leva adiante, o expolio está servido: a industria madereira farase co monte veciñal e perderase a silvicutura sostible e o monte multifuncional que defenden e practican as comunidades de montes galegas.
«Se de verdade o interese da Consellería do medio rural non fose privatizar os montes veciñais en man común, unha das modificacións da futura lei de montes veciñais en man común sería o recoñocemento dos montes veciñais como unha titularidade distinta e en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. No canto diso queren que os montes veciñais perdan o seu caracter de propiedade xermánica e poidan ser expoliados pola industria madereira» Denuncia Xose Pereira, presidente da Organización Galega de comunidades de montes (ORGACCMM).
As comunidades de montes galegas chaman a moblización da veciñanza comuneira e da sociedade galega no seu conxunto para frear este roubo dos montes veciñais en man común que pretende perpetrar o Partido Popular. No ámbito desta mobilización sitúase a recollida de sinaturas para respaldar a Iniciativa Lexislativa Popular para que o Parlamento Galego aprobe unha verdadeira lei de montes veciñais que protexa a súa titularidade comunal e fomente o aproveitamento sostible e multifuncional que xestiona a veciñanza comuneira .
A ORGACCMM xuntouse co Ministerio de Transición Energética y Reto Democrático para solicitar que as comunidades de montes poidan ser comunidades enerxéticas.
Reunión con representantes do IDAE
As comunidades de montes galegas levan décadas custodiando o territorio e facendo un aproveitamento enerxético do monte mediante a xestión da biomasa para calefactar as casas particulares da veciñanza comuneira.
En plena crise climática, as comunidades de montes son pezas claves para a transición queren sumarse á transición enerxética mediante a constitución de comunidades enerxéticas locais e o desenvolvemento de plantas de enerxías renovables. A instalación de plantas fotovoltaicas nos tellados, como na Comunidade de montes de Tameiga, é o aproveitamento máis usual, pero tamén hai iniciativas baseadas no aproveitamento minihidraulica hidráulico ou eólico mediante pequenos muiños molinos.
Na reunión co IDAE, Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía dependente do Miterd, os representantes deste organismo público foron coñecedores do xeito de xestión asamblearia das comunidades de montes galegas, unha organización comunal que encarna perfectamente a gobernanza comunitaria para a creación e consumo de enerxía que se pretende fomentar a través das comunidades enerxéticas.
A negativa do Goberno galego de recoñecer lexislativamente a figura de propiedade comunal imposibilita ás comunidades de montes para ter unha personalidade xurídica propia que lle permita optar a constituirse como comunidades enerxéticas. Por iso, son tan importantes estas conversas co ministerio. Así nesta última reunión acadouse o compromiso por parte do IDAE de buscar o encaixe legal para que na normativa que regula ás comunidades enerxéticas figuren expresamente as comunidades de montes galegas como de pleno dereito a constituirse en comunidades enerxéticas.
As comunidades de montes piden o apoio da cidadanía galega para acadar unha lei que protexa os montes comunais galegos do expolio da industria madeireira.
Poden asinar en apoio da ILP todas as persoas que teñen dereito a votar en calqueira das elección que se celebran na Galiza.
ONDE SE PODE ASINAR:
Baixomiño (Violeta 678140986)
Val Miñor (Latino 636054910)
Vigo(Gregorio 675574344)
Morrazo (Manolo 670355673)
Pontevedra e comarca (Ivan 665230867)
O Salnés (Roberto 661540081)
Vilagarcia e comarca (Ramón 680560310)
Barbanza (Geni 654468794)
A Organización galega de Comunidades de Montes denuncia que a Consellería de Medio Rural pretende, mediante os cambios lexislativos promovidos polo Partido Popular, que empresas de diverso índole (forestais, madeireiras, eólicas, mineiras…) poidan facerse coa xestión de montes veciñais e comunais.
A Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola ORGACCMM tenta frear este latrocinio dos montes veciñais. Neste senso, un dos puntos principais da ILP é reforzar o carácter xermánico da titularidade veciñal, considerando a veciñanza como único requisito para ter a condición de veciño/a comuneiro/a.
Tamén buscan que se recoñeza o monte veciñal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma.
A Organización Galega de Comunidades de Montes quere un monte comunal multifuncional e sustentabel ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega no seu conxunto.
As comunidades de montes galegas integradas na Organización Galega de Comunidades de Montes comenzaron a recabar sinaturas para avalar a ILP rexistrada no Parlamento galego por esta organización.
As comunidades de montes piden o apoio da cidadania para acadar unha lei que protexa os montes comunais galegos do expolio da industria madeireira.
Poderan asinar en apoio da ILP todas as persoas que teñen dereito a votar en calqueira das elección que se celebran na Galiza.
A Organización galega de Comunidades de Montes denuncia que a Consellería de Medio Rural pretende, mediante os cambios lexislativos promovidos polo Partido Popular, que empresas de diverso índole (forestais, madeireiras, eólicas, mineiras…) poidan facerse coa xestión de montes veciñais e comunais.
A Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola ORGACCMM tenta frear este latrocinio dos montes veciñais. Neste senso, un dos puntos principais da ILP é reforzar o carácter xermánico da titularidade veciñal, considerando a veciñanza como único requisito para ter a condición de veciño/a comuneiro/a.
Tamén buscan que se recoñeza o monte veciñal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma.
A Organización Galega de Comunidades de Montes quere un monte comunal multifuncional e sustentabel ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega no seu conxunto.
A Organización galega de comunidades de montes (ORGACCMM) denuncia que a Consellería de Medio Rural pretende ilegalizar a súa organización e desarticular así a oposición ao plan do Partido Popular para entregar o monte comunal ás empresas madereiras.
Desde a ORGACCMM apuntan a unha represalia da Consellería polas reiteradas denuncias da súa organización ante as últimas reformas lexilativas levadas a cabo pola Xunta para permitir a confiscación e privatización do monte comunal.
A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) constitúese, fai 23 anos no 1999, pola vontade de distintas comunidades de montes espalladas por Galicia de organizarse en crave de país. Dende aquela ate a actualidade sumáronse moitas comunidades a esta organización conformandoa como a principal voceira das comunidades de montes veciñais e en man común de Galicia.
Desde o inicio da súa singladura, a ORGACCMM sempre actuou tendo como principal obxetivo a protección dos montes veciñais e a defensa dos intereses da veciñanza comuneira contra os intereses capitalistas, especulativos e urbanísticos que pretenden apropiarse e explotar os montes veciñais os e as lexítimos/as titulares dos mesmos.
Recalcan que desde o mesmo momento da súa constitución a ORGACCMM cumpliu todas as normas esixidas, está recoñocida por outras consellerías da Xunta de Galicia como a entidade máis representativa das comunidades de montes e participa en distintos órganos consultivos do goberno autonómico. Porén a Consellería de Medio Rural négase agora a certificar a composición da xunta directiva da ORGACCMM argüindo que non a considera unha comunidade de montes e que ademais non ten dereito de representación das comunidades de montes que a conforman.
A ORGACCMM denuncia que ista negativa a emitir dito certificado é de facto unha ilegalización da súa asociación, xa que lles impide realizar calquera trámite administrativo xusto cando teñen presentado no parlamento unha Iniciativa Lexisltiva Popular para modificar a ley de montes. O presidente da veciñanza Organización Galega de Comunidades de Montes, Xose A. Pereira, sinala que con máis motivo a veciñanza comuneira de Galicia ten que acadar que se aprobe a ILP presentada para a elaboración de unha lei que protexa os montes veciñais e manteña a súa condición de comunal para protexelos dos intereses económicos da industria forestal e madereira.
A ORGACCMM denuncia que ista negativa a emitir o certificado é de facto unha ilegalización da súa asociación, xa que lles impide realizar calquera trámite administrativo xusto cando teñen presentado no parlamento unha Iniciativa Lexisltiva Popular para modificar a ley de montes,
O presidente da veciñanza Organización Galega de Comunidades de Montes, Xose A. Pereira sinala que con máis motivo a veciñanza comuneira ten que acadr que se aprobe a ILP presentada para a elaboración de unha lei que protexa os montes veciñais e manteña a súa condición de comunal para protexelos dos intereses económicos da industria forestal e madereira.
Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obtengas la mejor experiencia posible. Las cookies nos ayudan a personalizar contenido, ofrecer funciones de redes sociales y analizar nuestro tráfico. Al continuar navegando, aceptas nuestro uso de cookies.Aceptar y CerrarRechazar