Exito de convocatoria na defensa do monte veciñal

Baixo unha chuvia de orballo feble, mais persistente, máis de 2500 manifestantes percorreron Compostela reclamando unha Lei de Montes resepctuosa co monte veciñal. Comunieiros e comunieras chegados de todo o país compartiron pancartas cunha grande variedade de persoas solidarias cos montes abarrotando a Quintana. Entre as pancartas atopábase a da nosa ALIANZA. O actor Cesar Cambeiro recibiu aos presentes coa dramatización do asasinato e o testamento do monte galego. O presidente Pepe Pereira leu o manifesto na defensa do monte veciñal. Un acto emotivo que evidencia un monte, e un medio rural, vivos.

Album fotográfico no Face.


Apoio da FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA

A relación da ORGCCMM co movemento ecoloxista galego foi discontínuo nestes últimos anos, se ben contamos co seu apoio na denuncia contra os lumes foestais, ou outras loitas puntuais, mantivéronse desencontros importantes como foi o falta de apoio ecoloxista ao borrador da Lei de Montes do goberno bipartito. Dende o IV Congreso abríronse canles de comunicación e debate chegando a colaboracións estables con ADEGA e mesmo coa integración da mesma na ALIANZA PARA UN MEDIO RURAL VIVO. Neste momento a ORGCCMM non pode más que felicitarse polo apoio recibido das entidades ambientais galegas para a manifestación do día 9. Únennos obxectivos comúns, a defensa do medio ambiente, dun monte multifuncional, dun medio rural vivo e dunha lei de montes que respecte o monte veciñal.

A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA apoia a convocatoria de manifestación en Santiago de Compostela, realizada pola Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, para o día 9 de Xuño en Compostela en contra da Lei de Montes de Galicia A FEG comparte a inquietude, apoia as reivindicacións dos comuneiros e maniféstase en contra da Lei de Montes que pretende aprobar o goberno galego, por iso quere apoiar e participar na convocatoria da manifestación que, contra a Lei de Montes de Galicia, se celebrará o próximo sábado día 9 de xuño convocada pola Organización de Comunidades de Montes Veciñais en Compostela. A FEG atópase tamén seriamente preocupada pola deriva nas decisións en materia de política forestal que están a tomar os responsables da Administración Galega, sempre ao servizo das industrias máis poderosas que consumen a madeira de menor valor económico pero que se produce cun elevado e irreversible impacto ambiental. As fumigacións masivas que se que se pretenden autorizar ou a redución de presupostos na loita contra os incendios que se destinarán soamente a manter a industria do lume son, entre outros, aspectos que ensombrecen o futuro dos nosos montes. Pero a Lei de Montes de Galicia que a Consellería do Medio Rural ten elaborado e que se atopa en trámite parlamentario está destinada precisamente a consagrar o uso produtivista do monte, facilitando a actividade promovida polas grandes empresas, e esquecendo a necesidade de manter beneficios básicos do mesmo que garantan a capacidade para soster no futuro á nosa sociedade. Xa que a maioría dos ecosistemas terrestres de Galicia están encadrados dentro da denominación de monte, e polo tanto dentro do ámbito da norma, unha lei que pretenda regular a actividade forestal ten que garantir a supervivencia de ecosistemas que son fundamentais para o noso futuro como reservas de biodiversidade, como protectores e construtores de solo fértil, como fonte de recursos de interese para a humanidade, como reserva de recursos hídricos. Unha lei de montes que teña como obxectivo unha xestión sostible debe dar amparo á unha protección elemental, pero esta lei non contempla a protección de hábitats en perigo, abre a posibilidade da súa destrución para o aproveitamento madeireiro pola industria. A Lei de Montes de Galicia, tampouco limita de ningunha maneira malas prácticas que están a ser causa de degradación dos sistemas forestais provocando erosión, incremento do risco de incendio, perda de biodiversidade e destrución de recursos naturais como as que se utilizan nos monocultivos industriais co que, da aplicación desta lei, non se podería agardar máis que continuidade no empobrecemento e desaparición progresiva dos nosos sistemas forestais, entre os que se atopan os nosos ecosistemas. Chamamos xa que logo a todos a participar, o próximo sábado día 9 de xuño, ás 12 da mañán na estación de ferrocarril de Compostela na manifestación convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais contra a lei de Montes de Galicia.

Pontevedra, 5 de xuño de 2012 Benito Andrade

Federación Ecoloxista Galega

Outras entidades ecoloxistas que amosaron o seu apoio: ADEGA, dentro da ALIANZA POR UN MEDIO RURAL VIVO, e Amigos da Terra

Novas do 1ao 5 de xuño

5.06.2012  Novas do dí­a. No calendario PREME a data de interese

Diario Oficial de Galicia     martes, 5 de Xuño do 2.012, D.O.G. Nº 106

05.06.2012 A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA apoia a convocatoria de manifestación en Santiago de Compostela, realizada pola Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, para o día 9 de Xuño en Compostela en contra da Lei de Montes de Galicia 

                                NA OUTRA BANDA: Rosa Quintana: “Galicia pode comezar o verán contando cunha Lei de Montes que permita ordenar e aproveitar toda a súa riqueza” 

05.06.2012 Día internacional del Medio Ambiente: Movilización global contra el capitalismo y la mercantilización de la vida, Natasha Pitts 

05.06.2012 Índice de risco diario de incendios forestais     

Ligazón coa nosa web: http://orgaccmm.org


UNHA PERSPECTIVA: DÍXOSE ONTE    

05_Xuño_do_2.003: CMVMC Padrenda (Padrenda)-Ourense: El juicio por la cantera de granito de Padrenda reunió en el Juzgado de Bande a 200 vecinos
05_Xuño_do_2.004: 5.06.2004  CMVMC Barcela e Vilauxín (Negueira de Muñiz)-Lugo: Critican la retirada de las ayudas a las brigadas contra el fuego fonsagradinas     
05_Xuño_do_2.005: 5.06.2005 CMVMC Sagra (Carballiño)-Ourense: Sagra insta al Concello a ejecutar una sentencia para recuperar un terreno
05_Xuño_do_2.006: 5.6.2006 A Nosa Terra presenta un libro sobre as árbores de Galicia   
05_Xuño_do_2.007: 5.6.2007 CMVMC Amoedo (Pazos de Borbén): Los comuneros de Amoedo denuncian la acumulación de escombros en el polígono-Pontevedra
05_Xuño_do_2.008: 5.6.2008 HOMENAGEM A AQUILINO RIBEIRO PELO LIVRO – QUANDO OS LOBOS UIVAM
05_Xuño_do_2.009: 5.06.2009 CMVMC Darbo  (Cangas):Comuneros de Darbo culminan la conversión del antiguo vertedero de Varalonga en un «pulmón verde»-Pontevedra
05_Xuño_do_2.010: 5.6.2010 CMVMC San Pedro (O Incio): Unha visita ao foxo de lobos do Incio-Lugo 
05_Xuño_do_2.011: 05.06.2011 CMVMC Leiro  (Rianxo): Los comuneros quieren iniciarse en la producción y venta de vino-A Coruña  


  4.06.2012  Novas do dí­a. No calendario PREME a data de interese

lus, 4 de Xuño do 2.012, D.O.G. Nº 105

04.06.2012    Lei de Montes: Manifestación convocada por la Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) para el sábado día 9 en Santiago. Partirá a las 12.00 horas de la estación de tren
Apoios e oposición á Lei de Montes
A voz da ORGCCMM nas terras da montaña luguesa
Defender o monte veciñal é defender o pais: movilicémonos o dia 9 de xuño
 
04.06.2012 Ourense: Celanova y Baixa Limia se promocionan en internet
La página web ‘O bosque máxico’ recoge su riqueza turística y cultural 

04.06.2012 «Nosotros no hemos detenido el crecimiento. Se encargará la naturaleza», Entrevista al investigador Dennis Meadows 


  3.06.2012 Novas do dí­a. No calendario PREME a data de interese 

03.06.2012 Mancomunidade de MVMC do Morrazo-Pontevedra: Los comuneros rechazan la Lei de Montes y alertan de que les convertiría en empresas. Garantizaron su participación en la manifestación convocada por la Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) para el sábado día 9 en Santiago. Partirá a las 12.00 horas de la estación de tren

03.06.2012 CMVMC A Guarda (A Guarda)-Pontevedra: Expertos vaticinan que el nuevo plan director para el monte será papel mojado

03.06.2012 CMVMCs Marcón e Tomeza (Pontevedra): Una empresa cataloga todos los terrenos de Monte Carrasco para tasar las expropiaciones del hospital

03.06.2012 Aeroxeradores en núcleos rurais, SALVADOR GARCÍA-BODAÑO 

03.06.2012 CMVMC O Pereiro (A Mezquita)-Ourense: Adif negocia la cesión de un monte comunal en A Mezquita 


  2.06.2012  Novas do dí­a. No calendario PREME a data de interese 

02.06.2012 CMVMC Baroña  (Porto do Son)-A Coruña: O Banco de Terras posibilita a cesión de 200 hectáreas dun monte veciñal de Baroña que compatibilizará os aproveitamentos gandeiros, agrícolas e forestais
 .
02.06.2012 Primeira petición para fumigar 10.000 hectáreas de eucaliptos  . . .     1º en quente: na Galiza, nunha altitude máis baixa de 400 metros e nun cadro de 10 Km por 10 Km, acontece?: «Dunha primeira análise tírase que son masas de eucaliptos continuas, non dispersas, e en ningún caso situadas en espazos protexidos ou zonas sensibles, como cursos de auga». . . . 2º en quente: sucede o mesmo que coa economía: os culpabeis da situación (si, por trouxeren o bicho) son os que tentan remedialo nas costas dos demáis
Ribadeo lidera la lucha contra las fumigaciones con pesticidas tóxicos

02.06.2012 La UE deja en manos de la Xunta eximir del microchip a los caballos criados en libertad  

02.06.2012 Los retos de Río+20, Ignacio Ramonet 


  1.06.2012  Novas do dí­a. No calendario PREME a data de interese

venres, 1 de Xuño do 2.012, D.O.G. Nº 104

01.06.2012 Defender o monte veciñal é defender o pais: movilicémonos o dia 9 de xuño.  A veciñanza comuneira ten sobrados motivos para levar adiante esta manifestación contra a Lei de Montes de Galiza, XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ 

 01.06.2012 CMVMC O Salgueiral (Pontevedra): 1ª Xornada de Traballo: O rural que queremos, 2 de xuño 9:30h 

 01.06.2012 CURSO DE MICOLOXÍA, Sábado, 9 de junio de 2012 

 01.06.2012 A Coruña: Os comuneiros de Muros actuarán como voluntarios para previr os incendios 

 01.06.2012 Los ingenieros de montes auguran un verano peor que en 2011 por los incendios. Cál é o fío?: «Creen que una mejor gestión de la biomasa reduciría los fuegos a la mitad y crearía empleos» . . .  en quente: A súa corporación non debera facer autocrítica? En qué e para quén traballan e traballaron nos, digamos, últimos cen anos?

 01.06.2012 CMVMC Sanguiñedo (Dozón): Sanguiñedo o lo que el viento se llevó 

 01.06.2012 CMVMC Vilaflor, Sacada de Fraguas, Vilaboa e A Silva (Ramirás)-Ourense: El Concello de Ramirás cede una parcela que reclaman los comuneros

 01.06.2012 No solo con agua se apaga el monte. El CSIC publica el primer estudio sobre los daños que causan en la naturaleza los productos químicos que usa la Xunta para acelerar la extinción del fuego 

Novas do 27 ao 31de maio

31.05.2012    Novas do dí­a. No calendario PREME a data de interese
xoves, 31 de Maio do 2.012, D.O.G. Nº 103
Consellería do Medio Rural e do Mar 

EDICTO do 23 de abril de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve o recurso de reposición presentado contra a resolución de clasificación do monte Gorxal, parcelas A, B, C, E, F, G e H, solicitada a prol dos veciños da CMVMC de Cabral, do concello de Vigo.  21104  Descargar PDF 
CMVMC Forzans (Pontecaldelas)-Pontevedra: ANUNCIO do 14 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se empraza o interesado no expediente 12360071/2007, de subvención para o fomento das frondosas caducifolias.  21117  Descargar PDF

31.05.2012 CMVMCs Madanela, San Marcos, A Grela e Ventoxo (Forcarei)-Pontevedra: Pachi Vázquez pon Forcarei como exemplo de aproveitamento sostible do medio rural 

31.05.2012 CMVMC Éntoma  (O Barco de Valdeorras)-Ourense: O Barco pondrá en marcha una granja para producir porco celta 

31.05.2012 Veciños de Triacastela e ADEGA reclaman a paralización da ocupación do monte comunal por Cosmos

31.05.2012 Los ambientalistas denuncian que IKEA tala bosques vírgenes

31.05.2012 Crise e corrupçaoAdela Figueroa Panisse   


 30.05.2012  voltar ó calendario    ir ó 2.012    IR Ó ARQUIVO XERAL  

mércores, 30 de Maio do 2.012, D.O.G. Nº 102

30.05.2012 Plan prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza (PLADIGA): MEMORIA 2011
 
30.05.2012 Convocatoria do Consello Forestal, que terá lugar o día 12 de xuño de 2012

30.05.2012 Mancomunidade de MVMC do Val Miñor-Pontevedra: A Mancomunidade de Montes do Val Miñor en contra das fumigacións. Reuniuse onte venres en Borreiros para decidir a liña a seguir nos vindeiros anos


 29.05.2012    Novas do dí­a. No calendario PREME a data de interese

lus, 28 de Maio do 2.012, D.O.G. Nº 100
Consellería do Medio Rural e do Mar
CMVMC Confurco de Ces (Lousame)-A Coruña: ANUNCIO do 11 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para o fomento das frondosas caducifolias número 12150105/2007 e dous máis.  20623  Descargar PDF

29.05.2012 CMVMC Nogueira (Chantada)-Lugo: Volve a romaría do pobo mergullado de Sernande

29.05.2012 La FAO y el acaparamiento de tierras 


 28.05.2012    Novas do dí­a. No calendario PREME a data de interese

lus, 28 de Maio do 2.012, D.O.G. Nº 100

28.05.2012 Súmate ao evento: Manifestación contra a Lei de Montes en Facebook
                                3º AVISO:  Manifestación pola modificación da Lei de Montes o 9 de Xuño en Santiago VER DOCUMENTACIÓN  A Lei se modificará, se non pola manifestación, pola loita suseguinte a cotío, e se non cando troque o goberno na Xunta

28.05.2012 Mata ao bicho, pero arrasa todo. O pesticida que acaba co eucalipto é letal para o chan e a auga

28.05.2012 En esa isla nadie vive, hay sólo pájaros, y sin embargo… ¡Mira lo que allí ocurre!: http://www.midwayfilm.com/ 


 27.05.2012    Novas do dí­a. No calendario PREME a data de interese

27.05.2012 Ourense: Concentración no  Día Mundial do Medio Ambiente (5 de Xuño)
Cartaz
Denuncia
Nota de Prensa
 
27.05.2012 SÁBADO 2 DE XUÑO, MARCHA CONTRA CELULOSAS. SAÍDA ÁS 19:30 DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA. AO REMATE: POLBADA NA PRAZA DA PEDREIRA

27.05.2012 CMVMC Manteras (Irixoa)-A Coruña: Vecinos de Irixoa denuncian ataques de lobos ao gando 

27.05.2012 Un incendio forestal arrasou 27 hectáreas na Laracha 

27.05.2012 CMVMC Cimadevila e Laceira (Campo Lameiro)-Pontevedra: A Garda Civil vincula a vinganzas a morte de cabalos en Campo Lameiro 

27.05.2012 CMVMC Petán (A Cañiza)-Pontevedra: Petán renace con la ayuda del cerdo 

27.05.2012 CMVMC Chaín  (Gondomar)-Pontevedra: Fenosa corta el suministro al campo de fútbol de Chaín por conexión ilegal y multa a Gondomar con 3.000 euros 

27.05.2012 Alimentos que envenenan a los niños, Frei Betto

27.05.2012 Índice de risco diario de incendios forestais     


 26.05.2012    Novas do dí­a. No calendario PREME a data de interese 

26.05.2012 CMVMCs Vilaboa e Figueirido (Vilaboa) e Salcedo (Pontevedra): Los comuneros aplauden la opción de la Brilat de no prolongar el proceso judicial
 
26.05.2012 IU intenta frenar en Madrid los planes de fumigación de la Xunta
 
26.05.2012 Organizaciones de todo el estado forman una alianza para desenmascarar la economía verde

Apoios e oposición á Lei de Montes

Borrador da Lei de Montes de Galiza, entidades do sector, coherencias e incoherencias

Compre lembrar a posición das entidades representadas no Consello Forestal de Galiza, celebrado o 9 de novembro do 2011, onde foi aprobada (aínda que sen ningún tipo de votación), o borrador da Lei de Montes de Galiza para que iniciara o trámite parlamentar, onde está neste momento. De todas as entidades do sector, que compoñen o consello forestal, só o Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra e a Organización galega de comunidades de montes, se manifestaron  en contra.

Compre destacar que o gabinete xurídico no parlamento, en pleno debate do borrador da Lei, recoñeceu a posibilidade de que a PROPIEDADE COMUNITARIA existe ao mesmo nivel que a propiedade privada ou pública, tal e como recolle a constitución da República Portuguesa. Se non se admite é por unha decisión política do goberno da Xunta e do PP.

A voz da ORGCCMM nas terras da montaña luguesa

O pasado venres día 1 de xuño a ORGCCMM, a través de Alfredo López, presentou unha conferencia aos comuneir@s de Negueira de Muñíz e o sábado día 2 aos da Fonsagrada. Ademais e repasar o interese da propiedade comunitaria para o noso país expúsose o labor da entidade na defensa do monte veciñal dianta do borrador da Lei de Montes. Os detates sobre a realidade dos monte na montaña luguesa e as consultas sobre problemáticas particulares da zona foron numerosas.

Defender o monte veciñal é defender o pais: movilicémonos o dia 9 de xuño

Defender o monte veciñal é defender o pais: movilicémonos o dia 9 de xuño

A Lei de Montes de Galiza que se está a debater no Parlamento Galego, non respecta nin a figura, nin as funcións dos montes veciñais.

O dia 9 de Xuño en Santiago de Compostela, a veciñanza comuneira e o pobo galego compre que llo digamos alto e forte ao Partido Popular e aos intereses económicos, especulativos e urbanísticos que o monte veciñal foi noso, é noso, e será sempre noso. E o pronome noso, non vai referido somentes a veciñanza comuneira, senón a todos os galegos e galegas. Porque o monte veciñal e unha das nosas sinal de identidade, porque é outra forma de posuír que temos os galegos e as galegas.

Vémonos pois en Santiago de Compostela o dia 9 de Xuño as 12 da mañá na estación do ferrocarril.

Espallando a necesidade de estarmos o 9Xñ en Compostela

O venres día 1 de xuño Alfredo Pereira, Presidente da ORGACCMM está convidado ao acto informativo sobre a http://orgaccmm.blogaliza.org/files/2012/05/PEGATA.jpg

Lei de Montes e as Fumigacións, organziado polo BNG.

As 20: 30 h en Borreiros, Godomar. Intervirá o deputado no parlamento Henrique Vieitiez

O venres día 1 de xuño Charla sobre a ORGCCMM e a Lei de Montes as 20:00 h en Negueira de Muñíz

O sábado día 2 de xuño Charla sobre a ORGCCMM e a Lei de Montes as 11:30 h na Fonsagrada

Súmate ao evento: Manifestación contra a Lei de Montes en Facebook

Durante estas dúas semanas podes sumarte ao Evento  do Facebook.

Podes consultar o perfil do Facebook da ORGCCMM:

http://www.facebook.com/orgccmm.organizaciongalegademontes.

É posible que atopes outro perfil de Facebook co enderezo: http://www.facebook.com/orgmcmc.montes. Tamén é noso mais tivemos que abandonalo por cambio de correo de xestión e extravío das chaves, o que non foi posible recuperalas, tomando a decisión de abrir o novo perfil.

 

Evento

Materiais e documentos convocatoria Manifestación 9Xñ

A ORGCCMM convoca para o día 9 de xuño en Santiago de Compostela unha manifestación en contra da Lei de Montes que o goberno está a tramitar.

Criterios explicativos dos motivos polos que a ORGCCMM oponse ao proxecto de Lei de montes do PP, podes descargalos AQUIPara completar a información tedes: Borrador da lei de Montes, Alegacións da Lei de Montes (entre as que se atopan as presentadas pola ORGCCMM, as Mancomundiades e as CCMM)

Materiais para descargar e distribuír

Cartaz a cor sinxelo

Cartaz a cor con criterios

Cartaz a branco e negro con criterios

Tarxeta formato autocolante

Apoia a caonvocatoria a ALIANZA POR UN MONTE VIVO: ORGCCMM; ADEGA, FRUGA, CIG

Tamén amosaron o seu apoio á mobilización: SLG, Amigos da Terra, PSOE, EU, BNG.