MANIFESTACIÓN. Domingo 22 de abril ás 12,00 h en Compostela

Coas últimas modificacións da Lei de Montes Veciñáis en Man Común xunto a revisión do Plano Forestal de Galiza, o Partido Popular quere ROUBAR o monte veciñal as Comunidades de Montes. A Consellería de Medio Rural convertese en xuiz e parte para declarar un monte veciñal en estado de abandono, e intervilo por causas burocráticas  e administrativas  como non elexir a xunta rectora a tempo, incumplir algún artigo da Lei de Montes de Galiza ou da de Prevención e Defensa contra os Lumes Forestáis. Con elo xustifica a entrega do monte a unha empresa privada por 50 anos sen posibilidade de recuperación nese período. Ademáis pretende DESCLASIFICAR  montes veciñais que teñan entre os seus usos o social.

O Partido Popular, quere PRIVATIZAR e DESCLASIFICAR os montes veciñáis en man común para que desapareza do Noso País ésta forma de posuir que temos os galegos e galegas. Fica claro que para éste grupo o Medio Rural non ten futuro. Polo tanto, só interesa para a implantación de aproveitamentos agresivos, que non xeran valor engadido, ou equipamentos e instalacións para as elítes (campos de golf, centros comerciáis, urbanizacións de luxo,…).

Na revisión do Plano Forestal de Galiza fica clara esa idéa cando apostan por incrementar a superficie de eucalipto, potenciar os cultivos enerxéticos, e non polas madeiras de calidade das frondosas, ou pola multifuncionalidade.

                NOS, a veciñanza comuneira, e o pobo galego en xeral, temos que parar éste ROUBO do monte veciñal e con elo a destrucción do Medio Rural. Temos a obriga de movilizarnos e acodir a MANIFESTACIÓN organizada pola ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES, apoiada por FRUGA, CIG, SLG, ADEGA, ATRIFOGA e APDR. Terá lugar o vindeiro Domingo 22 de Abril de 2018, as 12,00 horas en Santiago de Compostela, con saída dende a Estación de Renfe.

 

Iniciativa lexislativa popular

A ORGACCMM, conxuntamentes con Adega, Fruga e Cig, elaborou unha proposición de lei por iniciativa lexislativa popular para a protección e mellora dos habitats de boque autoctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais .

Para que esta proposición de lei se debata no Parlamento Galego e preciso a recollida de , alo menos , 10.000 sinaturas, antes do 24 de Marzo de 2018.

 

Se queres votar unha mán nesta recollida de sinaturas,podes pedir os pregos   chamando a ORGACCMM.

Enlace ADEGA

Texto aquí

 

Axudas para accións silvicolas de prevención de danos causados polos incendios

ORDE DE AXUDAS.

No Diario Oficial de Galiza do dia 8 de Xaneiro de 2018 sae unha liña de axudas para  accions silvicolas de prevención de danos causados aos montes por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación  e do valor medioambiental dos montes.

 

As accions que se poden solicitar son:

1-Tratamentos silvicolas (desbreces ,podas , clareos  ) coa finalidade de prevención de incendios.

2-Tratamentos silvicolas(claras, podas , talas de formación ,desbroces) e plantacions puntuais de determinados arbores ,directamente vinculadas aos valores ecolóxicos dos montes que non teñan caracter productivo .

 

As cuantidas das axudas son do 100%  e o prazo de presentación das solicitudes e de 30 dias hábiles contados a partir do dia seguinte da publicación no DOGA, máis información .

AXUDAS  PARA A PREVENCION E LOITA CONTRA OS LUMES FORESTAIS.

-No Diario Oficial de Galicia do dia martes 19 de Decembro de 2017, saeu publicada a orde para que as comunidades de montes veciñais poidan solicitar axudas para a prevención e loita contra os lumes forestais. O prazo de  presentación das mesmas remata o dia 20 de xaneiro dd 2018. E teñen que ser presentadas obrigatoriamente por via electrónica .

-Hai duas liñas de axudas : Control selectivo do combustibel e construción de puntos de auga .A superficie mínima para poder solicitar as axudas e de 100has. Hai posibilidades de facer os traballos, que somentes poden ser  mecanicados, por medios propios .

-As actuacions que se poden facer son:

+Control selectivo en areas de cortalumes, faixas auxiliares de pistas, desbroce en  rexenerado natural. A subvención e do 100% .

+Construción de puntos da agua .Esta actividade tamén será subvencionada ao 100% .

Contra a depredación

A ORGACCMM apoio este domingo a convocatoria da manifestación nacional en Compostela. a destrucción do monte é tamén depredación, o ataque á propiedade comunitaria é tamén depredación, Por unha nova política forestal, Lumes Nunca Máis.

LUMES NUNCA MAIS

CONCENTRACIÓNS URXENTES CONVOCADAS  BAIXO O LEMA NUNCA MAIS
Ante a gravidade do acontecido como consecuencia dos lumes sufridos esta fin de semana, a Mancomunidade de Montes do Val Miñor convoca, en réxime de auto convocatoria, unha concentración para hoxe, luns 16 de outubro, ás 20:00 horas no Paseo da Ramallosa, no concello de Nigrán. Faise un chamamento á participación de toda a veciñanza dos tres concellos do Val Miñor.
Así mesmo a ORGACCMM amosa o seu apoio e solidariedade aos familiares das persoas falecidas nos lumes, agradece a toda a veciñanza a entrega e solidariedade nos labores voluntarias contraincendios, así como a tod@s @s profesionais pois sabemos que dan todo o que poden e máis.
Por tanto compartimos e convocámosvos a participar nas mobilizacións.

VII XORNADAS DE MONTES E MEDIO AMBIENTE

A  Mancomunidade de Montes Comunais en Man Común do Val Miñor, organiza este vindeiro sánado a VII XORNADAS DE MONTES E MEDIO AMBIENTE en Gondomar.

Consideramos que os temas tratados son de interese xeral polo que agradecemos a difusión dos contidos para convidar á veciñanza a participar nas mesmas, que terán lugar o sánado 29, a partir das 18:00 h no centro Neural de Gondomar.