Asemblea en Lobios 23/03

O sábado día 23 levouse a cabo a asemblea anual da ORGACCMM, dsta volta en Lobios. Contou cunha nutrida asistencia de máis de 90 persoas repreentantes das CCMM da zona e do resto de Galicia.

Foron tratados interesantes temas entre os que destaca a proposta da Lei de Montes que se quere impulsar dende a ORGACCMM e da reversión de patrimonio que é unha ameaza máis das CCMM.

Nova versión do Borrador da Lei de Montes

Non podemos agardar a que nos diten unha normativa que afecte aos Montes de propiedade Comunitaria sen contar con nós.

 

É por iso que a ORGACCMM marcouse como obxectivo a redación dun texto normativo que recolla os principios básicos que levamos defendendo dende hai anos, así como os nosos propios intereses.

Logo dunha primeira volta ao rascuño da poposta de lei, achegámosvos un segundo texto. Este texto segue aberto a enmendas que podedes enviar ao correo do presidente.

IIºVERSION DO TEXTO DE PROPOSTA DE LEI DE MONTES VECIÑAIS

CORREO DE COMUNICACIONS: xapegonda@gmail.com

Discurso de clausura de Xesús Balboa

A retransmisión foi en directo pero podes ver o video do acto de clausura do VI Congreso de Comunidades de Montes, incluída a conferencia de Xesús Balboa, Doutor en Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela (1990), coa tese O monte en Galicia, séculos XIX e XX. Problemas xurídico-administrativos e individualización campesiña, dirixida polo Profesor Ramón Villares Paz. É profesor titular do Departamento dende 1991. Aquí:

 

https://www.facebook.com/orgccmm.organizaciongalegademontes/videos/1738034172942970/

Apoio á mobilización do 3 de xuño

A Mesa Galega pola caza decidiu incluír no manifesto da mobilización a proposta da ORGACCMM de :

Os montes veciñais son titularidades da veciñanza comuneira.Non a sua privatización nen a sua incautación.
Por un monte e un medio rural vivo(multifuncional e sustentabel) .
É por iso que a ORGACCMM tomou a decisión de apoiar a mobilización do 3 de xuño (as 12 da mañan con saida da Alameda de  Compostela )  na defensa do medio rural, convocada pola Mesa Galega pola caza.

Manifestación 22 de abril en Compostela

Pola defensa do monte veciñal como unha titularidade da veciñanza comuneira

Contra o modelo de monte só forestalista, promovido tanto pola Dirección Xeral de Ordenación e planificación forestal, da Xunta de Galicia, como polo loby forestalista, a Organización Galega de comunidades de montes veciñais en man común (ORGACCMM), convoca unha manifestación o dia 22 de Abril en Compostela.

Os lemas da manifestación serán:

Pola defensa do monte veciñal como unha titularidade da veciñanza comuneira

Por un plano forestal para un medio rural vivo

Apoiada polas organizacións Adega, Apdr, Atrifoga, Cig, Fruga e o SLG .

DESARGA:

CARTAZ

DIPTICO

LEE: ARTIGO DE XOSÉ ALFREDO PEREIRA

 

Comité Científico do Ministerio: os eucaliptos invasores deberían erradicarse

Características que fan aos eucaliptos nocivos para o medio natural

O seu rápido crecemento e alta adaptabilidade a todo tipo de chans, fan que especies de eucaliptos como o E. globulus, E. nitens, E. camandulensis, E. gomphocephala, E. gunnii e E. sideroxylon, entre outras, sexan para o Comité Científico «nocivas para o medio natural dos lugares onde se cultivan». Eis algunhas das razóns:

  • Provocan o empobrecimento das cadeas tróficas, pola dificultade da descomposición das follas, o que inibe a incorporación de materia orgánica ao solo e a mineralizacfión do nitóxeno.
  • Alteran as propiedades físico-químicas, bioquímicas e microbiolóxicas do solo, en maior medida que os lumes en bosques autóctonos de carballos; e diminúen o balanzo hídrico do chan.
  • Amosan actividade allopática, dificultando a xerminación e o crecemento doutars especies.
  • Provocan perda de biodiversidade tanto vexetal como animal, aumentando o risco de instalación doutras invasoras. Supoñen tamén unha fragmentación dos ecosistemas naturais.
  • Colonizan espazos abertos, desprazando ás colonizadoras autóctonas, sobre todo despois dos lumes, o que fai que actúen como as «malas herbas».
  • Son difíciles de erradicar, polo que o seu control supón un alto custo para a economía.
  • Teñen un elevado risco de lumes pola acumulación de follas e a presenza de aceites inflamábeis. Por iso as zonas plantadas con eucaliptos poden entrar nun bucle de retroalimentación (o eucalipto favorece o lume e este favorece ao eucalipto sobre outras especies) que resulta difícil de rachar.
  • Favorecen a introdución de especies asociadas, insectos e fungos, que desprazan ás autóctonas.

Xa que logo, o Comité conclúe que «calquera especie ou híbrido de Eucalyptus introducida para a explotación forestal debe considerarse potencialmente perigosa para o medio natural e debe tratarse do mesmo xeito, evitando sa súa naturalización e erradicándoa no intre de detectar a súa naturalización.

Información ADEGA

Informe Comité Científico