Resume das Xornadas MEDIO RURAL VIVO

A alianza por un medio rural galego vivo: unha ferramenta para o País

O local social da comunidade de Montes Rega dos Agros de Combarro (Poio) foi espazo de debate sobre a situación actual do mundo rural, as políticas neoliberais que inciden nel e as propostas conxuntas de cambio cara ao futuro, nunhas xornadas organizadas por ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM, ás que asistiron ao redor de 200 persoas. O acto pechouse coa sinatura da Alianza por un medio rural galego vivo, que queda aberta a adhesións doutras entidades que traballen a prol da reactivación do rural.

Información resume sobre as Xornadas na prensa dixital: Praza Pública

http://praza.com/movementos-sociais/726/un-medio-rural-multifuncional-e-sustentable/

 Podedes escoitar o programa de radio-CERNA, de ADEGA, sobre as xornadas:

http://tripandoterrons.prazapublica.com/post/22780733720/resume-das-xornadas-por-un-medio-rural-galego-vivo

Foto: Praza Pública