
Na asemblea xeral, de carácter ordinario, celebrada o dia 22 de Marzo de 2025 en Valadares (Vigo), acordouse, convocar unha manifestación no momento que se faga público o borrador para a futura lei de montes veciñais. Unha nova lei de montes veciñais que, segundo está escrito no chamado Libro Branco para a regulación dos montes veciñais, o que pretende é eliminar o carácter xermánico destas terras veciñais para proceder a súa privatización ou a súa municipalización .
Dende a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), entendemos que as comunidades de montes deberíamos comenzar a traballar para explicar o que verdadeiramente significa a nova lei de montes veciñais que pretende sacar a Consellaria do Medio Rural, para que, cando se convoque a manifestación, a resposta sexa tan contundente que sexa capaz de parar o roubo que pretenden.
Para sensibilizar á veciñanza comuneira, as xuntas reitoras das comunidades de montes deben empregar os métodos que consideren máis oportunos. A asemblea xeral da ORGACCMM, celebrada o pasado dia 22 de Marzo, entende que algúns destes métodos poderían ser :
- Seguir recollendo entre as diversas organizacións, de diversa índole das parroquias, sinaturas de apoio a proposta de lei de montes veciñais contida na Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola ORGACCMM.
- Levar o tema da futura lei de montes veciñais ás asembleas xerais das comunidades de montes.
- Realizar charlas, conferencias, actos… para debatir a futura lei de montes veciñais .
Se as comunidades de montes entenden que para levar adiante esta campaña de sensibilización de cara a manifestación que se vai convocar é interesante a presenza de membros da xunta reitora da ORGACCMM, somentes teñen que solicitala .


