COMUNIDADES ACTIVAS E PAISAXES RESILIENTES A INCENDIOS FORESTAIS E CAMBIO CLIMÁTICO

A ORGACCMM ven de recibir da fundación Montescola unha comunicación na que nos informa de un proxecto denominado  Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático, e convida Ás comunidades de montes a  participar no mesmo .

Este proxecto, que conta con unha axuda da fundación Biodiversidad e que coordena a fundación Juana de Vega, consiste en :

  • Realización de 5 visitas  de intercambio a 5 montes veciñais.
  • Elaborar un Atlas de Boas Práticas de Conservación  Comunitaria.

Aquelas comunidades de montes que dexesen participar no mesmo, deben porse en  contacto coa fundación Montescola (info@montescola.org).

ALEGACIÓNS AO PROXECTO ALTRI EN PALAS DE REIS.

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), ven de presentar diante da Secretaria Xeral de Industria da Consellaría de Economía, Industria e Innovación alegacións á implantación dunha industria de fibra téxtil  a base de celulosa, que promovida pola empresa Greenfiber S.L, preténdese instalar en Palas de Rei co nome de proxecto GAMA.

Coas achegas presentadas solicítase da Secretaría Xeral de Industria que lle denegue  á empresa Greenfiber S.L as correspondentes autorizacións  para a instalación da industria de fibra téxtil  e que se arquive o expedente.

O proxecto de Altri pretende producir 600 mil toneladas de celulosa solúbel  e lyocel. Para tal produción de celulosa a empresa precisa o consumo de 1´2 millóns de toneladas/ano de eucalipto. Isto vai supor, necesariamente, un incremento de  terras adicadas ao cultivo desta especie forestal.

Os primeiros datos do Inventario Forestal Continuo de Galiza, publicados no mes de Xuño do ano pasado, certificaron que a superficie do monte galego ocupada polo eucalipto superou en perto de 400 mil hectareas  o planificado no Plano forestal de Galiza para o ano 2021. O proxecto de Altri ven aínda a rachar máis esta planificación, dado que vai precisar máis terras adicadas ao cultivo deesta especie forestal. Polo tanto, o proxecto GAMA de Altri ven a fomentar un modelo de monte forestalista, neste caso  con especies de crecimento rápido, cando o monte de futuro pasa por conquerir  un monte multifuncional e sustentabel .

O proxecto Altri vai producir celulosa destinada a exportación, xa que logo non vai pechar o ciclo produtivo da produción e polo tanto non vai xerar valor engadido na zona . Vai potenciar de novo unha industria de enclave  e espoliadora dos recursos.

Na bisbarra onde se pretende instalar a factoría de Altri hai un importante sector agrogandeiro e existen diferentes empresas, moitas delas de produción ecolóxicas, que se asentan sobor o sector primario. Estas actividades económicas verían mermadas a súa produción, cando non abocadas ao peche. A instalación da macrodelulosa de Altri nestas terras contribuiría a unha maior disminución da superficie útil agraria e eliminaría outras actividades económicas e sociais que se dan na zona coa conseguinte despoboación do medio rural.

Na realidade, a instalación da macrocelulosa de Altri  nas terras da Ulloa propiciaría un modelo de monte forestalista en rexime de monocultivo forestal con especies de crecemento rápido e provocaría a despoboación da zona. E está constatado que a forestación salvaxe e o despoboamento do medio rural son dúas das causas principais que propician que os lumes sigan sendo unha lacra para o territorio e para as pobaocións que neles habitan.

ASEMBLEA XERAL 2024 DA ORGACCMM    

A Organización Galega de Comunidades de Montes celebrará a súa asemblea xeral ordinaria correspondente ao ano 2024:

  • Sábado 20 de abril ás  10`00h.
  • No teatro Elma na Pobra do Caramiñal. 

Entre outras cuestións, dentro do orde do dia desta asemblea xeral da ORGACCMM, tratarase da situación na que se atopa  a pretensión  da Consellaría do Medio Rural de modificar a lei de montes veciñais en man  común actualmente vixente.

Modificación que pretende eliminar o carácter de xermánico dos montes veciñais para proceder a súa privatización. Por iso, nesta asemblea xeral da ORGACCMM ,tratarase de acordar as accións institucionais e reinvindicativas para parar este novo ataque ao monte veciñal en man común.

A asemblea xeral está aberta a todas as comunidades de montes que queiran participar na mesma. Para isto,  teñen que comunicalo antes do dia 12 de Abril de 2024, chamando o móbil 649137135 ou no correio electrónico xapegonda@gmail.com.

PROPOSTA PARA PERPETUAR A MEMORIA CULTURAL E LINGÜISTICA PARROQUIAL.

A ORGACCMM ven de recibir da Asociación de Funcionarios para a normalización lingüistica de Galicia unha proposta para  Perpetuar a Memoria Cultural e Lingúistica parroquial. Nesta proposta prantexan que desde  as comunidades de montes se fomente que as lápidas da veciñanza comuneira falecida, e todo e que nelas se escriba, se fagan  no idioma galego.

A ORGACMM considera  acaída esta  proposta para perpetuar a memoria cultural e lingüistica parroquial. Polo tanto, solicita que as comunidades de montes  leven esta cuestión a debate as súas asembleas xerais para que se, o consideran oportuno,t omar os acordos pertinentes para efectivizala. E de este xeito contribuir a normalización do idioma galego en todos os eidos.

Aquelas comunidades de montes que nas súas asembleas xerais  tomasen este acordo, para a súa total efectividade, deben conseguir dos veciños/as comuneiros/as asinen unha Declaración de Vontade Individual (podedes pedir este documento na Orgaccmm).

Convocan ás forzas políticas galegas para falar dunha nova lei de montes veciñais

 

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes convoca ás forzas políticas galegas para falar dunha nova lei de montes veciñais que garanta o carácter comunal e democrático das comunidades de Montes.

Na Consellaría do Medio Rural, ficou un borrador para a modificación da lei de montes veciñais en man común  actualmente vixente. Un texto deste borrador que para a ORGACCMM, atenta contra os principios básicos do monte veciñal, xa que prantexa a eliminación do carácter xemánico destas terras. O que segundo Xosé Pereira, presidente desta organización, significaría, nun futuro inmediato, “a privatización das comunidades de montes”.

Debido a isto, a ORGACCMM solicitou aos candidatos e candidatas das forzas políticas que concorren as eleccións nacionais que no programa eleitoral do seu grupo político contemple a elaboración dunha nova lei de montes veciñais que tome como base o texto contido na Iniciativa Lexislativa Popular presentada o ano pasado no Parlamento Galego polas propia Organización Galega de Comunidades de Montes.

Unha Iniciativa Lexislativa Popular que foi elaborada polas comunidades de montes e que contou co aval de 12.010 sinaturas. Un texto que reforza o carácter xermánico dos montes veciñais e mellora o funcionamento democrático das comunidades de montes, 

Ademais, tamén solicitaron aos  grupos políticos o compromiso de que toda a futura lexislación referente aos montes veciñais en man común, así como todas as propostas para pór en valor os montes veciñais, se elaboren contando coa opinión das comunidades de montes,  

Subvencións en prazo

Impulso da boa gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais

No Diario Oficial de Galicia do dia Venres 19 de Xaneiro de 2024 (DOG nº 14)  publica  a ORDE do 20 de decembro de 2023, polo que establecen as bases reguladoras das axudas,en concurrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais en man común e dos montes de varas, abertais de voces.

As comunidades de montes pode solicitar esta axuda . O obxetivo de estas axudas son:

  • Revisión dos croquis das carpetas-ficha
  • Deslindes parciais entre montes veciñais e con outros tipos de montes.

A cuantía da axuda pode chegar o 100% . O prazo de presentación das solicitudes de axudas remata o 1 de marzo de 2024.

 

Fomento e apoio as agrupacións forestais de xestión conxunta

No Diario Oficial de Galiza do dia  venres 12 de Xaneiro de 2024 (DOG nº 9), publica a ORDE polo que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento e apoio as agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal.

Aínda que esta orde de axudas consta de tres liñas ,as comunidades de montes e as mancomunidades de montes so poden solicitar axudas para a liña I (Axudas para organización de accións  de divulgación que impulsen  o coñocemento e poñan en valor a importencia estratéxica  das agrupacións forestais de xestión conxunta).

A cuantia da axuda pode chegar ao 100%.O prazo para a presentación das solicitudes remata o dia venres 23 de Febreiro de 2024.

III Edición do Dia de Loita da Veciñanza Comuneira

III Edición do Dia de Loita da Veciñanza Comuneira

  • Eirón-Mazaricos,
  • 20 de Xaneiro de 2024

PROGRAMA

  • Primeira parte

11,00 horas: No Local Social da Freguesía de Eirón.
Presentación da xornada por INGATECO. Benvida polo Alcalde de Mazaricos.

11,15 horas: Intervención de Edelmiro López Iglesias. Profesor do Departamento de
Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Ex – Director Xeral de
Desenvolvemento Rural da Xunta de Galiza. Ponencia: “O futuro dos Montes Veciñais en
Man Común na Galiza Rural do século XXI”.

12,00 horas: Acto de homenaxe a ORGACCMM no seu 25 aniversario.

12,15 horas: Intervención de Xosé Alfredo Pereira. Presidente da ORGACCMM

12,45 horas: Remate.

  • Segunda parte

13,00 horas: Acto de homenaxe no Monumento de Eirón no cabodano do asesinato de José Esperante (O Ché) (22.01.63) e demais represaliados na defensa da terra comunitaria.

13,15 horas: Intervencións de INGATECO, CONCELLO DE MAZARICOS, ORGACCMM, FAMILIA ESPERANTE.

13,30 horas: Ofrenda floral. Himno Galego.

Tameiga acolle o IV Congreso europeo de Áreas Comunitarias 

 

  • Este fin de semana terá lugar no centro Cultural As Pedriñas de Tameiga o IV Congreso europeo de Áreas Comunitarias, no que participarán comunidades de montes galegas e asociacións de baldíos portuguesas.     
  • Este cuarto congreso, organizado pola Federaçao Nacional de Baldíos-BALADI e a Organización galega de Comunidades de Montes, celébrarase baixo o lema “Novas economías verdes en áreas comunitarias: espazo de oportunidades ou risco anunciado”.

A Organización galega de Comunidades de Montes xunto coa Federaçao Nacional de Baldíos-BALADI celebran, este sábado 18 e domingo 19, o IV Congreso europeo de Áreas Comunitarias. As actividades do congreso terán lugar no centro social As Pedriñas da Comunidade de Montes de Tameiga (Mos).

O Congreso europeo de Áreas Comunitarias está destinado especialmente para a participación das comunidades de montes veciñais galegas e as asembleas de compartes portuguesas. Participan, ademais, entidades de diversa índole que viven, traballan o xestionan o medio rural, así como profesionais relacionadas co medio rural e co monte veciñal. Tamén están convidadas organizacións ecoloxistas e ambientais de Galiza e Portugal.

“Novas economías verdes en areas comunitarias: espazo de oportunidades ou risco anunciado” é o lema que preside este congreso, xa que nas charlas e talleres do encontro se abordará o papel a desenvolver polas áreas comunitarias na transición enerxética. Debatirán cómo conxugar este papel coa presente ameaza da vaga de acaparación das terras comunitarias impulsada pola economía capitalista e auspiciada por algunhas administracións.

Os montes veciñais en man común galegos e os baldíos portugueses son titularidades de carácter xermánico. Son terras indivisibles e intrasferible e polo tanto situadas fóra do tráfico do mercado. Ademais, están xestionadas  democráticamente pola veciñanza comuneira galega e os compartes portugueses que conforman as asambleas que rixen estas áreas forestais. 

Segundo a ORGACCMM: “As características destas terras comunitarias chocan frontalmente cos intereses de sectores capitalistas, especulativos e urbanísticos. Por iso, estes intereses, amparados polo goberno da Xunta de Galiza do Partido Popular, tentan de modificar a vixente lei de montes veciñais en man común e así eliminar o seu carácter de titularidade xermánica e proceder a privatización das terras comunitarias”.

A Organización galega de Comunidades de Montes denuncia que a estratexia do capitalismo é a acaparación  das terras e, con ela, o espolio dos recursos que nelas se dan: vento ,auga .minerais ,producións agro-gandeiras,… Sinalan que tamén sufren intentos de acaparación de terras para a construcións de urbanizacións de luxo, campos de golf, centros comerciais ou cidades desportivas de clúbes privados como no caso dos montes veciñais de Tameiga.

“Para parar esta agresión ás terras comunitarias, a veciñanza comuneira ten que conquerir que as lexislación reforcen o carácter xermánico dos montes veciñais e que se recoñozan a estes como titularidades distintas e en pé de igualdade coas  titularidades privada e pública actualmente existentes”, destaca Xosé Pereira, presidente da ORGACCMM.

Na Unión Europea, os montes veciñais galegos e os baldíos portugueses, como titularidades comunitarias e veciñais só existen en Galiza e Portugal. No IV Congreso europeo de Áreas Comunitarias, baldíos e montes veciñais buscaran o modo de que a Unión Europea recoñeza esta titularidade veciñal e comunal para que conste esta especificidade na súa política agraria .medioambiental e de desenvolvemento rural.

IV Congreso europeo das Áreas Comunitarias

 IV CONGRESO EUROPEO DAS ÁREAS COMUNITARIAS

NOVAS ECONOMÍAS VERDES EN ÁREAS COMUNITARIAS: ESPAZO DE OPORTUNIDADE OU RISCO ANUNCIADO

18-19 Novembro no Centro Cultural As Pedriñas, Tameiga 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

SÁBADO 18 DE NOVEMBRO 2023

10´30 Horas Apertura do 1º día do IV Congreso europeo das Áreas Comunitarias a cargo de Jose Fernandes, presidente da dirección de  BALADI  e César Lago Orduña, presidente da Comunidade de montes de Tameiga.

  • MESA 1: VALORACIÓN DE SERVIZOS PRESTADOS  POLOS BALDÍOS E OS MONTES VECIÑAIS PARA BEN DA SOCIEDADE NO SEU CONXUNTO.

10´40 Horas SERVIZOS DO ECOSISTEMA E A SÚA VALORACIÓN POLA SOCIEDADE: FUTURO OU REALIDADE EN ÁREAS COMUNITARIAS.

Relator: Manuel Beiro, enxeñeiro forestal  e Antonio Mota, enxeñeiro forestal.

11´10 Horas O MERCADO DO CARBONO, COMO FUNCIONA E A SÚA  IMPORTANCIA DO PUNTO DE VISTA DAS ÁREAS COMUNITARIAS

Relator: Joao Paulo Fidalgo, profesor na UTAD

11´ 30 Horas A XESTIÓN DESTES RECURSOS :XESTIÓN COMUNITARIA OU MERCADO LIBRE

Relatores/as :Vasco Paiva, enxeñeira florestal  e Beatriz Figueroa Pérez, avogada

12`10  Horas DEBATE E CONCLUSIÓNS DA MESA 1

Moderadores/as : Generosa Gey Piñeiro, vicepresidenta da ORGACCMM e Zé Carlos Pires, vicepresidente da dirección  de BALADI.

  • MESA 2 A NOVA VAGA DE ENERXÍAS VERDES: FOTOVOLTAICA E EOLICA.

12´30 Horas MERCADO DA ENERXÍA EOLICA E FOTOVOLTAICA NAS ÁREAS COMUNITARIAS: OPORTUNIDADES E RISCOS

Relator: Joao Gralheiro, advogado e Xose Manuel Vilas, enxeñeiro de instalacións fotovoltaicas.

13´10 Horas COMUNIDADES ENERXÉTICAS LOCAIS VERSUS COMUNIDADES DE MONTES/ ASEMBLEA DE COMPARTES

Relator: Bruno Dutto, técnico da Comunidade de Montes de Tameiga.

13`30 Horas Debate e conclusións  da Mesa 2

Moderadores/as: Generosa Gey Piñeiro, vicepresidenta da ORGACCMM e Isménio Oliveira, director  de BALADI.

14´00  Horas Xantar de irmandade.

16`00 Horas Visita guiada ao complexo do monte veciñal de Tameiga.

DOMINGO 19 DE NOVEMBRO DE 2023

10`40 Horas Apertura do 2º día do IV Congreso europeo das áreas comunitarias a cargo de César Lago Orduña, presidente da Comunidade de Montes de Tameiga e  José Fernandes, presidente de BALADI.

  • MESA 3 BALDIOS / MONTES VECIÑAIS, TERRITORIO, PERSOAS E GOBERNANZA: O PRESENTE E O FUTURO DESTES TERRITORIOS.

10`50 Horas Mesa redonda.

Intervintes: Oliveira Batista, profesor de ISA; Xose Carlos Morgade Martinez, historiador; Gonzalo Pérez, coordinador da comunidade de montes de Tameiga; Xose Alfredo Pereira Martinez, presidente da ORGACCMM; Armando Carvalho, presidente da asemblea de BALADI,;Pedro Gomes, enxeñeiro florestal e Pedro Hespanha, profesor da Universidade de Coimbra.

12´20 Horas Debate e conclusións da mesa 3

Moderadores/as : Generosa Gey Piñeiro, vicepresidenta da ORGACCMM e Antonio Fernandes, director de BALADI

12´50 Horas Presentación da Unidade Didáctica sobre o monte veciñal a cargo de Claudio Quintillan Vallejo, presidente do INGATECO (Instituto galego das terras comunitarias).

13´20 Horas Saúdo das organizacións convidadas.

13´50 Horas Lectura das Conclusións do IV Congreso auropeo das Áreas Comunitarias a cargo de un/unha representante de FNB e outro da ORGACCMM.

14´00  Horas Peche do IV Congreso Europeo das Áreas Comunitarias a cargo de Armando Carvalho, presidente da asemblea de BALADI e Violeta de Santiago Moure, coordenadora xeral da ORGACCM.

 

FOLLA DE INSCRICIÓN

NOME DA COMUNIDADE DE MONTES, DA ORGANIZACIÓN OU DA
PERSOA________________________________________________
NUMERO DE COMUNEIROS/AS OU ASISTENTES______________
NUMERO DE XANTARES: (30´00 eu/ persoa)_________
NUMERO DE PERNOTACIONS: simple(35´00 eu/ noite)_____doble (55`00 eu/noite)_____

Para poder participar no IV Congreso Europeo de Areas Comunitarias, debedes enviar a folla de inscrición cuberta antes do dia 14 de Novembro de 2023 ao correo electrónico  xapegonda@gmail.com ou ao enderezo postal Centro Veciñal e Cultural de Valadares. Camiño do Pedregal nº6 -36314 Vigo (Pontevedra).

BORRADOR DO DECRETO POLO QUE SE REGULARAN OS CONTRATOS TEMPORAIS DE XESTIÓN PUBLICA E SE CREA O FONDO DE MILLORA.

BORRADOR DO DECRETO POLO QUE SE REGULARAN OS CONTRATOS TEMPORAIS DE XESTIÓN PUBLICA E SE CREA O FONDO DE MILLORA.

A Consellaría do medio rural presentou a consulta pública o decreto polo que se regularan os contratos temporais de xestión pública e crease un Fondo de Millora. Con esta nova figura quérese sustitúir os consorcios e ou os convenios. A pesar das mobilizacións das comunidades de montes que foron quén de se condonasen moitas das falsas e inxustas débedas de estas figuras, aínda queda unha parte de estas falsas e inxustas débedas que a Consellaría do medio rural quere cobrar. E esta parte do pastel e o que a Consellaría do medio rural quer regalar as empresas forestais e as empresas de servizos forestais.

Estes contratos temporais de xestión pública bebe da mesma filosofía dos convenios e ou consorcios. Quen decide todo o que facer no monte veciñal e a administración pública. Dende as obras a facer  ate os servizos técnicos precisos, pasando polos planos de ordenación e os aproveitamentos a levar adiante. Iso sí,todas estas cuestións que a comunidade de montes non decide ,ten que pagalas. É decir ,apropianse da xestión da veciñanza comuneira .

Mais esta  apropiación non queda ahí. Tamén se apropian dos cartos das comunidades de montes. Este decreto obriga as comunidades de montes a ingresar ,cando os reciban, o 40% de todos dos seus ingresos ,incluidos os provintes de algueres,subvencións e expropiacións. Ainda que os traballos que se fagan no monte veciñal non cubran estes ingresos. O chamado Fondo de Melloras ,non e un remanente para por en valor os montes veciñais de xeito multifuncional e sustentabel. E unha Banca privada para asegurar o negocio das empresas forestais e as empresas de servizos forestais. Quedando as comunidades de montes como simples depositarios nese fondo de melloras.

Ante este novo ataque contra os montes veciñais ,a ORGACCMM, presentou  as seguintes

ACHEGAS AO DECRETO POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO QUE REXERÁ OS CONTRATOS DE XESTIÓN PÚBLICA DOS MONTES E OS FONDOS DE MILLORA .

Primeira ; Ao artigo 2-Concepto de contrato de xestión pública.

Nova redacción:

O contrato temporal de xestión pública é un acordo subscrito  entre a persoas titular do monte ou no seu caso a persoa titular do dereito do aproveitamento do monte ,se ten a autorización do primeiro e a administración.segundo a cal esta comprometese tanto a prestación dun servizo técnico  como a realizar un investimento anticipado en obras e servizos e a persoa titular do monte ou no seu caso o persoa titular do dereito do aproveitamento do monte , pon a disposición da administración  para a súa xestión sustentabel .Ambolas duas partes compromentense a cumprir as obrigas que se estipulen no contrato.

Nota:Esta achega aplicarase a todo ao articulado cando se trate das mesmas cuestións.

Explicación:

                 Persoa titular do monte e persoa titular do dereito de aproveitamento do monte ,non sempre son as mesma .Xa que logo ,e necesario que aparezan ambas no texto do decreto .Por outra banda ,os contratos sempre comprometen as partes que o asinan ,non a algunha das partes que o asinan.

Segunda:Ao artigo 3- Contrato temporal de xestión pública e proxecto de ordenación forestal .

Sustituir o texto do  punto 3 polo texto: “ No  caso de que o monte dispoña de un instrumento de xestión ,este será o instrumento polo que se rexirá o contrato de xestión pública .De non existir este instrumento,procederase a súa redacción,nos termos que marca a lexislación para esta cuestión”.

Explicación:

Os contidos do instrumentos de xestión forestal son acordados polos seus titulares e aprobados pola Dirección xeral de ordenación e planificación forestal .Non seria lóxico que unha xefatura territorial impusexe o seu criterio .E ademais , seria antidemocrático porque esta xefatura territorial imporia o seu criterio por riba do acordado polos titulares dos montes .

Terceira: Ao artigo 5-Esixencias de maiorías para a sinatura do contrato temporal de xestión pública .

No texto de este artigo deben aparecer especificamente as comunidades de montes veciñais en man común,separadas das comunidades de persoas propietarias.

Explicación.

Ou e que os redactores/as de este decreto ,anticipándose  a futura lei de montes veciñais  na que a Consellaría do medio rural pretende eliminar os montes veciñais en man común,xa dan esta cuestión por feita .Será por isto que no canto de falar de comunidades de montes falar de “comunidades de persoas propietarias

 

Cuarta: Ao artigo 6-Elementos do contrato temporal de xestión pública na actuación  da administración.

Engadir un segundo parráfago co seguinte texto: “ Todas as obras ,servizos e outras cuestións referentes os montes con contratos temporais de xestión pública serán xestionados mediante a creación de unha mesa paritaria conformadas polos titulares dos montes e a administración “.

Explicación:

O tempo desmostrou que a xestión dos convenios e ou dos consorcios ,onde o xestor era a administración forestal e non se tiña en conta a opinión dos titulares dos montes ,foi un fracaso .Boa proba de este fracaso e as débedas que acarrexan estes montes .Agora voltase a repetir o mesmo esquema ,non contar cos titulares dos montes para a súa coxestión.

 

Quinta: Ao artigo 9-Persoas asinantes do contrato temporal de xestión pública.

Eliminar no punto c  do apartado 1 todo o que vai dende “ou persoas xestoras …….ate de xestión cautelar”

Explicación:

Neste artigo dáse unha tremenda contradición xa que o punto 4 de este mesmo artigo di que nos casos de xestión cautelar non se esixirá  sinatura dun contrato de xestión pública .

Sexta:  Ao artigo 14-Documentación complementaria.

No punto 1-b,sustituir a palabra “comunidade de propietarios”,por “comunidades de montes”.

Explicación:

         Falando de montes veciñais e lóxico será falar das comunidades de montes que son as titulares dos mesmos .A non ser que se poña en practica aquela máxima de unha ideoloxía non democrática que di que se queres facer desaparecer algo ,escomenza por non nomealo polo seu nome .Esto fica claro no mesmo punto di que somentes se refire os montes veciñais .

Sétima  : Ao artigo 18-A xestión pola administración forestal  e os proxectos de ordenación .

Eliminar o punto 3 e punto 6

Explicación:

Se un titular dun monte ou ,non seu caso ,o titular do aproveitamento do monte asume asinar un contrato de xestión pública ,non ten sentido que se negue a cumprir o estipulado no contrato .En todo caso este incumplimento daría pe a anulación  do contrato de xestión pública .

Octava :Ao artigo 20-Aproveitamentos forestais .

Eliminar no punto 1 os termos  almacenamento de carbono e outros servizos ecosistémicos .

Explicación:

Os contratos de xestión pública debería limitarse os aproveitamentos forestais .Ou e que a administración forestal pensa  que non e capaz de asegurar unha xestión do monte somentes cos aproveitamentos forestais e quer asegurar o negocio?.

Engadir ao final do punto 3 a frase “ Agás nos montes veciñais en man común” .

Explicación:

Non se pode sacar a capacidade de decisión os titulares das terras.

Novena : Ao artigo 21-Alleamentos dos aproveitamentos do monte .

No mesmo punto ,sustituir o texto do  parráfago segundo  polo seguinte texto: “Os alleamentos dos aproveitamentos madeireiros levaranse adiante por calqueira das formulas legalmente permitidas,previo acordo dos titulares dos montes ou no seu caso os titulares do aproveitamento e a xefatura territorial de consellaría  na mesa de xestión paritaria

Explicación:

Non se pode limitar os alleamentos madeireiros  nunha soa formula das legalmente permitidas .Debe ser a mais beneficiosa para os titulares dos montes .Este artigo despide un  cheiro ao pasado  xa que prantexa que o alleamento da madeira so poderá facerse a través da consellaría mediante subhasta ,tal e como se facía nos montes convenidados e ou consorciados,

Eliminación do punto 5

Explicación:

En consonancia coa achega anterior .

Décima.Ao artigo 22-Procedemento para a substitución dun consorcio ou convenio polo novo contrato temporal de xestión pública .

Sustituir o texto do punto 3 polo seguinte texto; “ Aqueles consorcios e ou convenios existentes no momento de entrada en vigor do presente decreto ,serán cancelados coa condenación das débedas consonante  co disposto na

Disposición Adicional Primeira da lei básica  43/2003,de 21 de Novembro ,de montes .

Explicación

Este disposición  di que as débedas dos montes con consorcio ou convenio ,poderán ser condonadas ,se hai compromiso dos titulares dos montes a xestiónalos mediante un plano de ordenación .E xa que logo unha reparación  xa que ,supondo que as famosas débedas sexan certas ,o responsable da mesma e a administración xa que foi o xestor do monte.

Undécima : Ao artigo 29-Obrigas da Administración.

Engadir un punto h-Participación ,na mesa de xestión paritaria .

Duodécima :Ao artigo 30-Dereitos da administración

No punto a eliminar o que sigue despois de “aproveitamentos do monte”

Explicación:

Os contratos de xestión pública deberían limitarse somentes aos aproveitamentos dos montes propiamente ditos .

Eliminar o punto e

Engadir un punto h-Participación na mesa de xestión paritaria

Décimo primeira : Ao artigo 31-Obrigas das persoas titulares dos dereitos de aproveitamentos asinantes do contrato temporal de xestión pública .

 

Sustituir o texto do punto e polo seguinte texto: “Rematado o contrato temporal de xestión pública os titulares dos monte ou no seu caso os titulares do dereito do aproveitamento , xestionan os seus montes segundo  o plano de ordenación “.

Explicación:

Non se pode mermar a capacidade de decisión dos titulares dos montes .

 

Eliminar o punto k

Explicación:

Non se pode ser tan intervencionista .

Eliminar o punto m

Explicación:

E de un intervencionista  feroz impedir que os titulares dos montes non poidan decidir ,nin siquera nas superficies dos seus montes que non están suxeitos ao contrato de xestión pública .

Engadir un punto  p-Participación na mesa paritaria de xestión

Decimo segunda :Ao artigo 32-Dereitos das persoas titulares dos montes ou no seu caso os titulares dos aproveitamentos do monte.

Engadir un punto h –Participación na mesa de xestión paritaria

Décimo terceira :Ao artigo 44-Sección de montes que presentan un contrato temporal de xestión pública .

Sustituir o texto do punto 1 polo seguinte texto :Os titulares dos montes e no seu caso os titulares do dereito o seu aproveitamento , ingresaran  nesta sección un mínimo dun 30% dos ingresos  obtidos  por todos os aproveitamento forestais  dos montes .Este ingreso farase  nos seis primeiros meses da sinatura do contrato temporal de xestión pública e non se voltará a facer ate que os gastos das obras  e servizos que se leven adiante ,non superen esta cantidade .

Explicación.

Incluir tamén  os ingresos de actos de disposición e das expropiacións amosa que os redactores/as pensan mais en asegurar o negocio que na posta en valor dos montes .

Prantexar o ingreso continuo no fondo de melloras de todos os ingresos dos montes incluidos os de natureza extraordinaria , non e pensar no desenvolvemento do monte.E considerar o monte como unha banca o servizo da administración forestal .Maxime cando a xestión de estes contratos sonlevados unilateralmente pola esta,sen contar para nada cos titulares dos montes.

Suprimir o parráfago  primeiro do punto 2

Explicación

Que siñifica que os titulares dos montes teñan que ingresar un 10% mais do 30% de todos os ingresos? .E o pago de unha comisión de mantemento  por ter os ingresos no Fondo de melloras?.

Eliminar o punto 3.

Explicación

Por estar presentada xa na primeira achega  e porque e unha medida coercitiva a amenza con non dar licenza para ao alleamento da madeira .

Décimo cuarta:A Disposición segunda-Seguro de responsabilidade civil

Eliminala

Explicación:

Que a administración poida  contratar un seguro de responsabilidade civil sen ter en conta a decisión das titulares dos montes e logo cargar o custe nos ingresos do monte ,non ten nome .