Mobilización do 22 de novembro
As débedas (supostas e falsas) que teñen as comunidades de montes consorciadas ou conveniadas, ademais de ter erros contables (sempre en contra das comunidades de montes), son inxustas xa que parten de un roubo. Arrincan de cando o réxime franquista usurpoulle os montes veciñais a veciñanza comuneira, para entregarllos a
diversas administracións públicas .
Este, e outros moitos máis, son os motivos que enervaron á veciñanza comuneira e levaron á ORGCCMM a responder convocando a manifestación do día 22 de novembro solicitando á Consellaría de Medio Rural e do Mar a que nos orzamentos Xerais da Xunta de Galiza para o ano 2015 se dote dunha partida orzamentaria para a condonación das débedas dos montes conveniados e/ou consorciados.
Pola anulación das falsas débedas coa administración nos montes conveniados e/ou consorciados.
Podes descargar aquí os materiais:
Cartaz en baixa resolución, tamaño DIN4
NON AO ROUBO DO MONTE VECIÑAL
,
Calendario de asembleas
Como ferramenta divulgadora e explicativa da situación actual dos montes, e diante da necesidade de artellar a mobilización do día 22 de novembro en Compostela, realizaranse diversas asembleas ao longo de todo o país. Ademais das incluídas no documento tamén están previstas o día 29 de outubro en Pontevedra para mancomunidades e comunidades da comarca e o día 28 en Vigo.

Non ao roubo do monte veciñal
Queren privatizar os montes veciñais para proceder a súa forestación salvaxe con especies de crecemento rápido e cultivos enerxéticos
Artigo de Xosé Alfredo Pereira, Presidente da ORGCCMM
Na defensa do monte veciñal conveniado e/ou consorciado
Diante da ameaza que pendura sobre os montes conveniados e/ou consorciados, a ORGCCMM vai poñer en marcha diferentes iniciativas:
Campaña divulgativa da problemática.
Xuntanzas coas organizacións políticas parlamentarias.
Edicións de materiais de difusión.
Elaboración dunha moción para ser presentada nos concellos. Este é o borrador para baixar.
Convocatoria dunha manifestación en Santiago o día 22 de novembro.
Pola anulación das falsas débedas coa administración nos montes conveniados e/ou consorciados.
Programa de desenvolvemento rural (2014-2020): Antidemocrático e contra o monte veciñal
A Consellaría do Medio Rural e do Mar, presentou o pasado dia 22 de Xullo, o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR 2014/2020), diante de Unión Europea, para a súa avaliación e posterior aprobación.
Artigo de Xosé Alfredo Pereira, Presidente da ORGCCMM
Incendios forestais: Avanzando un paso máis cara un novo desastre
Ceibes no monte
O IES Terra de Turonio levou a cabo un proxecto sobre o cabalo galego, que remata coa publicación do libro CEIBES NO MONTE. A edición consta dun libro
de 100 páxinas, un conto e un DVD, todo nun mesmo lote. Neste momento está no forno e chegará á rúa en xuño.O proxecto está apoiado na súa edición pola Mancomunidade de Montes do Val Miñor a traveso da adquisición de exemplares para as Comunidades de montes.Contacto:ies.terraturonio.gondomar@edu.xunta.es
Nova Xunta Reitora da ORGCCMM
Finalizado o V Congreso de comunidades de montes deu comezo a Asemblea extraordinaria da ORGCCMM para a renovación da Xunta Reitora. Momento emotivo que deu comezo coa despedida da secretaria en funcións Rosa e seguidamente a

comisión electoral composta por representantes das CCMM de Santa Cristina de Sabarís e de Peitieiros leron a composición da proposta da Xunta que subiu ao estrado sendo aprobada por unanimidade. Catro anos por diante con moitso traballos e moitso retos na defensa do monte veciñal e da propiedade comunitaria.
BALADI-Federaçao Nacional dos Baldíos
Durante o II Encontro europeo de montes veciñais-desenvolvemento
rural e o V Congreso de Comunidades de Montes contamos coa presenza de Armando Carvalho, en representación de BALADI-Federaçao Nacional dos Baldíos, a federación que agrupa aos montes veciñais de Portugal, (http://www.baladi.pt/sitio/). Armando deixounos unhas preocupantes palabras pola ameaza sobre os valdíos portugueses a traveso dos cambios normativos. Mais a tod@s pareceunos importante a súa presenza e fermosas as sáus palabras polo recoñecemento que ten a propiedade comunitaria en Portugal. Grazas ao movemento 25 de avril de 1974, a revolta dos cravos, esta propiedade consta na propia constitución da República portuguesa. Este foi un éxito conseguido pola sociedade do país veciño e motivo de que perviviran ata o momento. O futuro, ao igual que na Galiza, é incerto, mais só a unión da veciñanza comuneira, máis alá das fronteiras dos estados fromais, pode levar á defensa dun xeito e un uso do territorio peculiar na antiga Gallaecia romana.





