Europa devolve o Programa de Desenvolvemento Rural (2014/2020) á Xunta

A Comisión Europeia de Agricultura ven de devolver o Programa de Desenvolvemento Rural (2014/2020), presentado pola Consellaria do Medio Rural e do Mar. Os argumentos esgrimidos para esta devolución, son relativos ao xeito de elaboralo e ao contido do Programa.

Proceso de elaboración. A Consellaria do Medio Rural e do Mar, elaborou o Pograma de Desenvolvemento Rural 2014/2020, documento, sen:

–Informar dos criterios polos que se seleccionaron os membro do chamado Comité de Socios . – Contemplar a divulgación oportuna, nin o acceso a información relevante, nin o tempo para que os socios puideran analizar e comentar os documentos preparatorios, nin as canles dispoñibles para facer preguntas, nin, cales das observacións se tiveron en conta.

–Acompañar a listaxe dos axentes territoriais e sectorIais que participaron na elaboración do Programa .

–Incluír a listaxe de actividades futuras nas que deban participar os interlocutores sectorIais para que, trás aprobar o Programa, mellorar a súa execución.

Contido do Programa. A Comisión Europea de Agricultura devolveu o Programa de Desenvolvemento Rural 2014/2020, porque a Consellaría do Medio Rural e do Mar, elaborouno :

–Priorizando as diversas Administracións Públicas nas axudas de todas as medidas (agrogandeiras, servizos básicos as populacións, monte )

–Contemplando so criterios económicos para as concesións das axudas.

-Non dando respostas para as concentracións das terras, cando existe o Banco de Terras e existían as Unidades de Xestión Forestal .

–Considerando as plantacións de eucalipto como de grande valor natural e as especies de crecemento rápido como cultivos enerxéticos.

–Chamando restauracións dos hábitats a forestacións encubertas

Ademais de que, ao respecto da Consellaría do Medio Rural do goberno bipartito, o orzamento do Programa de Desenvolvemento Rural, redúcese en 302 millóns de euros, a xestión antidemocrática e impresentable da actual Consellaría, vai significar, na práctica, que ate ben entrado o ano 2016 non se porá en marcha o Programa de Desenvolvemento Rural 2014/2020, coas consecuencias negativas para o rural galego.

A Alianza Rural para un medio rural galego vivo (Adega, CIG,FRUGA e ORGCCMM), entende que esta situación debe ser coñecida pola sociedade galega e debatida nas asembleas xerais dos distintos Grupos de Desenvolvemento Rural existentes na nosa nación. Mais, como tamén entendemos que a cuestión é un tema de país, estamos a manter xuntanzas cos grupos políticos do parlamento galego para transladarlles esta preocupación e que esixan responsabilidades na cámara.

Reforma da Lei de montes do Estado

O Consello de Ministros aprobou a reforma da Lei de montes que busca simplificar a xestión forestal. A lei regula figuras novas e outras novidades: os terreos queimados poderán cambiar de uso de forma excepcional para evitar que os incendios intencionados impidan actuacións de interese xeral.

A reforma, unha vez máis, non contempla os montes veciñais ademais de incluir modificacións que empeoran a nosa situación.

É por iso que compre revisar o articulao para poder presentar alegacións. A Xunta reitora da ORGACCMM fará unha xoirnada para a revisión da mesa e preparción de alegacións.

Para poder consultar a documentación, fixemos unha recompilación coas leis 2003, 2006 e modificación 2015, que podes descargar aquí.

En apoio á manifestación en defensa do galego

asfillasQueremos Galego prevé unha manifestación masiva a favor do galego o 8 de febreiro.

A ORGACCMM decidiu o apoio á manifestación baixo o lema O MONTE COA LINGUA GALEGA. A lingua, igual que os montes veciñais, forman parte do noso patrimonio. Igual que os petróglifos que están no monte, igual que os carballos, castiñeiros, freixos, que as abrótegas, o dentabrú, os mentrastes, o rabisaco, a raposa, o furaño, o buxato, a saramela, e todo ser vivinte que habita os montes.

O medio ambiente que nos rodea configurou o xeito de comprender o mundo, de falar e de nomealo. Por iso a veciñanza comuneira debemos defender o noso porque é o futuro.

O 8 de febreiro a Compostela, en defensa do idioma.

Non o roubo do monte veciñal

«Abreuse a veda para o roubo do monte veciñal A campaña durará ate o final desta lexislatura política»

 

Artigo de Xosé Alfredo Pereira. aquí

 

Máis novas no face:

https://www.facebook.com/orgccmm.organizaciongalegademontes

 

O medio ambiente como moeda de cambio

O medio ambiente (persoas, territorio e vida), non pode ser un cromo intercambiábel, nin unha moeda de cambio. Non pode ser considerado como un departamento, un estanco. As diversas actividades que se leven a cabo nun lugar concreto, deben levarse, tomando as medidas necesarias para a defensa e a protección do medio ambiente.
Artigo se Xosé Alfredo Pereira, aquí

Difusión da manifestación do 22 de novembro

As débedas (supostas e falsas) que teñen as comunidades de montes consorciadas ou conveniadas, ademais de ter erros contables (sempre en contra das comunidades de montes), son inxustas xa que parten de un roubo. Arrincan de cando o réxime franquista usurpoulle os montes veciñais a veciñanza comuneira, para entregarllos a diversas administracións públicas .

corunha.info

Campaña da FRUGA en apoio da manifestación 22N

Campaña de apoio á manifestación do 22 de novembro en Compostela.

Manifestación nacional o sábado, 22 de novembro, em Compostela
Compostela, 13 de novembro de 2014.- Os montes veciñais en mao común ocupan 1/3 do territorio da Galiza (650.000 has). Están xestionados democraticamente por unhas 3.000 comunidades, que reunen aproximadamente uns 250.000 veciños e veciñas comuneiros/as. O monte veciñal é unha seña de identidade propia de Galiza, somente hai esta figura en Galiza e no norte de Portugal.
Na etapa franquista o monte veciñal foille roubado aos seus legitimos propietarios, os veciños e veciñas comuneiros, para ser entregado a diversasadministracións públicas. Xa nos posfranquismo procedeuse á devolución, nalgúns casos incompleta, aparecendo a figura dos consorcios e dos convenios.
Os consorcios e os convenios é un acordo entre quen ten a lexitima propiedade do monte e a administración forestal, correspondendolle a esta a xestión do mesmo. A adminstración forestal nunca presentou as contas claras e cando se ve oblida a presentalas resulta que as e os comuneiros sempre resultan debedores da administración.
A nova lei de montes de Galiza (lei 7/2012), na súa disposición transitoria novena, dí que se no mes de agosto de 2016 as comunidades que teñan os seus montes con convenios ou consorcios non pagan o saldo deudor estarán obrigadas a asinar un contrato con unha empresa forestal privada. Nesto consiste o roubo legal que prepara a Xunta de Galiza do PP.
A lei de montes do estado Español (lei 43/2003) permite a condonación das débedas dos montes coveniados ou consorciados, sempre que o titular da terra se comprometa a xestionala mediante un instrumento de xestión. Non hai ningunha razón legal, xurídica e técnica que impida condonar as débedas do monte veciñal conveniado ou consorciado.
Demandamos da Conselleria do Medio Rural e do Mar:
Condonación das falsas débedas dos montes veciñais con convenios ou consorcios.
Plan orzamentario para a posta en valor dos nosos montes. Por un monte multifuncional.
Proceder de imediato aos deslindes de todos os montes veciñais por conta da administración.
Reinvestimento diferenciado, atendendo ás condicións sociais, demográficas e economicas.
Fiscalidade propia para os montes veciñais, non ao Imposto de Sociedade. Por unha fiscalidade galega.

Web FRUGAmanifruga1