VIII CONGRESO GALEGO DE COMUNIDADES DE MONTES

Os días 23 e 24 de maio do 2026 terá lugar, na Casa de Cultura do concello de Allariz (Ourense), o VIII Congreso Galego de comunidades de montes, organizado pola Organización Galega de comunidades de montes, baixo o lema “Montes veciñais: pasado, presente e futuro vivos”.

O VIII Congreso Galego de comunidades de montes, no que se debaterán dous relatorios intitulados respectivamente “Recoñecer a titularidade veciñal como unha máis, distinta e en pé de igualdade das titularidades públicas e privadas” e “Considerar como aproveitamentos dos montes veciñais todos os que neles se dan” é un Congreso aberto a todas as comunidades de montes de Galiza.

As comunidades de montes que queiran participar no VIII Congreso Galego de comunidades de montes teñen que comunicalo antes do día 14 de maio de 2026 aos correos electrónicos evamvcoiro@gmail.com ou xapegonda@gmail.com, ou ao enderezo postal Centro Veciñal de Valadares, camiño do Pedregoso n.º 6,-36314-Vigo. Na comunicación indicarán o nome da comunidade de montes, o concello ao que pertencen e o número de veciños/as comuneiros/as asistentes.

Os días 23 e 24 de maio celebraranse dous xantares de irmandade. O prezo do xantar é de 25´00 euros por persoa. As comunidades de montes que queiran participar nos mesmos teñen que facer o pagamento antes do día 19 de maio de 2026 na conta da ORGACCMM (ES 2880 5072 64 304000 6296 de Abanca). No pagamento indicarase o nome da comunidade de montes, o número de persoas e os días nos que asistirán ao xantar de irmandade.

A comisión organizadora do VIII Congreso Galego de comunidades de montes facilita tamén a pernoctación a noite do 23 de maio. O prezo das habitacións simples é de 30,00 euros e o das dobres 60,00 euros. As comunidades de montes que queiran pernoctar deben facer o pagamento na conta anterior e tamén antes do día 19 de maio de 2026. No pagamento deben especificar se as habitacións son simples ou dobres .

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *