Vertidos realizados por terceiros sen autorización da comunidade
- Cando se detecte unha vertedura no monte veciñal debe poñerse en coñecemento da Consellería de Medio Rural e da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda.
- Presentar ante ditas consellerias por escrito ou sede electrónica a denuncia polas verteduras.
- Se a información das verteduras ven dos axentes ambientais, débese presentar achegas acreditando que a comunidade de montes non foi a autora da vertedura.
- Se a administración autonómica incoa expediente sancionador a comunidade debe personarse no procedemento para esixir a retirada dos residuos con cargo a infractora.
- Se as verteduras se suceden con frecuencia é aconsellable a colocación de carteis indicativos a prohibición de calquera vertedura no monte veciñal.
Vertidos realizados coa autorización da comunidade de montes
- Solicitar sempre a autorización da Consellería de Medio Rural e da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda.
- Débese asinar un convenio coa empresa responsabel das verteduras no que figure:
- a persoa física ou xurídica responsable da vertedura
- a duración das verteduras
- o prazo máximo para retirar a vertedura
- a obriga de repoñer o terreo ao seu estado orixinal
- a exención de responsabilidade para a comunidade de montes