Trece entidades que desenvolven as súas actividades no medio rural asinan un manifesto de compromiso por un medio rural vivo. Este documento foi enviado xa a todas as organizacións políticas que participan nas eleccións galegas.
Adega, Amigos da Terra, APDR, Apropiga, CIG, Comité en Defensa do Monte Galego, FEG, Fruga , ORGACCMM, Ovica, SLG, Sos Coello de Monte e Unitega fan fronte común en defensa dun rural con futuro.
O manifesto apela á modificación da Lei de Montes co fin de que se recoñeza a titularidade comunitaria; para dotar a administración pública galega dun órgano específico para atender as necesidades da propiedade comunal; para condonar falsas e inxustas débedas dos montes veciñais conveniados ou consorciados; para que o reinvestimento obrigado na mellora dos montes veciñais sexa segundo os planos de ordenación e atendendo ás características do monte e da veciñanza comuneira e para que a Administración competente en materia de montes asuma o compromiso de realizar os deslindes dos montes veciñais.
Artigo de opinión de Xosé Alfredo Pereira, Presidente da ORGACCMM