[DESCARGAR] Axudas para silvicultura produtiva
Bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2025 (código de procedemento MR605C).
Ámbito de aplicación
1. Esta orde será de aplicación aos montes ou terreos forestais, segundo a definición do artigo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, terreo), do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:
a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.
b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.
c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.
d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.
e) Das superficies que tivesen algún compromiso de mantemento e/ou conservación de ordes de axuda anteriores e as súas accións fosen obrigadas para o cumprimento dos ditos compromisos.
f) Dos terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.
g) Dos terreos que dentro da Rede Natura 2000 teñan hábitats prioritarios establecidos na Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.
h) Dos terreos que foron obxecto de concesión dunha axuda no marco da Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas, no marco do Plan de recuperación, transformación
e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR620C e MR620D).
i) Dos terreos que quedan encravados no perímetro dunha agrupación forestal de xestión conxunta inscritas no correspondente rexistro e que non forman parte dela.