- A Organización Galega de Comunidades de Montes comenzou a rolda de reunións con representantes del gobierno estatal para paralizar a incautación dos terreos litorais das comunidades de montes.
A Organización Galega de Comunidades de Montes está moi preocupada polas comunicacións do catastro recibidas que anunciaban que as terras de monte veciñal incluidas na demarcación marítimo-terrestre pasaban a ser de titularidade da Administración do Estado. Mediante estas comunicacións o Ministerio de Economia e Facenda, as xerencias territoriais dos catastros, estaba procedendo a unha confiscación dos montes veciñais en mán común amparándose nunha lexislación que non recoñece a realidade de Galiza.
Ante esta situación a ORGACCMM representada polo seu presidente, Xosé Alfredo Pereira, e a súa coordinadora, Violeta de Santiago, xunto con representantes das Comunidades de Montes de San Miguel, Tabagón do Rosal, e de Salcidos da Guarda, tiveron unha reunión coa Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba e técnicos de Costas e Catastro.
Foi unha primeira toma de contacto que a Organización Galega de Comunidades de Montes valora positivamente. «Ademais de poñer enriba da mesa as cuestións que nos preocupan, comprobamos con agrado a boa disposición e receptividade tanto da Subdelegada como dos técnicos asistentes e quedamos emprazados a seguir traballando para acadar solucións» resume Violeta de Santiago, coordinadora da Organización galega de comunidades de montes.