O sábado 21 de febreiro de 2026 no centro veciñal de Vincios (Rúa do Piñeiro, no concello de Gondomar) terá luga, ás 10h, a asemblea xeral anual da ORGACCMM.
Nesta asemblea xeral, entre outros temas, tratarase da tremenda vaga de lumes padecida no verán pasado, do borrador da nova lei de montes veciñais que está elaborando a Consellería do Medio Rural, mediante a cal pretende roubarlle os montes veciñais a veciñanza comuneira, e da ilegalidade que están comentendo moitos concellos galegos ao estar a pasar as comunidades de montes o pago do Imposto de Bens Inmobeis (IBI), cando estas, por lei, están exentas do pago de este imposto.
Nesta asemblea xeral tamén se informará da celebración do VIII Congreso Galego de Comunidades de Montes, que terá lugar os dias 23 e 24 de maio deste ano, no concello de Allariz, baixo o lema “Montes veciñais: pasado, presente e futuro, vivos”.
A asemblea xeral da ORGACCMM tten carácter de asemblea aberta, xa que poden asistir á mesma todas as comunidades de montes que queiran, aínda que non sexan socias da organización. Aquelas comunidades de montes que dexesen asistir só teñenque comunicar a súa intención de asistir ao correo electrónico xapegonda@gmail.com, antes do dia 18 de febreiro de 2026.


