A ORGACCMM denuncia que a Medio Rural non lle preocupa moito acabar cos lumes no territorio

A Organización Galega de Comunidade de Montes (ORGACCMM) denuncia que á Consellería de Medio Rural semella que non lle preocupa moito acabar cos lumes no territorio.

A Organización Galega de Comunidade de Montes sinala que logo da traxedia social, económica, medioambiental e cultural que siñificaron para o territorio, e para as persoas que nel habitan, a vaga de lumes que tivo lugar este verán na que, segundo algúns datos, queimaronse  más de 200.000 hectáreas do territorio, á Consellería do Medio Rural semella que non lle preocupa moito rematar cos lumes do territorio. “Da a impresión que consideran que estes lumes son algo así como unha plaga bíblica que asolarán inevitablemente o territorio galego ano tras ano”, denuncia o presidente da ORGACCMM.

Para a organización galega de montes veciñais só desde esta perspectiva fatalista pódese entender que hai uns dias, a conselleira do Medio Rural anunciase que as medidas que vai tomar para combater os lumes do territorio o ano que ven van ser incrementar o orzamento para a prevención dos lumes (mais non indica en que vai a consistir esta prevención) e incrementar o tempo de traballo do persoal do servizo de loita contra os lumes. Medidas acaídas, pero claramente insuficentes para a ORGACCMM: “Se ante un problema concreto, se aplican unhas medidas que se amosan ineficaces por si soas, e ano tras ano se insiste nas mesmas medidas, fica claro que o problema convirtirase en perpetuo”.

Dende a Organización Galega de Comunidades de Montes afirman que semella que a Consellería do Medio Rural non ten moita preocupación por rematar cos lumes do territorio. E afirman isto porque nas medidas anunciadas, hai uns dias pola conselleira do Medio Rural, para combater os lumes para o vindeiro ano, nada fala de tomar medidas para ir eliminando as causas estruturais que provocan os lumes do territorio. Causas estruturais como son a forestación salvaxe do terrritorio, o bicultivo forestal con especies pirófitas, a non rotura da continuidade das masas boscosas e o abandono e despoboación do rural galego.

Denuncian que o que fai a Consellería do Medio Rural é totalmente o contrario ao que necesita o rural galego. Así aprobará unha nova moratoria para as plantacións de  eucalipto que vai significar un novo incremento do territorio galego adicado a esta especie forestal. Ademais a Consellería pretente elaborar unha nova lei de montes veciñais para poder privatizar a xestión do monte veciñal. “A xestión asemblearia veciñal non é o problema, de feito os montes veciñais menos multifuncionais e sustentabeis son aqueles que estan xestionados pola propia Consellería do Medio Rural mediante convenios ou consorcios”, recalcan desde la Organización Galega de Comunidades de Montes.

Desde a ORGACCMM lembran que o que aconteceu este ano coa liña de axudas para a prevención e loita contra os lumes non pode volver repetirse. Este ano, estas axudas non foron aprobadasa tempo e os traballos de prevención que se tiñan que facer nos montes veciñais, quedaron sen realizar. Hai varios meses  a Consellería anunciou que se incrementaba o orzamento para estas axudas para este ano en curso, pero agora resulta que pasará esta axuda ao orzamento para o vindeiro ano. Por tanto, pérdese un ano enteiro nos traballos de prevención dos lumes e os montes veciñais quedarán máis expostos aos lumes forestais o ano que ven por mor da mala xestión da Consellería do Medio Rural.                                                           

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *