A lei de recuperación da terra, outra coitelada ao monte veciñal 

 

A Organización galega de Comunidade de Montes denuncia que o Partido Popular de Galicia está realizando ás agochadas unha modificación de calado da lei de montes para desprotexer ás comunuidades de montes veciñais e entregar o monte comunal ás empresas madereiras.

A ORGACCMM sinala que as intencións do Partido Popular contra as Comunidades de Montes quedan claras cando unha lei non específica de montes veciñais promulga na súa derradeira disposición 34 modificacións á vixente lei de montes de Galiza e todas elas referidas os montes veciñais. 

O procedemento correcto para unha lei específica que precisa de tal número de modificacións sería iniciar un proceso de modificación da lei ou mesmo elaborar un borrador para unha nova lei. Pero, denuncian, o Partido Popular pretende mudar entre bastidores a lei que protexe os dereitos das Comunidades de Montes para achanzar o camiño para que os montes veciñais en mán común formen parte dos polígonos agroforestais que define a LEI 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

As empresas madereiras buscan a máxima rentabilidade dos polígonos agroforestais incrementando a súa extensión e para facilitarlles isto a Lei de recuperación da terra agraria abre a porta a expropiar a xestión dos monte comunais e entregarlla a estas empresas.

O Partido Popular, coñecedor da resistencia da veciñanza comuneira a perder a xestión dos seus montes, habilitou, mediante esta lei, a Consellaria do medio rural para que declare en estado de abandono ou de grave abandono os montes comunais polo mero feito de incumplir as comunidades de montes en cuestións meramente burocráticas como non enviar a tempo a listado actualizado da veciñanza comuneira ou non nomear en prazo unha xunta reitora. Deste xeito a Consellería pode decretar a usurpación da xestións das súas terras a veciñanza comuneira e entregarlla ás empresas madereiras por un periodo de 50 anos.

A ORGACCM denuncia que para o goberno galego todo vale para acometer a usurpación do monte veciñal. Onte foi a lei de simplificación administrativa, logo o novo Plan Forestal e hoxe a Lei da recuperación da terra agraria. Queda meridianamente claro que o conselleiro de Medio Rural e a Xunta de Galicia están totalmente entregada ao ditame do interese puramente económico das grandes empresas madereiras.

Xornada de montes veciñais en Noalla

ESTAN DESNATURALIZANDO AOS MONTES VECIÑAIS  AS RESOLUCIONS DOS XURADOS DE CLASIFICACIÓN E AS SENTENZAS XUDICIAIS ?

  • SÁBADO 22 DE MAIO DE 2021
  • CASA DA COMUNIDADE DE MONTES DE NOALLA (SANXENXO)

PROGRAMA DA XORNADA

18`00 h

Apertura da xornada a cargo da comunidade de montes de Noalla.

18´15 h

Relatores:

  • Calixto Escariz Vaquez (Avogado experto en lexislación forestal)
  • Xose Carlos Morgade Martínez (Representante das comunidades de montes veciñais no xurado provincial da clasificación de montes veciñais da provincia de Pontevedra)

19´30 h

Coloquio

20´00 h

Peche da xornada-Pte da ORGACCMM.

O PLANO FORESTAL DE GALIZA E OS MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN .

  • Somentes cos votos favorabeis do Partido Popular ,ven de ser aprobada no Parlamento Galego a primeira revisión do plano forestal de Galiza que terá vigor ate o ano 2040. E ademais non tivo o consenso do Consello Forestal de Galiza.

En liñas xerais, esta primeira revisión do plano forestal de Galiza para o medio rural , para o monte e para o monte veciñal é negativa. Non ordena os usos do monte, deixa esta odenación nas  mans das empresas forestais e madeireiras e non pecha os ciclos productivos dos distintos aproveitamentos dos montes .

E decir ,impide o logro de un medio rural  e de un monte multifuncional  e sustentabel. E ademais, non prantexa alternativas ás causas estruturais que provocan os lumes  e mantén a privatización da loita contra os lumes na súa faceta de extinción.

A primeira revisión do plano forestal de Galiza é unha lexislación agresiva e hóstil ao respecto dos montes veciñais en mán común. Prantexa abertamente desnaturalizar a estas titularidades comunitarias para proceder a súa privatización. Marca como un indicador para o período 2021/2025, a modificación de lei de montes veciñais (lei 13/1989 e do seu regulamento Decreto 260/1992).

A primeira revisión do plano forestal de Galiza xa marca o camiño no que vai a consistir estas duas modificacions.

A primeira e a de reformular o concepto de veciño/a comuneiro/a dando entrada no mesmo a aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan algunha relación co monte veciñal.

A segunda e a de dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica. Evidentemente, a consellería do medio rural, non da pontada sen fío. Ataca as características que conforman os montes veciñais como unha titularidade de caracter xermánico para transformalas en titularidades de caracter romano e poder proceder a súa privatización.

A primeira revisión do plano forestal de Galiza mantén todas as lexislacións agresivas contra os montes veciñais (pago das falsas e inxustas débedas dos convenios, declarar os montes veciñais en mán común en estado de grave abandono por cuestións meramente burocráticas, manter as comunidades de montes como suxeitos pasivos no imposto sobre sociedades,…)

Dende a Organización Galega de comunidades de montes veciñais en mán común (ORGACCMM) entendemos que as comunidades de montes e a veciñanza comuneira debemos dar unha resposta contundente a esta nova lexislación agresiva contra os montes veciñais.

E debemos dala, sen demora. De xeito inmediato debemos levar esta nova lexislación as nosas asembleas xerais, manter e convocar asembleas informativas con comunidades de montes veciñas. E tamén manifestar publicamente o noxo rexeitamento ante esta nova agresión a veciñanza comuneira (para levar adiante estas accións, podedes contar co apoio da ORGACCMM) .

Somentes de este xeito, estaremos preparados para dar unha resposta mais contundente a esta nova agresión lexislativa cando a Consellería do Medio Rural publique o borrador para a modificación de lei de montes veciñais e o seu regulamento.

Pararemos este novo roubo dos montes veciñais a veciñanza comuneira.

X.A. Pereira |Presidente ORGACCMM

Denuncian que o Partido Popular presentou enmendas para boicotear a súa “moratoria do eucalipto”

  • A ORGACCMM e Ecoloxistas en Acción denuncian que o Partido Popular presentou enmendas á súa propia lei de “Recuperación de terras agrarias” para que a “Moratoria do eucalipto” anunciada polo Goberno galego e incluida nesta lei quede nun mero anuncio sen capacidade de revertir a situación.
  • Ambas organizacións sinalan que a Xunta de Galicia anuncio a “Moratoria do eucalipto” como unha medida eficaz para a plaga do eucalipto que asola os montes galegos. Semellaba que o Goberno galego por fin asumía o alcance do problema económico e ambiental da propagación do eucalipto e en consecuencia promovía medidas correctoras, pero, sinalan, o sesgo das enmendas do Partido Popular o seu propio borrador de lei deixan claro que os seus propósitos difieren do anunciado coa “Moratoria do eucalipto”.
Bancada do Partido Popular no Parlamento galego
Bancada do Partido Popular no Parlamento galego

Ecoloxistas en Acción e a Organización galega de comunidades de montes sinalan que de aprobarse as enmendas presentadas polo Partido Popular ao seu propio borrador da lei de “Recuperación de terras agrarias `poderanse seguir repoboando con eucalipto aqueles montes que no seu plan de ordenación contemplen este tipo de plantacións ou naqueles montes que no momento de entrar en vigor a moratoria estén tramitando o plan de ordenación. Denuncian que así o que fai a moratoria e garantirlles ás empresas a superfice de eucalipto que hoxe teñen. Sen importar se estas plantacións están en terras agrarias ou en zonas con protección ambiental.

«Estas enmendas converten a moratoria nun burdo engano, xa que permitirían que naqueles montes onde o eucalipto supere o 50% da masa forestal sexa plantada toda a supercie por esta especie invasora eliminando as restantes» alerta Catalina Coya voceira de Ecoloxistas en Acción- «Así esta moratoria do Partido Popular non vai reducir o número de hectáreas de eucalipto, senon que permitirá que aumente».

Denuncian, ademais, a trampa que sería permitir que naqueles montes onde a plantación dominante é o eucalipto se poda trasladar a outra superficie do mesmo monte a masa de eucalipto substituida por outra especie. Deste xeito se os titulares do monte queren prantar outras especies poden plantar a mesa superficie do eucaliptus eliminado en outra superficie do monte. Advirten que así a moratoria non elimina superficie de plantación de eucalipto, somentes os cambia de lugar.

«Cousa distinta sería se parello ao cumplimento da moratoria a Conselleria do medio rural realizara unha ordenación das plantacions de eucalipto que contemplara entre outras cousas a retiradas desta especie nas zonas agrícolas, agrarias ou de proteción ambiental» -declara Jose Pereira, presidente da Organización galega de comunidades de montes«Esta ordenación da plantación de eucalipto tería que entrar en vigor no mesmo momento no que rematase a moratoria e ademais debería, nas zonas susceptible de plantación de eucalipto, ir destinando superficie para producir madeira de calidade».

Solicitan a adecuación do catastro á realidade dos montes veciñais

  •  A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita á  Conselleria do Medio Rural e aos grupos  parlamentarios do Parlamento galego que se inicien os traballos para adecuar o catastro á realidade dos montes veciñais galegos.
  • Na súa solicitude a ORGACCMM  propón que se conside ao monte veciñal  como  unha soa parcela catastral. Que se teñan en conta os plans de ordenación, xa que son os instrumentos fundamentais para acadar un monte multifuncional e sustentabel.

Os montes veciñais en mán común actualmente figuran na cartografia  catastral divididos en un sin fín de recintos e parcelas como se fosen montes de propietarios particulares.  A ORGACCMM sinala que a titularidade dun monte veciñal correspondelle a unha soa comunidade de montes. Por iso, indican, carece de sentido que se traten catastralmente os montes veciñais como se fosen recintos ou parcelas de diversos propietarios.

Ademais denuncian desde a organización que a excesiva parcelación que padecen os montes veciñais en mán común débese a que a cartografía catrastral foi realizada en base a elementos non axustados a realidade dos montes veciñais. Definiron as distintas parcelas  en base a pistas forestais, camiños, carreiros, valados, resto de valados,…

Denuncian que esta inadecuada cartografía catrastral dificulta, cando non  impide, ás comunidades de montes o desenvolvemento das actividades propias. Así vese moitas veces comprometida a elaboración de planos de xestión e de ordenación, a soliciutude de subvención ou axudas , a constitución de dereitos de superficie, a formalización de contratos de permutas, licenzas para plantacions ou permisos de corta de madeira .

Sinalan que o maior despropósito sucede no caso dos permisos para a corta de madeira. Estas se realizan por cantóns definidos pola homoxenidade das masas fortais e a veces ouncantón pode chegar a ter ate dez referencias catastrais distintas.