Na defensa do monte veciñal conveniado e/ou consorciado

Diante da ameaza que pendura sobre os montes conveniados e/ou consorciados, a ORGCCMM vai poñer en marcha diferentes iniciativas:

Campaña divulgativa da problemática.

Xuntanzas coas organizacións políticas parlamentarias.

Edicións de materiais de difusión.

Elaboración dunha moción para ser presentada nos concellos. Este é o borrador para baixar.

Convocatoria dunha manifestación en Santiago o día 22 de novembro.

Pola anulación das falsas débedas coa administración nos montes conveniados e/ou consorciados.

Ceibes no monte

O IES Terra de Turonio levou a cabo un proxecto sobre o cabalo galego, que remata coa publicación do libro CEIBES NO MONTE. A edición consta dun libro


 de 100 páxinas, un conto e un DVD, todo nun mesmo lote. Neste momento está no forno e chegará á rúa en xuño.O proxecto está apoiado na súa edición pola Mancomunidade de Montes do Val Miñor a traveso da adquisición de exemplares para as Comunidades de montes.Contacto:ies.terraturonio.gondomar@edu.xunta.es

Nova Xunta Reitora da ORGCCMM

Finalizado o V Congreso de comunidades de montes deu comezo a Asemblea extraordinaria da ORGCCMM para a renovación da Xunta Reitora. Momento emotivo que deu comezo coa despedida da secretaria en funcións Rosa e seguidamente a

comisión electoral composta por representantes das CCMM de Santa Cristina de Sabarís e de Peitieiros leron a composición da proposta da Xunta que subiu ao estrado sendo aprobada por unanimidade.  Catro anos por diante con moitso traballos e moitso retos na defensa do monte veciñal e da propiedade comunitaria.

BALADI-Federaçao Nacional dos Baldíos

Durante o II Encontro europeo de  montes veciñais-desenvolvemento 

rural e o V Congreso de Comunidades de Montes contamos coa presenza de Armando Carvalho, en representación de BALADI-Federaçao Nacional dos Baldíos, a federación que agrupa aos montes veciñais de Portugal(http://www.baladi.pt/sitio/). Armando deixounos unhas preocupantes palabras pola ameaza sobre os valdíos portugueses a traveso dos cambios normativos. Mais a tod@s pareceunos importante a súa presenza e fermosas as sáus palabras polo recoñecemento que ten a propiedade comunitaria en Portugal. Grazas ao movemento 25 de avril de 1974, a revolta dos cravos, esta propiedade consta na propia constitución da República portuguesa. Este foi un éxito conseguido pola sociedade do país veciño e motivo de que perviviran ata o momento. O futuro, ao igual que na Galiza, é incerto, mais só a unión da veciñanza comuneira, máis alá das fronteiras dos estados fromais, pode levar á defensa dun xeito e un uso do territorio peculiar na antiga Gallaecia romana.

Imaxe dos baldíos portugueses

Lei dos baldíos portugueses

 

 

 

 

 

V Congreso de comunidades de montes

Ven de rematar o V Congreso de Comunidades de Montes cuns traballos moi produtivos.

Primeiro o II Encontro europeo de  montes veciñais-desenvolvemento rural, o venres 9 e maio pola tarde, bo número de participantes onde os convidados de Soria, Asturias e Portugal déronnos unha visión da súa situación, tamén as empresas que traballan no ámbito do monte coas comunidades.

 

 

 

Inauguración do V Congreso

Posta en marcha do congreso co saúdo do Presidente da Deputación de Lugo, a partir de aí puxéronse en marcha as mesas do congreso nunha intensa e longa xornada, e moi fructífera.

Destacable homenaxe á comunidade de montes de Salcedo (Pontevedra) pola súa defensa do monte veciñal. Aquí podedes ver a intervención de Cristina Bugarín  no despacho de abogados de Calixto Escariz.