● A Organización Galega de comunidades de monte (ORGACCMM) demandan que parte dos fondos europeios de recuperación económica sexan empregados para acadar un medio rural multifuncional e sustentabel.
● A organización galega solicitou á Consellería de Medio Rural e aos grupos parlamentarios que se financien proxectos que axuden ao desenvolvemento dunha economia local e social no rural para facilitar a fixación de poboación.
A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita que parte dos fondos europeos de reactivación económica se destinen a proxectos para acadar un medio rural multifuncional e sustentabel. A organización galega aporta sete propostas para o desenvolvemento no rural dunha economía local e social que facilite a fixación de poboación e a loita contra os incendios forestais.
- Dotar as mancomunidades e comunidades de montes de aserradeiros móviles: Esto suporia que as comunidades e mancomunidades poderian pór no mercado madeira semielaborada incrementando así o seu valor engadido. Istorepercutiría na mellora da calidade de vida da veciñanza comuneira e das populación que vivan na zona de influencia do monte.
- Dotar as mancomunidades e comunidades de montes de maquinaria e vehiculos para rematar o ciclo productivo de aproveitamentos non madeirabeis do monte (cogomelos, castaña, apicultura, gando, …): Esto facilitaria acadar un monte multifuncional e que se remataran na proximidade os ciclos productivos. Un desenvolvemento harmónico do rural conleva unha medida preventiva de loita contra os incendios forestais.
- Dotar as mancomunidades e comunidades de montes de vehiculos para a loita contra os lumes forestais: É ben certo que a prevención dos lumes forestais ten que ser en primeira acción, mais cando o lume prende no monte. Se a resposta dase desde a proximidade aumentará a eficacia na loita contra o lume.
- Dotar as comunidades de montes de material ofimatico e de oficina: No mundo tecnolóxico e telemático no que nos movemos estas ferramentas farian ás comunidades de montes mais eficaces nas xestión dos recursos é na realización das obrigas administrativas.
- Axudar ás comunidades de montes na construción de centros de interpetación da natureza e do patrimonio: Con estas edificacions non somentes estarase a defender a natureza e os bens patrimoniais, senón tamén axudando a sua divulgación. Un elemento mais no camiño de acadar un monte veciñal multifuncional e sustentabel.
- Axudar ás comunidades de montes e organizacións relacionadas co monte á elaboración de unidades didacticas sobre o monte veciñal e as comunidades veciñais: Aínda que a titularidade de máis dun cuarto do territorio galego pertence ás comunidades de Montes, isto non se trata non currículum escolar. As unidades didacticas cubririan en parte esta eiva.
- Dotar as mancomunidades de montes e as organizacións relacionadas co monte das infraestructuras necesarias para a creación de un economato comunitario: Partindo da base que a veciñanza comunitaria pode ser potencialmente cliente deste economato, estariase achegando aos mesmos todos productos agrogandeiros do medio rural. Os producto que puxera a venda este economato comunitario ,serian provintes das explotacions agrarias familiares e de produción natural ou ecolóxica.